❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

BRAIS MORÁN primeiro disco en solitario

Son un músico con 15 anos de traxectoria e estou a piques de lanzar o meu primeiro proxecto en solitario, moito máis persoal e con cancións en galego. Nel poderedes atopar rock, pop e mesturas de estilos funk, étnicos, tribais e mesmo folk. Para ir abrindo boca, xa podedes escoitar o single "En paz"

Brais Morán

A project of

Category

Rock / Pop

Created in

0
seconds
106
Pledges
3.575€
From 3.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Quen é Brais Morán?

Son un músico con 15 anos de traxectoria que intenta fuxir da etiqueta de cantautor. Por primeira vez vou lanzar o meu disco en solitario, moito máis persoal e con cancións en galego. Na actualidade estou a presentar este proxecto en diferentes salas galegas coa miña banda, formada por Manu Seoane (guitarra eléctrica), Miguel Queixas (batería) e Denís Morán (baixo eléctrico).

Neste traballo poderedes atopar rock, pop e mesturas de estilos funk, étnicos, tribais e mesmo folk. Será un disco moi persoal na miña carreira musical, con temas propios e inéditos, agás un poema de Rosalía de Castro musicado por min, e con moitas referencias á Costa da Morte, onde medrei, ás vivencias do día a día e á Galicia actual. Neste disco quixen construir outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decidín coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que tentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual.

Dende hai uns meses, podedes ver un adianto do novo disco na rede co tema “En paz”, un videoclip gravado, mesturado e masterizado nos Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero e coa dirección e realización de Omar Rabuñal. Co lanzamento deste single quixen reflexar a forza e o rock como produto das vivencias destes últimos anos experimentados no panorama da escena galega.

Entre outros eidos, pode que me coñezas por ser o vocalista e guitarrista da banda de funk coruñesa Loretta Martin, pero tamén por outros proxectos como a banda dos Jamiros de Monte Alto .

A que destinaremos as vosas aportacións?

Todo o que aportedes a este proxecto irá destinado integramente á gravación do disco, para o que se precisan 3.000 euros. Unha parte do diñeiro servirá para cubrir os gastos do estudio de gravación e outra para a produción posterior, maquetación de discos materiais, promoción e distribución. No caso de que se sobrepase a cantidade solicitada, explotaranse ao máximo as posibilidades de promoción e distribución do disco.

Sobre as recompensas

Os gastos de envío van incluidos no prezo. Só tes que cubrir o formulario que aparecerá no momento de realizar o pago para que poidamos enviarche a túa recompensa por correo postal.

No caso da descarga online do disco, enviarémosche por correo electrónico un enlace de descarga encriptado cun contrasinal que che proporcionaremos no momento.

O vídeo do making of chegarache por correo postal en formato CD.

En canto ás entradas, aínda non temos pechada unha data para o próximo concerto. Con tal motivo, seredes avisados en canto se confirme e recibiredes as entradas por correo postal unha vez saian á venda.

Calendario previsto

A data estimada de lanzamento do disco será no outono, entre setembro e outubro de 2015. Polo tanto, recibiredes as vosas recompensas entre 2 e 3 semanas despois do lanzamento do disco, tan pronto como teñamos os exemplares nas nosas mans.

Estamos en contacto!

Podedes seguirme a pista nas miñas redes sociais:

Facebook: Brais Morán.

Twitter: @braismoran.

Un millón de grazas pola vosa axuda neste novo camiño!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#07 / Que pasa despois dos 40 días? Novas

Ola a tod@s!

Despois do exitazo da campaña de crowdfunding, GRAZAS A VÓS, seguimos adiante coa gravación do disco. Xa falta moi pouco para que as horas de traballo nos estudios de Abrigueiro cheguen á súa fin!

Como sabedes, o disco sairá coa chegada do outono, pero vós comezaredes a recibir os vosos agasallos en canto o disco material chegue ás miñas mans. Intentarei que sexades os primeiros en escoitalo:

  1. Próximamente recibiredes un formulario pedíndovos algúns datos que precisamos para podervos facer chegar os agasallos. Atent@s ao voso correo electrónico!

  2. Por outro lado, considero que tod@s @s mecenas merecedes ter este disco nas vosas mans, polo que todas as persoas que aportáchedes 10 euros na campaña tamén recibiredes o disco material asinado.

  3. Por último, quero reiterarvos unha vez máis todo o meu agradecemento pola vosa implicación neste novo proxecto.

Seguimos en contacto! Unha aperta inmensa,

Brais Morán.

#06 / CONSEGUÍMOLO! GRAZAS A TOD@S!

Ola a tod@s!

Non sei como darvos as grazas polas achegas que durante 40 días estivéchedes aportando para a gravación do meu primeiro disco en solitario. Non só conseguimos chegar ao obxectivo, senón que o superamos con creces!

Este disco estámolo preparando con toda a ilusión e dedicación do mundo para que vós, que o fixéchedes posible, poidades disfrutalo como algo voso, porque sí, TAMÉN É VOSO.

Cando decidín optar polo crowdfunding como método de financiación non podía imaxinar que tería 110 apoios, amig@s, compañeir@s, achegad@s, familia... Estou convencido de que a satisfacción de ter este disco nas mans será moito máis grande sabendo que neste traballo ides tod@s.

E as recompensas? Non me esquezo delas! Lembrade que recibiredes os vosos agasallos coa chegada do outono, en canto teña o disco material nas miñas mans. Recibiredes novas moi pronto, xa que vos pediremos os vosos enderezos postais para facérvolos chegar.

read more

#05 / FALTA UNHA SEMANA!

Ola a tod@s!

Só quedan 7 días para o peche desta campaña e xa queda moi pouquiño para conseguir, por fin, o obxectivo final!

Téñovos que dicir que estou absolutamente abrumado co apoio que estou a recibir. Terei un disco, pero será grazas a todas e todos vós.

Por iso confío plenamente en conseguilo nesta última semana que resta.

Todos aqueles que queredes colaborar pero aínda non puxéchedes o voso graíño de area, aínda estades a tempo! Lembrade que cada aportación ten a súa recompensa, entre as que se inclue, como non pode ser doutro xeito, o meu disco.

Nós seguimos traballando para ofrecervos o mellor traballo coa mellor calidade da que somos capaces! Grazas por facelo posible!

Guitarra eléctrica: Manu Seoane.

Baixo eléctrico: Denís Morán.

Batería: Miguel Queixas.

#04 / Quedan 15 días!

Ola a tod@s!

Estamos chegando á recta final da campaña e xa superamos os 2.000 euros.

A polos 3.000, que xa non queda nada, dúas semanas!

É alucinante todo o apoio que me estades dando. Un millón de grazas!

Déixovos o enlace da entrevista que me fixeron esta mañá no programa "Galicia por diante" da Radio Galega (podedes escoitala a partir do minuto 34):

http://www.crtvg.es/rg/a-carta/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-13-04-2015-1081755

Seguimos o camiño ata a meta!

#03 / Estamos no ecuador da campaña!

Ola a tod@s!

Onte chegamos ao ecuador da campaña de crowdfunding, é dicir, que quedan 19 días para conseguir os 3.000 euros para a gravación do disco. Que rápido pasa o tempo!

Grazas ás vosas achegas, conseguimos acadar máis da metade do que se necesita. Sodes incribles!

Agora é moi importante que se manteña o ritmo e que avancemos cara a recta final desta campaña. Estou seguro de que o imos conseguir!

Seguimos! Mil apertas!

#02 / Brais Morán no programa Bamboleo (TVG)

Ola a tod@s!

Este sábado emitiuse a miña actuación no programa Bamboleo da Televisión de Galicia, onde interpretei o single "En paz". Xa podedes velo no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/georgie-dann-brais-moran-e-cinema

Seguimos con forza! Quedan 29 días para que remate a campaña de crowdfunding e, se seguimos a este ritmo, estaremos moi perto de acadar o obxectivo.

Adiante, témolo que conseguir!

Fotografía: Rita Mato.

#01 / Comeza a aventura!

Por fin chegou o gran día! Hoxe comezou unha gran aventura de 40 días nos que, grazas ás vosas achegas, intentarei acadar os 3.000 euros que preciso para a

gravación do meu primeiro disco.

Decidín optar polo crowdfunding por unha razón moi simple: a cultura é pra todos, polo que debe facerse entre todos. E así é: vai pra todos!

Imos aló!


¡Por fin llegó el gran día! Hoy ha comenzado una gran aventura de 40 días en los que, gracias a vuestras aportaciones, intentaré conseguir los 3.000 euros que necesito para la grabación de mi primer disco.

Decidí optar por el crowdfunding por una razón muy simple: la cultura es para todos, por lo que debe hacerse entre todos. Y así es: ¡va para todos!

¡Allá vamos!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy