❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

O Souto dos Prodixios (libro infantil ilustrado)

Producións Dispersas ven de estrear o seu último espectáculo infantil: O Souto dos Prodixios. Precisamos da vosa axuda para dar un paso máis no proxecto: Queremos publicar un libro ilustrado baseado no espectáculo!

0
seconds
133
Pledges
3.635€
From 3.600€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Ola amigos e amigas!

Producións Dispersas ven de estrear o seu último espectáculo infantil: O Souto dos Prodixios. Precisamos da vosa axuda para dar un paso máis no proxecto: Queremos publicar un libro ilustrado baseado no espectáculo!

Témolo case todo listo. O único que precisamos e que nos axudedes cos gastos da imprensión. Nos nosos espectáculos o público participa converténdose nun actor ou actriz máis do espectáculo! Queremos continuar con esta filosofía colaborativa para publicar o libro.

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño: O gardian do Souto dos Prodixios. Un lugar no que todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

Ven xogar con nos a este máxico lugar!

Que precisamos? A que adicaremos os vosos xenerosos aportes?

Precisamos 4100 € para axudarnos a imprimir o libro. Dicimos axudarnos porque a Compañía aportará recursos propios, tanto para imprimir como para outros gastos como as recompensas ou o pago do marabilloso traballo do noso ilustrador.

Que vos daremos a cambio da vosa xenerosa aportación?

Moitas cousas! Ademáis de exemplares do libro, podedes conseguir a banda sonora do espectáculo (composta polo talentoso Ramón Feáns "Chiri") , bolsas especiais da compañía (temos unhas preciosas castañas de tela confeccionadas por Daniel Diaz, que de seguro vos gustarán tanto como a nos), entradas para o espectáculo ou, se tedes unha asociación cultural, podemos ofrecervos unha función gratis no lugar que queirades! .

Entre un e dous meses despois da recepción dos cartos poremos a voso dispor as recompensas físicas. As invitaciones a funcións do espectáculo teatral no que se basa al libro serán no segundo semestre do ano 2015 e no primeiro do 2016.

+ Info

Páxina de Facebook
Perfil de Twitter
Páxina web da Compañía

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

5 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • ASOCIACIÓN MEDRANDO EN LUGO

    ASOCIACIÓN MEDRANDO EN LUGO

    almost 9 years

    Boas tardes. Somos unha asociación lucense que se chama MEDRANDO EN LUGO e estaríamos interesados en colaborar co voso proxecto. Pero cando quixiemos facer a aportación soamente nos permite pagos con tarxetas ou paypal... poderías ser transferencia?

  • Diego Freire Fernandez

    Diego Freire Fernandez
    Author

    almost 9 years

    Boas noites Esther! Ante todo desculpa por tardar en contestar, tivemos unha fin de semana complicada.

    En relación á túa pregunta, o libro terá 32 páxinas (estucado mate de 200 gramos) -incluídas as gardas- de 15x20 cm e tapa dura.

    Grazas por interesarte polo noso proxecto.

    Unha aperta!

  • Esther

    Esther

    almost 9 years

    Cales son as características do libro? Páxinas, tamaño...

  • Diego Freire Fernandez

    Diego Freire Fernandez
    Author

    almost 9 years

    Boas noites Olga!

    Moitas grazas polo teu interese. Para o segundo semestre temos confirmada (pendente de fixar data en decembro) unha función no Teatro Principal de Santiago. Temos previsto (ou ben este ano ou ben no primeiro semestre de 2016) facer funcións na Coruña e Vigo. Existen ademáis posibilidades noutros lugares como Ourense -onde xa estreamos o espectáculo-, Moaña, Ames e o Carballiño)

    Desculpa que non podemos adiantarte máis lugares, pero a nosa intención e conseguir moitas máis, procurando achegarnos a todos os nosos mecenas.

    Unha aperta!

  • olga

    olga

    almost 9 years

    Onde serán as funcións?

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy