❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Pikara Magazine en papel nº6

Campaña de financiación para imprimir el sexto número en papel— #TejerSinPatrón

Pikara Magazine

Un proxecto de

Creado en

0
segundos
1.194
Achegas
22.425€
De 17.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano, Català e Euskara

Elixe a túa recompensa

Ou apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto xa que simplemente queres axudar a facelo realidade:

Din que os vídeos que mellor funcionan en internet son os que non duran máis de dous ou tres minutos. Din tamén que o papel morreu, que agora triunfa máis un Kindle que o mesmísimo Kinder Sorpresa, din que Pikara é un medio especializado, que o xornalismo é sinónimo de precariedade e o feminismo, unha ideoloxía que atenta contra a neutralidade. Nós escoitamos atentas, aprendemos as regras e, logo, pasamos delas cun sorriso. Por iso, o vídeo que temos preparado este ano dura catro horas, imprimimos un anuario en papel, falamos de política, economía, cultura e do-que-nos-peta, pagamos a todas as colaboradoras e seguimos aprendendo do feminismo para ser cada día mellores xornalistas.

Compañeiras: Benvidas á campaña de crowdfunding para imprimir o sexto anuario de #PikaraEnPapel

POR QUE FACEMOS UN 'CROWDFUNDING' TODOS OS ANOS?

Desde o punto de vista económico, Pikara Magazine é cada vez máis sostible. A sostibilidade emocional tivémola sempre grazas, en parte, a todo o agarimo que recibimos a diario desde que nos puxemos en marcha en 2010. Custounos o noso, non creades, facer de Pikara un proxecto viable económicamente. Fai pouco publicamos na nosa web as contas do ano pasado para que poidades coñecer a nosa situación. O 15% dos nosos ingresos proveñen do crowdfunding anual que facemos para poder imprimir a revista en papel. Quizais, a estas alturas do proxecto, poderíamos imprimir o anuario sen facer esta campaña, pero estaríamos moitísimo máis afogadas. Sabemos que arredor de 1.500 persoas nos apoian fielmente e con esas aportacions podemos asumir máis tranquilamente os gastos derivados da impresión de 5.000 exemplares. Se sabes que estás interesada en conseguir un exemplar, animámoste a premercalo agora. Ti garantes que terás un exemplar na casa e nós que poidamos pagar á imprenta 😉

PARA QUE PRECISAMOS OS CARTOS?

Un dos sinais de identidade do proxecto é que pagamos as colaboracións. Nós, que nacimos da precariedade, non queremos contribuír a ela. Nesta gráfica explicámosvos para que precisamos exactamente os cartos. O primeiro obxectivo, 17.000€, garante o pago da maquetación a Señora Milton, o deseño da portada, contraportada e outros deseños a Emma Gascó; o pago dos contidos inéditos e unha edición externa; a impresión das novas bolsas e o principal gasto: a imprenta.

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS?

1º Obxectivo: Maquetación – Portada, contraportada e outros deseños – Edición externa – Pago por contidos (este ano subimos as tarifas) – Impresión dun novo modelo de bolsos – Imprenta

2º Obxectivo: envíos de correos

3º Obxectivo: coordinación dos contidos

As cifras son estimadas. Este ano, probablemente, a factura da imprenta sexa máis alta que o ano anterior, pero aínda estamos pechando a maqueta.

AS NOVEDADES DO NÚMERO 6 DE #PIKARAENAPAPEL

Os contidos dos catro primeiros anuarios de Pikara en papel eran contidos que xa publicáramos na web. A partir do número 5 quixemos darlle un novo pulo ó papel publicando contidos inéditos que, logo, temos ido publicando tamén na web para que estiveran máis accesibles.

QUE IDES ATOPAR NESTE NÚMERO?

O feminismo é unha ferramenta imprescindible para a práctica do xornalismo e esta premisa está presente en todos os contidos que publicamos tanto na web como en papel. Iremos contándovos máis cousiñas durante os 40 días que dura a campaña, pero adiantámosvos que falaremos de xustiza patriarcal, de custodia compartida, morte neonatal e perinatal, de leis mordaza, de meigas e de ciencia. Para que logo digan que somos unha revista especializada. Iso, os de “Jara y Sedal”.

E VÓS, QUE TEDES A CAMBIO?

A principal recompensa, obviamente, é o sexto número de Pikara en papel, pero non é a única! Bótalle un ollo ás diferentes opción que vos propoñemos, seguro que vos encaixa! Por certo, se queredes algún destes produtos, tamén podedes conseguilos na nosa tenda online en calquera momento.

Lembrade que as amigas/socias de Pikara recibirán gratis o novo anuario. Ademais, contan con promocións e sorteos especiais por seren un dos nosos principais sustentos económicos do proxecto. [Se prefires ser amiga de Pikara, aquí tes toda a información.]

Nos vindeiros días, a través do blog desta campaña, iremos ensinándovos cousiñas que xa temos adiantadas da revista, o deseño das novas bolsas, as postais tan chulas de Susanna Martin, e, como non, ese patrón marabilloso que temos preparado para que poidades facer en punto de cruz a nosa querida Carapuchiña con katana, de Emma Gascó. Estade atentas!

Ben, imos ó asunto, que opción elixes ti?

DE QUE OUTRO XEITO PODES APOIARNOS?

Calquera axuda é benvida, compañeiras, pero dámosvos algunhas ideas:

-Axúdanos a difundir esta campaña: cóntallo ás túas amigas, á túa familia, ás túas amantes.

-Se sabes de alguén que poida estar interesada en poñer publicidade no noso anuario, escríbenos a [email protected] para que lle fagamos as beiras. Ojo, en español poner “echemos los TRASTROS”

-Faite amiga de Pikara para non ter que estar, cada ano, pendente da campaña de Verkami.

-Bota un ollo á nosa tenda online, que seguro que algo che gusta.

Reserva xa o número 6 de #PikaraEnPapel

Reserva ya el número 6 de #PikaraEnPapel
Reserva ya el número 6 de #PikaraEnPapel

CALENDARIO PREVISTO

-Está previsto que enviemos a revista á imprenta arredor do 15 de xullo.

-En agosto ímonos de vacacións, pero a imprenta estará traballando na impresión dos nosos 5000 exemplares mentres as Pikaras tomamos un descansiño.

En setembro, coas pilas cargadas, chegarán as revistas e, se todo vai ben, terédelas nas vosas casas durante a primeira quincena (máis ou menos) do mes.

Se hai cambios importantes iremos informándovos a través do blog da campaña e por enderezo electrónico.

MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO

Se tedes calquera dúbida, queixa, suxerencia ou comentario amoroso, podedes escribirnos a [email protected] ou chamar por teléfono ó 944979776. Iso se non estades en Bilbao, claro. Nese caso, bulide para vernos! Estamos na rúa Lamana, 2.
Facebook | TwitterInstagramWeb

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

41 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • buenosdias

    buenosdias

    case 6 anos

    Eskerrik askoooooo

  • Clara Rasero

    Clara Rasero

    case 6 anos

    💚💚

  • mluzpeinado

    mluzpeinado

    case 6 anos

    ¡A por ellos!

  • Miguel Quesada

    Miguel Quesada

    case 6 anos

    Es el momento de empezar a tener claro la igualdad entre mujeres y hombres.

  • Miguel Quesada

    Miguel Quesada

    case 6 anos

    Es el momento de empezar a tener claro la igualdad entre mujeres y hombres.

  • Lur

    Lur

    case 6 anos

    Anima zaitezte!! Pikara for ever!!!

  • Lnacs

    Lnacs

    case 6 anos

    En nombre de Asemblea Feminista Paxaretas

  • Sandra Brizuela

    Sandra Brizuela

    case 6 anos

    Pikarari esker asko pentsatu, sentitu ta ikasi dugulako

  • mbsoto36@msn.com

    [email protected]

    case 6 anos

    Me pasaré a recogerla por el local. Mila Esker por la revista

  • ¡Ánimo Compañeras!

#06 / ¡Hasta siempre!

Hola, compañeras

En primer lugar, muchísimas gracias por seguir ahí, desde el primer número. Solo os escribimos para despedirnos porque, en unas horas, acaba el último crowdfunding para imprimir nuestra edición en papel. A partir de ahora, si quieres recibir la revista, tendrás que suscribirte.

Aún estás a tiempo de hacerlo: https://verkami.com/projects/23790-pikara-magazine-en-papel-nº7

En septiembre estará a la venta el número 7 de Pikara en papel y no podemos estar más contentas. Moltes gràcies, eskerrik asko, moitas grazas.

Un abrazo,

Pikara Magazine

PD: Si has participado en más de una campaña, te llegará este mensaje repetido. Te pedimos disculpas de antemano.

PD: Vuestros correos electrónicos están en Verkami,no los tenemos nosotras. Por eso, no podemos borraros de esta lista.

#05 / Pasa la palabra, hermana - El último crowdfunding de Pikara Magazine

Hola, compañeras

¿Qué tal os ha ido la vida este año? ¿Todo bien? ¿Habéis acabado de leer el último número de Pikara? Esperamos que sí porque ¡ya estamos preparando el siguiente!
Acabamos de poner en marcha la última campaña de crowdfunding de Pikara para imprimir la revista en papel. A partir de ahora, si quieres seguir recibiendo tu ejemplar en casa tendrás que suscribirte. La campaña está planteada para facilitar esa transición. Ojalá te interese alguna de las recompensas. Nosotras, a punto de cumplir 10 años, necesitamos garantizar la sostenibilidad del proyecto para saber si es posible seguir adelante.

El link a la nueva campaña es este: https://www.verkami.com/locale/es/projects/23790-pikara-magazine-en-papel-n%C2%BA7

Pasa la palabra, hermana.

#04 / ¡QUÉ NERVIOS!

Ya no queda nada para que acabe la campaña y ¡estamos de los nervios! Este mensajito solo tiene como objetivo daros las gracias por apoyarnos <3

Sois lo más.

#03 / ¡QUÉ NERVIOS!

Ya no queda nada para que acabe la campaña y ¡estamos de los nervios! Este mensajito solo tiene como objetivo daros las gracias por apoyarnos <3

Sois lo más.

#02 / ¡Yeahhhh!

¡Hemos logrado el 61% del primer objetivo para financiar #pikaraenapapel! Qué orgullo de #ManadaFeminista para hacer posible #TejerSinPatrón. Eso sí, no podemos evitar estar un poco preocupadillas porque creemos que la cosa va más lenta que otros años, grrrrr! ¿Nos echáis una mano difundiendo a tope por vuestras redes? ¡Gracias, queridas!

Para animar el cotarro, hoy, a partir de las 19:30h, tendremos un concierto en directo en nuestro Facebook de las majas de Arte Muhé <3

Conciertos de Pikara en directo ;)
Conciertos de Pikara en directo ;)

#01 / Queridas mecenas...

sólo os escribimos para contaros que nos vamos de fin de semana muy felices. Un año más, ¡esto está siendo increíble!

Muchísimas gracias por estar al otro lado.

Brindamos por vosotras <3

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de Cookies