NON É UN FESTIVAL, É UNHA DEGUSTACIÓN DE TEATRO
O proxecto "Teatro á Feira" quere relacionar o feito de ir ao teatro coa actividade social das persoas, como parte natural do seu ocio. Vas ver unha peza e logo vas pinchar algo, vas tomar unha caña e logo ao teatro, saes cos cativos a tomar un xeado e disfrutades dunha obriña.... ! En fin, trata de relacionar o placer do teatro con outros placeres aos que xa estamos máis afeit@s.
O Teatro á Feira é un concentrado en tres días de tódalas propostas escénicas emerxentes en Galicia nacidas das novas xeracións de actores, actrices, dramaturg@s, directores e directoras, escenógraf@s, formados na Escola Superior de Arte Dramática. Pezas de teatro comercial, de reivindicación social, infantís, cabaré, improvisación, café-teatro, teatro contemporáneo, burlesque, teatro-danza..., xa ves, de todo un pouco!
Venres, sábado e domingo, da mañá á noite, 7 espectáculos, cada proposta escénica vai ligada a unha degustación culinaria gratuita coa que repoñer forzas, departir, e compartir opinións.
En Vigo, o 1, 2 e 3 de febreiro de 2012.
Para que usaremos os teus cartos?
Os cartos recadados a través de Verkami empregarémolos para cubrir os gastos mínimos das compañías participantes (Seguridad Social, transporte e dietas).
PROGRAMACIÓN DO TEATRO Á FEIRA 2013
VENRES 1 DE FEBREIRO
19:00 Apertura da Festa de Teatro Emerxente
20:30 "Mambo" de EscénaTe (tódolos públicos)
SÁBADO 2 DE FEBREIRO
12:30 "Laranxus 7" de Artefakto Teatro (infantil)
19:00 "Igual que los tuyos" de Art-Monium (maiores de 10 anos)
19:30 "Julieta Virutal" de Anómico Teatro (adultos)
20:30 "Malena llena eres de gracia" de Compañía d'As Marías (adultos)
23:00 "Improperio" de Triatreros (tódolos públicos)
DOMINGO 3 DE FEBREIRO
12:30 "Con Moito Conto" da Fundación Igualarte (infantil)
19:00 "Hámster" de Triatreros (adultos)
20:30 Clausura da Festa de Teatro Emerxente
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
ATESAD
Autor/a
Insistímoslle moito á plataforma Verkami de que o evento comezaba o día 1 de febreiro e que a data límite de recepción de achegas debera ser o 31 de xaneiro. Vese ben que non nos fixo caso.
En canto aos abonos, lamentablemente os agasallos para vós, @s mecenas, só se concretan se chegamos a conseguir o total solicitado. Ata ese momento non se carga nada nas tarxetas dos mecenas. Dubidamos moito que a tres días do festival demos acadado o obxectivo, así que os mecenas deberán facerse coas entradas aos espectáculos do xeito ordinario: venda anticipada nos bares colaboradores a 5€, e venda en billetería 1 hora antes de cada función a 6€ (3€ os nen@s).
Non se contemplan abonos na venda directa de entradas, era unha oferta só pra mecenas.
Espero terche contestado.
Grazas.
esacau
O período para facer achegas remata case un mes despois de que se celebre a Feira. Cando recibirán os mecenas os bonos para o festival? Ou son os bonos para o festival do ano vindeiro?
Grazas