Si, Porcocan. Este é o título do noso vindeiro disco, 12+1 temas que se gravaran en marzo nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero.
Posiblemente, aínda que é un tópico dicilo, sexa o mellor que fixemos ata o de agora, pero iso seredes vos quen o decidades así, ou non. Nos temos a tranquilidade de ter feito o que máis nos gusta e do xeito que mellor sabemos, seguindo a nosa liña e aportando cousas novas.
Agora sodes vos os que deberedes pronunciarvos ao respecto:
Debe Porcocan ter unha edición física en vinilo e cd?
Ten que existir unha camisola coa figura de Porcocan estampada nela?
QUEN SOMOS?
Esquíos somos unha banda estradense (con algún compoñente valdeorres) de punk-rock garaxe e o que nos boten, que temos cinco traballos discográficos previos autoeditados e máis de cen concertos as nosas costas.
Levamos unha filosodía moi Do It Yourself (Faino ti mesmo) que nos ten levado a deseñar as nosas portadas, chegar a gravar e masterizar nos mesmos algúns dos nosos discos ou facer os nosos videoclips.
QUE QUEREMOS FACER?
Esquíos imos gravar o noso novo disco, o sexto e que levara por título Porcocan; o caso e que non temos un can para editalo, tan so para gravalo, e iso por que o faremos en tempo record, que senón nin para iso. Entón a campaña consiste en recadar cartos para facer a edición en vinilo e cd, e facer algunhas camisolas coa portada do disco.
E POR QUÉ CHEGAMOS A ISTO SE SOMOS TAN DIY (Faino ti mesmo)?
Pola caída de ingresos derivados dos concertos e o deixar de cobrar das distribuidoras musicais as vendas dos nosos traballos (que aínda así, seguen vendendo), basicamente por iso. En definitiva, a crise, e o proveito que algúns sacan dela, of course. O conto de sempre.
Por outra banda parecenos un medio moi axeitado para que @s nos@s seareir@s (se @s temos hehe) consigan a nosa música e demais, no mellor soporte posible e a un prezo moi razoable.
MÁIS DATOS....CONTADEME?
Esta será a única fonte de financiación, aínda que depende como vaia a gravación (se fan falla máis ou menos días) quizais poidamos contar con algúns cartos extra. Algúns de nos estamos no paro e o resto non temos capacidade económica (tamén dicir, que é un tópico pero para nos os cartos son o de menos) para financiar todo isto, por iso recorremos a esta modalidade.
CANDO SE FARÍA ISTO?
A gravación do disco terá lugar os días 9 e 10 de marzo, co cal aproximadamente a comezos de maio teríamos todo finalizado.
Farase nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero (ao igual que o anterior "Agora si!") e podemos garantir que probablemente estemos falando do noso mellor traballo (cousa que teredes que decidir vos, xaora).
Agardamos poder contar coa vosa axuda para sacar adiante este proxecto e dar un soporte digno as que cremos que son as mellores cancións que fixemos nunca, e conste que non nos gusta nadiña falar por falar.
Saúde e liberdade!
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
rockoloco
Boas xente, dende NAO tamén queremos poñer o noso grao de area. Son tempos dificiles para todos, pero cun pouco de apoio o rock da estrada seguirá dando que falar. Moita sorte compañeiros, vémonos nos escenarios.