Rematamos e só podemos estar agradecidisimas!!!
1.785 euros.
Esa foi a cifra que conseguimos recadar en corenta dias grazas a vosa axuda e a dos colectivos, grupos de música, creadoras e creadores que nos achegaron o material para as recompensas que, en canto teñamos os vosos enderezos, enviaremos o antes posíbel.
Nesta semana fomos enviando correos ás setenta e unha persoas - mecenas que sodes parte deste proxecto, e en canto teñamos as vosas respostas e recollamos todo o material, iremos enviando coa maior rapidez.
Mil grazas por facer posíbel que sairamos adiante, e que as débedas polas multas nos deixen de afogar, e podamos respirar tranquilas.
Pola nosa parte nós continuaremos co noso compromiso de continuar apostando pola contrainformación desde Galiza, e abrindo a nosa xanela todos os días desde Galizacontrainfo. Mirámonos ali!

