Nas marxes do pentagrama: ás beiras do Prata e o Mandeo.
Nos pasados anos, dende o grupo de música de cámara Zoar, temos rescatado os manuscritos da música para instrumentos de vento do compositor Carlos López García-Picos.
Carlos naceu en Betanzos no 1922, en Galicia, e exiliouse en Bos Aires, Arxentina, ata o 1988, cando volve a súa terra natal.
Os manuscritos foron dixitalizados por nós mesmos e editados mediante programas informáticos de edición de partituras.
A súa vez, e tralo traballo conxunto co Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e experto no Compositor, Javier Ares Espiño, realizarase a gravación deste repertorio nun disco.
O proxecto ó completo será editado pola editorial Ouvirmos, quen xa publicara o primero álbume comercial de Zoar no 2015 ( No vento ).
A que destinaremos as nosas achegas
- Tódalas axudas serán destinadas a cubrir una parte dos costes de edición, tanto do disco como das partituras.
Sobre as recompensas
O producto principal das nosas recompensas é propiamente o traballo que estamos levando a cabo; a partitura coa obra de Carlos López García-Picos e o disco.
Por outro lado, estamos moi ledos de ter contado durante todo o proceso de creación e xestación deste proxecto con Javier Ares Espiño, Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e experto na figura de Carlos. Contamos coa súa tese doutoral como parte das recompensas. Un traballo fabuloso entorno á figura do compositor e da mesma catalogada por Ares.
Apetécenos que sigas de preto o proceso de gravación e edición. Por iso che ofrecemos a posibilidade de que recibas como recompensa o acceso ó blog privado donde describimos ó completo o proxecto, con anécdotas e fotografías non publicadas na redes.
Temos tamén camisetas, (por fin!) e as bolsas de tela que temos os propios compoñentes de Zoar.
Calendario previsto
- O proceso máis rápido vai ser poñer a punto a edición das partituras, xa que levamos tempo traballándoas tanto en ensaios como cos programas de edición musical. Posteriormente adicaremos unas semanas á edición do disco. Agardamos ter o master do mesmo nas nosas mans un mes despois da data de gravación. Iso lévanos a novembro. A partir de ahí comezaremos o proceso de envío das recompensas.
+ Info
Coma sempre, podes seguir o que facemos nas nosas redes:
Facebook
Twitter
YouTube
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Santiago Noriega
Qué marabilla. Xa me tarda telo entre as mans!!!!!
Paadín Eventos
Excelente proyecto. Sin duda un gran aporte a nuestro patrimonio musical.