Busco financiar de xeito colectivo a miña quinta publicación en papel e poñer en marcha un novo espectáculo poético-musical en pequeno formato.
OUTLET será o título do meu novo libro de poemas e da nova xira de presentación.
Como en tódolos anteriores proxectos (Volta ás Rías Galegas en verso, A Casa do Poeta e A máquina do tempo) pretendo lavarlle a cara á poesía e continuar honestamente, facendo deste xénero algo común e popular; achegándome a aquelas persoas que a miran de reollo ou dubidan se lles pode gustar.
SIPNOSE DO LIBRO
OUTLET son pequenas escenas espidas de efectos especiais da vida cotiá, reproducen situacións reais coa mesma linguaxe urbana e realista na que suceden.
Neste novo poemario abandono a escrita romántica e melancólica das miñas últimas publicacións, explorando ritmos persoais que enfrontan un mundo real e íntimo.
Antes de rematar xulgado,
en calquera caixón,
nun almacén de libros,
espido,
prefiro quitarme eu mesmo o valor.
Índice poemas
Mercado, outlet, dependentas, silencio, clásica situación, piropos, historia dun recital, prezo mínimo, NY, restos de stock, Bar Suízo, liquidación, recordas, fin de existencias, case corenta, pasado de moda, típico conto, aquela muller, tamén aquela muller, poeta da casa, sempre así, 23:50, poetizando, tentacións
SIPNOSE DO ESPECTÁCULO POÉTICO-MUSICAL
Matices e cores musicais mestúraranse coa palabra nun terreo experimental, unha interacción con diferentes improvisacións de escenas correntes.
Un monólogo poético-musicado por Nacho Pérez, coñecido guitarrista de jazz, que me acompañará nesta nova andaina de versos e kilómetros
SE ACADAMOS O OBXECTIVO
De financiar o proxecto, a recaudación íntegra será empregada para:
A edición, deseño e impresión de 900 exemplares. O formato do libro será de 11 x 16, 64 páxinas, 25 poemas, portadas a cor…
O pago dos impostos que xenera recibir eses cartos, gastos de distribución do poemario, gastos de envío das recompensas, posta en marcha do espectáculo…
Tódol@s mecenas recibirán esta lámina feita por Nuria Díaz
MÁIS INFORMACIÓN
web Juan Carballo / web A máquina do tempo
SÉGUEME NAS REDES
Facebook / Twiter
NOTAS
A idea é que o libro xenere movemento, polo que o recaudado da súa posterior venda, servirá para facer máis libros, material promocional, posta en marcha da xira, traducilo a outras linguas, incluílo nas plataformas dixitais… (Tamén se superamos o obxectivo proposto empregaremos todo o recibido para estes fins)
As actuacións centrais serán na Coruña, Vigo e Santiago (onde haberá sorpresas), pero haberá máis actuacións noutras vilas ou cidades onde poderedes canxealas. Como as entradas non son persoais, tamén poderedes regalalas ou compartilas con quen desexedes.
O sistema de pago é con tarxeta e a vosa aportación só se fará efectiva se nun prazo de 40 días se consigue recaudar a cantidade proposta**
Os prezos e as recompensas das actuacións en librarías e locais son exclusivas para quen sexa mecenas e deposite a súa confianza no meu proxecto
As achegas/aportacións económicas de mecenas ó meu nome ou dalgunha persoa que se repite, responden a cartos que recibimos en man e logo ingresamos, como bares, entidades, amig@s, etc que fumos recollendo
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.