❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Primeiro disco de PUNTADA SEN FÍO

A LÚA PRENDEU A LUZ será o noso primeiro traballo, onde poderedes escoitar temas baseados na nosa música tradicional, de autor e incluso algunha tradución, sempre cunha sonoridade moi diferente á habitual. Somos Xiana Lastra (voz), Juan Collazo (percusión) e Roberto Rama (saxo). Bótanos unha man!

Puntada sen fío

A project of

Category

Created in

0
seconds
203
Pledges
4.655€
From 3.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

Que é Puntada sen fío?

Somos un grupo de recente creación formado por Xiana Lastra (voz), Juan Collazo (percusión) e Roberto Rama (saxo) que quere sacar á rúa o seu primeiro traballo discográfico: "A lúa prendeu a luz"

Despois de varios anos participando doutros proxectos musicais como Odaiko, Fía na Roca, Os d'Abaixo ou O meu primeiro Celso Emilio e A miña primeira Rosalía, a nosa amizade empurrounos á aventura de tocar os tres xuntos e así naceu Puntada sen fío.

O resultado, que se verá materializado neste traballo, son nove temas moi diferentes entre eles, pero cun nexo común: o pasado. Todos eles falan dun ou doutro xeito de cousas que aconteceron hai anos ou de como afrontar o paso do tempo.

Son cantigas baseadas na nosa música tradicional, pero tamén de autor ou mesmo algunha de fóra de Galicia traducida á nosa lingua. Todas elas tratadas cunha sonoridade totalmente diferente á habitual, grazas en grande parte aos instrumentos que utilizamos pero, tamén, á man dos grandes músicos Pedro Lamas e Roberto Somoza, que se encargaron dos arranxos.

A que destinaremos as vosas aportacións?

Como todos sabemos, a situación actual para que un proxecto coma este se faga realidade é mooooi complicada, xa que desgraciadamente non sobran as axudas á nosa música.

Por iso, solicitamos a vosa colaboración para poder cubrir os gastos derivados da gravación, edición (copias) e distribución do disco.

Calendario previsto

Agardamos poder ter o disco físico nas mans no mes de maio, polo que comezariamos coas actuacións para a súa presentación e coa entrega das recompensas a todos/as os/as que teñades a ben botarnos unha man.

Recompensas

Ademais de que en calquera dos casos aparecerá o voso nome como colaboradores e colaboradoras do noso proxecto, en función do importe podedes optar:

  • A facervos co noso disco.

  • A conseguir entradas para o concerto de presentación "oficial": aínda non hai data definitiva e celebrarase pola zona de Compostela.

  • A conseguir pases para a festa privada que faremos nun lugar "senlleiro" e especial, en petit comité e con algo para picar. Os/as interesados/as serán avisados con tempo.

  • A facervos cun superchaveiro dun zoco de Elena Ferro que farán especialmente para nós, e para vós.

  • A levarnos a tocar onde gostedes, por un módico prezo, a través da nosa opción de concerto privado.

Para coñecernos un pouco máis

Malia que o noso sitio web non está aínda dispoñible (www.puntadasenfio.gal), podedes saber algo máis sobre nós entrando na nosa páxina de Facebook

Cheguemos á meta ou non... MILLEIROS DE GRAZAS a todos/as os/as que nos apoiedes pola vosa confianza!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Uxía

    Uxía

    about 9 years

    Unha preguntiña por aquí... Que pasará cando xa non manteñas unha relación amorosa co teu mozo. Encántache usar e tirar, non? Penso que é mellor que aprendas a ser independente. Non é obligatorio estar con alguén Xiana, podes estar soa jajajaja

  • Anónimo

    Anónimo

    about 9 years

    Moita coincidencia co novo disco que sacou Guadi Galego: 'Lúas de outubro e agosto'...

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy