Que é Ezetaerre?
Ezetaerre somos un grupo de rap combativo en galego formado por Pedro (Petrowski), Miguel (Garchu) e Juan (Pirola). Coñecémonos estudando Comunicación Audiovisual na Coruña e decidimos montar o grupo tras o relativo éxito que tivo o noso primeiro tema, unha canción satírica en contra dos recortes na universidade. Dentro do noso pequeno percorrido autoproducimos a nosa primeira maqueta, gañamos o III Concurso Revenidas de Música Emerxente e sacamos un single, A herdanza do vento, facendo un repaso a todos os nosos referentes.
Que é Aspiracións mínimas e urxentes?
Aspiracións mínimas e urxentes é un intento por materializar nun proxecto musical a forza de séculos de inxustiza social. É a continuación natural dun momento primitivo no que, coa nosa primeira maqueta, decidimos mover ficha na batalla cultural. Agora, dende a humildade de saber que as aspiracións non son nosas, senón que forman parte dun proceso colectivo, queremos dar un paso máis e lanzarnos a editar o noso primeiro álbum de estudo, que contará con doce temas e diversas colaboracións con outros artistas.
Porque aspiramos, de xeito mínimo e urxente, a un mundo movido por outros valores, queremos aportar o noso graniño de area. E ti, axúdasnos co teu?
A que destinaremos as vosas aportacións?
Produción, gravación e masterización do disco en Pousada Son Studios.
Produción, rodaxe e postprodución de contidos audiovisuais (mínimo dous videoclips).
Edición de 1000 copias físicas do noso álbum en formato CD.
Gastos de difusión e distribución.
Calendario previsto
Finais do mes de xaneiro de 2017:
Disco editado.
Copias fabricadas.
Videoclips publicados.
Primeiras datas confirmadas da xira de presentación (nas principais vilas e cidades galegas: A Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Ferrol...)
Febreiro de 2017:
Comezo da xira de presentación.
Conxunto de recompensas entregadas.
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Sheila
¿Volveréis a sacar algún Crowfunding? Me enteré tarde. :(