• LISTAXE MECENAS, FALTA FAI!

    Querid@s mecenas,

    Achegamos a listaxe das persoas que patrocinaron o videoclip a través de Verkami, coa finalidade de que nos informedes de calquera erro ou ausencia. Nos créditos engadiremos nome e primeiro apelido por motivos de espazo, debido ao amplo número de persoas participantes. Lembrade que o acto de presentación será finalmente o sábado 29 de decembro, ás 20:00h. no local sociocultural da Ramallosa (Teo). Para calquera dúbida estamos en contacto a través do correo electrónico faltafai@gmail.com

    LIMPIEZAS SALGADO
    MALDADOS.COM
    PARADA D FRANCOS
    BOBBER CAFÉ
    DON BUDI CAFÉ
    IL RITROVO CAFÉ - BAR
    GRUPO CHÉVERE

    ADRIANA VÁZQUEZ E NICOLÁS OTERO
    ALBERTE SOUTO
    ALBERTO FERNÁNDEZ
    ALBERTO IGLESIAS "PEXEGO"
    ALBERTO LEDO
    ALEX SEVILLA
    ALICIA NIMO, DAVID SANTOMIL E ANTÓN SANTOMIL
    ANTÓN FERNÁNDEZ "TORRONCHO"
    ANXO ARAÚJO
    CALY RIVAS
    CAMI
    CARLOS BUSTELO "CHARLIE"
    CARME HERMIDA
    CRISTINA TERRÓN
    DANIEL ESCUDERO
    DARÍO FERNÁNDEZ
    FERNANDO FRAGA
    INÉS FERNÁNDEZ
    ... read more

  • Sempre agradecid@s

    Moitas grazas a tod@s por axudarnos a conseguir o noso obxectivo. O crowdfunding foi unha experiencia totalmente novidosa para nós, que estivo acompañada de moito traballo, apoio e agarimo por parte de moita xente. Estamos en débeda con vós e agardamos estar ao nivel esixido. Con toda a ilusión do mundo comezamos mañá sábado, ás 8 da mañá, a rodaxe de "Falta Fai". Vémonos na feira do San Martiño!. Os mecenas interesados en participar na rodaxe e xantar con nós poden localizarnos o domingo a iso das 12 da mañá na carballeira de Francos. Para calquera asunto estamos en contacto a través deste blog. Grazas!

  • Últimas 24 horas

    Bo día pichurris,

    Achegámonos ás últimas 24 horas do proxecto de crowdfunding. Se non hai novidade xa temos confirmadas novas aportacións que permitirán superar o obxectivo dos 1500 euros antes de que remate o prazo. Moitas grazas a todos/s e vémonos esta fin de semana na feira do San Martiño!. Mañá sábado estaremos durante todo o día no interior da pulpería Mambis e o domingo a partir das 12 da mañá contamos con vós para as escenas do exterior, que falta fai!.

    Grazas de novo pola vosa axuda, isto conseguímolo entre tod@s!

  • Quedan 5 días!

    Estimados mecenas, quedan 5 días para procurar facer realidade este ilusionante proxecto colectivo. Temos apalabradas varias aportacións que fan pensar que conseguiremos o obxectivo dos 1500 euros, pero aínda queda bastante. Por iso, se sabedes de alguén máis que queira apuntarse... benvidos sexan!. Seguimos ;)

    Nestes días tamén poderedes ver as novidades do proxecto en Eu vou á feira do San Martiño en Teo, que Falta Fai

  • Na metade, quedan 19 días!

    Bo día a tod@s!

    Aínda quedan 19 días para conseguir máis apoios. Na metade do período de recadación para conseguir o noso obxectivo temos 650 euros!. Como xa saberederes continuamos coa promoción desta iniciativa de crowdfunding nas redes sociais, na prensa e na radio. A pasada semana estivemos na Radio Galega e en Radio Ordes. Ademais de publicar o primeiro dos videos promocionais deste proxecto colectivo chamado "Falta Fai", creamos unha páxina pública no Facebook, chamada Eu vou á feira do San Martiño en Teo, que Falta Fai na que podedes ver toda a información.
    Este é o video, e virán máis...

    Agradecemos de novo a todos os mecenas que confiades neste proxecto e recordamos que o cargo da vosa aportación nas vosas tarxetas de débito/crédito non se realizará ata que se consiga o obxectivo de recadación e remate o prazo establecido (por agora é como unha pre-compra, ou pre-reserva). Se tedes calquera dúbida podedes plantexar nesta mesma páxina as vosas preguntas.

    ... read more

  • Seguimos ;)

    Bo día, queridos/as mecenas:

    Cumprida a primeira semana dende o lanzamento do proxecto de crowdfunding quixeramos agradecer o voso apoio e informar do avance nas xestións do videoclip:

    1. Temos unha aportación de 360 euros a día de hoxe e seguimos aumentando. Estamos por riba da media diaria de aportacións, pero cómpre incrementar na medida do posible a participación. Por iso quixeramos perdirvos que faledes coa vosa xente máis próxima, para compartir con el@s esta aventura. En tanto que o crowdfunding aínda é algo descoñecido para moit@s, podedes explicarlle o sinxelo que é participar, conscientes de que no futuro moitos proxectos culturais/musicais teremos que utilizar este tipo de aplicacións para facer cousas. Esta semana estamos contactando con bares nos concellos de Santiago, Ames e Teo para que participen no patrocinio a cambio de figurar... read more