❗️ Per poder utilitzar Verkami has de fer-ho des d'un altre navegador. Instal·la o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha deixat d'actualitzar el navegador Internet Explorer que estàs utilitzant i ha deixat de ser compatible amb la majoria de llocs web.

CALDO

Primeiro traballo discográfico

María Jorge Bastos

Un projecte de

Categoria

Creat a

Vigo
0
segons
140
Aportacions
3.274€
De 2.300€
Aporta al projecte

Escull la teva recompensa

Dona-li suport amb una donació

Aporta sense recompensa
Fes una donació altruista al projecte sense rebre cap recompensa a canvi:

Neste proxecto, Caldo aposta pola composición de temas propios así como pola revisión do repertorio tradicional galego, poñendo o foco na aldea de Moscoso. Para isto, contaron có material recollido polo mestre Xisco Feijóo ás informantes Rosa e Aída Garrido e coa colaboración de Anaïs Barbier á voz e pandeireta.

Así, neste primeiro disco formado por tema orixinais, Caldo emprega as pezas do repertorio de Moscoso como fío conductor do álbum.

Un dos obxectivos do conxunto é buscar a equidade entre os diferentes instrumentos, razón pola que se decide gravar o disco en directo. Deste xeito conseguen acadar esa relación orgánica e natural entre guitarra, violín e voz logrando así que a enerxía e frescura do directo queden plasmadas neste primeiro traballo discográfico.

Sobre nós

María Jorge

Violinista de formación clásica, entra en contacto coa música tradicional a través do campamento de cordas San Simón Fiddle. Tras participar como alumna na primeira edición deste campamento, interésase polo mundo da música tradicional comezando así os seus estudos de violín folk co mestre Alfonso Franco na E-Trad de Vigo, onde rematou o grao avanzado en xuño de 2018.

Ten recibido cursos e masterclass de diversas artistas internacionais, tendo así un amplio abanico de influencias que van dende a música escocesa á americana ou á mexicana.

Pedro Fariñas

É titulado superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia. Complementou os seus estudos cunha beca Erasmus no Royal Conservatoire of Glasgow (UK) estudando guitarra, highlandpipe e whistle. É gañador de numerosos concursos de gaita solista tanto en Galicia como a nivel internacional.

Dende 2016 profundiza no estudo da guitarra en afinación DADGAD e na súa faceta como arranxista e compositor.

Anaïs Barbier

Natural do Carballiño, comeza a śua relación coa música aos 9 anos facendo piano clásico no conservatorio da vila ata a idade de 17 anos.
É aquí cando entra en contacto coa música tradicional, primeiro de xeito autodidacta, e posteriormente formándose na E-trad (escola de música tradicional e folk de Vigo) realizando estudos de gaita, canto, zanfona e violín con mestres como Xaquín Xesteira, Javier Feijoo (Xisco) , Anxo Pintos ou Alfonso Franco.
É nesta mesma escola onde remata o grao avanzado de canto no 2016.

Asiste así mesmo a cursos itinerantes de canto con mestras como Ugia Pedreira ou Davide Salvado entre outros.

Sobre as recompensas

Toda aportación é importante. Os cartos recadados estarán destinados integramente aos gastos de gravación, edición e produción do disco.

Este é o desglose do noso orzamento.

  • Gastos de gravación e produción: 700 euros

  • Gastos de edición: 800 euros

  • Gastos de deseño: 200 euros

  • Gastos para recompensas: 600 euros

A nosa meta é acadar os 2300 euros.

RECOMPENSAS

CD

Bolsa

Camisola

Calendario previsto

O noso álbum sairá ao mercado durante o mes de Febreiro 2018.

+ Info

Podes seguirnos en:

Facebook:Caldo

Instagram:@caldo.gz

Preguntes freqüents

Encara no n'hi ha cap publicada

Tens algun altre dubte o pregunta?

Pregunta a l'autor/a

14 comentaris

Si ja ets mecenes, Inicia sessió per comentar.

  • maria.quintiana

    maria.quintiana

    más de 6 años

    Desexando tervos no Paralaia presentámdoo! Será moi pronto! ;)

  • Andres Rodrigues

    Andres

    más de 6 años

    Sorte co proxecto!

  • Andres Rodrigues

    Andres

    más de 6 años

    Sorte co proxecto!

  • Andres Rodrigues

    Andres

    más de 6 años

    Sorte co proxecto!

  • Andres Rodrigues

    Andres

    más de 6 años

    Sorte co proxecto!

  • xlmiguelez

    xlmiguelez

    más de 6 años

    Sorte

  • Galleta

    Galleta

    más de 6 años

    Mucha suerte con este ilusionante proyecto!!!

  • Galleta

    Galleta

    más de 6 años

    Mucha suerte con este ilusionante proyecto!!!

  • Guillermo Coello Rodríguez

    Guillermo Coello Rodríguez

    más de 6 años

    Seguro que lo conseguís

  • María Jorge Bastos

    María Jorge Bastos
    Autor/a

    más de 6 años

    Moitas grazas a todxs xs que xa colaborastes; estamos moi emocionadxs coa acollida que está a ter!!!

Fem servir cookies pròpies essencials per poder oferir el nostre servei i de tercers per conèixer l'ús de la pàgina. Política de cookies