❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

2a Edición de "A esquerda ante o colapso da civilización industrial"

2ª Edición do ensaio de Manuel Casal acerca de como a Esquerda política se está a enfrontar (ou non) á situación de colapso civilizatorio que temos enriba, motivada principalmente polo esgotamento da enerxía fósil (Peak Oil). A 1ª edición (Véspera de Nada / Touda, 2015) esgotouse en apenas 1 mes.

Manuel Casal Lodeiro

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
49
Aportaciones
1.137€
De 2.050€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

ACTUALIZACIÓN [22-02-16]: Ampliamos o prazo para facer achegas até o 9 de marzo.

A primeira edición ( Véspera de Nada + Touda, 2015 ) deste ensaio de Manuel Casal Lodeiro esgotouse en apenas 1 mes. Quedaches ti sen o teu exemplar ou préstache axudar a que fagamos máis?

Queremos que nos axudes a facer posible unha 2ª edición deste libro que aborda a cuestión política máis crítica e agachada desta época excepcional da historia que nos tocou vivir: cómo a Esquerda política está a responder diante da situación de colapso civilizatorio que temos enriba, motivada principalmente polo esgotamento da enerxía fósil ( Peak Oil ), mas non só.

Este é o libro que toda persoa de esquerda debería ler, en palabras do activista ecoloxista Xabier Vázquez Pumariño, unha obra imprescindible para os movementos de esquerda que queiran sobrevir a estes tempos convulsos, para Antonio Turiel, un dos científicos que máis está a facer no Estado Español por explicar o rumo de colapso que levan os países industrializados.

Podes ler máis opinións e reseñas no web do libro.

Contidos do libro

Lembramos os capítulos de que se compón o libro, cuxo índice detallado tedes no seu web Esquerda.Colapso.info:

  • Limiar (Teresa Moure): Decrescimento (também) para marxistas.

  • Agradecementos.

  • Introdución.

  • Cap. 1: Unha esquerda postindustrial?

  • Cap. 2: Negacionismo e atrancos psicosociais.

  • Cap. 3: A adaptación postindustrial doutras correntes ideolóxicas.

  • Cap. 4: Mutacións do capitalismo moribundo.

  • Cap. 5: Algunhas das propostas políticas máis conscientes do colapso.

  • Cap. 6: Escenarios e estratexias da esquerda fronte ao colapso.

  • Cap. 7: Conclusións. A imprescindible adaptación anticipada das esquerdas.

  • Anexo I: Manifesto “Derradeira chamada”.

  • Anexo II: Algunhas medidas públicas de mínimos para unha estratexia facilitadora da adaptación social pospetróleo.

  • Anexo III: Suxestión de autores.

  • Bibliografía citada.

A que dedicaremos as vosas achegas

Os cartos procedentes deste crowdfunding serán un xeito de precompra do libro, e servirán para financiar a súa reedición, tanto a nivel de remaquetación para mellorar a calidade da edición (basicamente ampliar o tamaño da letra, que algunhas persoas acharon demasiado pequeno) como para o traballo de imprenta, envíos, etc.

O desglose estimado (en base aos custos da 1ª edición) é o seguinte:

  • Maquetación e deseño: 150 euros.

  • Sobres e envíos postais: 305 euros.

  • Imprenta: 1.365 euros.

  • Comisións e impostos: 230 euros.

  • TOTAL: 2.050 euros.

Se se supera este obxectivo (estimado para facer 200 exemplares), imprimiríanse máis exemplares, proporcionalmente.

As recompensas

A recompensa é, basicamente, o propio libro (aparte do recoñecemento público do apoio ás persoas mecenas ben sexa no web do libro ou no propio libro impreso, onde tamén incluiremos a listaxe de persoas que apoiaran a 1ª edición e que non houbo posibilidade de incluír nos exemplares da mesma).

As persoas que apoien esta 2ª edición optando por recibir como recompensa 1 só libro, deberán achegar o seu PVP (18 €) porque non queremos prexudicar ás librarías que apoiaron a 1ª edición e que aínda poidan ter exemplares. A partir de aí, as achegas implican un certo desconto:

  • Se optas por facerte con 2 exemplares, sáenche cun 11% de desconto cada un.

  • Se optas por 4, é como mercalos cun 16,7% de desconto.

  • Se optas por 8, é máis de un 20%.

  • (Xa que logo, estas opcións son interesantes mesmo para novas librarías que queiran despois vender os libros desta 2ª edición que recibirán como recompensa, aparte da publicidade que suporá que apareza o seu nome no propio libro, nos agradecementos.)

Tamén demos como opcións cun interese adicional, a posibilidade de adquirir o libro xunto con outros relacionados:

Calendario previsto

En canto consegamos o obxectivo poñerémonos mans á obra coa remaquetación, revisión, probas de imprenta, etc. Como moi tarde a final do periodo de crowdfunding (que ao comezo era de 31 días pero ampliamos até 40), comezaríamos o proceso o 10 de marzo e estimamos que en 30 días como máximo estaríamos en condicións de comezar cos envíos postais. É dicir, a mediados de abril.

Licencia

O libro ten unha licencia de tipo Creative Commons - recoñecemento - non comercial - compartir igual.

Repercusión do libro en medios de comunicación

+ Info

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

2 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Manuel Casal Lodeiro

    Manuel Casal Lodeiro
    Autor/a

    8 años

    Grazas polo teu interese e por "acompañarnos no sentimento", Francisco Xosé! :-)

    Efectivamente, sabemos que a algunhas librarías lles quedan exemplares. Esa é a primeira das opcións que vos queremos dar: que vos poñades en contacto con elas, coa que máis preto teñades, ou a que prefirades que volo envío por correo ou paquetería. Tedes a listaxe en: http://esquerda.colapso.info/doku.php?id=librarias (Procuraremos actualizar a medida que nos vaian informando de se esgotaron todos os exemplares.)

  • Francisco Xosé Candia Durán

    Francisco Xosé Candia Durán

    8 años

    Veño de saber con pesar que non acadamos a cifra suficiente para a segunda edición do libro "A esquerda ante o colapso...". Queda algún exemplar da 1ª ed. nalgunha libraría? Grazas.

#08 / Moitas grazas... mais non puido ser

Ás 16 h de hoxe rematou sen éxito a nosa campaña, prolongada durante 40 días, para tentar facer unha 2ª edición do esgotado libro A esquerda ante o colapso da civilización industrial. Demos xuntado máis de 1.100 euros pero non era dabondo: quedamos no 55,4% do diñeiro necesario.

Queremos en primeiro lugar darvos as grazas as esas 49 personas que quixestes facelo posible e vos implicastes como mecenas neste crowdfunding: Daniel, Komun, Evazsou, Abraham, Milucho, XCostas, Begoña, Benxa, Manel, Jorge, Damián, Muinheira, Tano, Paula, Daniel, Isabel, Francisco, David, Edulius, Ricardo, Alicia, Joamma, Andrés, Daniel, Huesi, Antonio, Xan, Sechu, Xaquín, Marian, Jovelua, Cresconio, Carlos, Roberto, Ana, Amador, Bubinight, Pepe, Fiona, Marifa, Foncala, Elias, Usoa, EsoDice, José David, Sergi, Fernando, Dacousa e Gregor. Moitísimas grazas!!

Non foi posible engadirmos 200 exemplaresleer más

#07 / Todo un reto: conseguirmos algo máis de 1.000 euros en 3 días

Comeza o domingo 6 de marzo, a 3 días de finalizar o prazo definitivo do crowdfunding para unha 2ª edición de A esquerda ante o colapso da civilización industrial, con 40 mecenas e 887 euros reunidos. Será todo un reto, difícil mais non imposible, dar xuntando nestas 78 horas que faltan os 1.163 euros que restan para que sexan unha realidade eses 200 novos exemplares dunha nova edición mellorada deste importante libro.

Que teríamos que facer para logralo e que non só esas 40 persoas que até o de agora tedes solicitado o libro coa vosa preencarga, senón 160 persoas máis puidesen ter nas súas mans "o libro que toda persoa de esquerda debería ler" (X.V.Pumariño dixit)?

Resultará imprescindible a implicación de todos vós, os mecenas actuais, así como da xente que apoiou e leu a primeira edición. Se tan só cada un(ha) de vós, desas 40 persoas, conseguira que outras 2 se fixesen mecenas (coa opción básica de 18 euros) sería posible completar o orzamento e mesmo superalo.

leer más

#06 / As persoas da política galega acusan recibo dos resultados da enquisa

Lembrades a enquisa que fixemos hai unhas semanas entre as persoas que lestes e/ou apoiastes a publicación do libro A esquerda ante o colapso da civilización industrial?

Ben, pois xa rematamos de comunicarlles aos políticos e políticas que saíron mencionados, os resultados da mesma. E algunhas desas persoas xa deron acuse de recibo e mesmo nos confirmaron que lerían o libro. Velaquí a relación das que respostaron (están en orde cronolóxica segundo foron citados na enquisa):

  • Rafa Vilar (BNG) dixo coñecer xa o limiar de Teresa Moure e confirmou que ía ler o libro.

  • Noa Presas (BNG) gostou (no Twitter) da súa mención.

  • Xosé Antonio Rubal (BNG) acusou recibo.

  • Rafa Cuíña (CxG) acusou a súa mención durante a enquisa e confirmou que o lería (tamén vía Twitter).

  • Ana Miranda (BNG) confirmou en Facebook que o lería.

  • Carme Adán (BNG) tamén se deu por aludida durante a enquisa (no Twitter).

  • Beatriz Sestayo (PSdeG) igualmente (tamén en Twitter).

  • Mar Barcón (PSdeG) outro tanto (Twitter).

  • leer más

#05 / Temos 9 días máis para logralo!

Desde hoxe dispoñemos dunha prórroga de 9 días máis para conseguir os 2.050 euros que precisamos para facer esta 2ª edición de A esquerda ante o colapso da civilización industrial.

A día de hoxe imos polo 31% dos fondos requiridos, así que nos van vir moi ben estes 9 días máis para chegar ao noso obxectivo.

Agardamos que isto nos permita a tod*s (as persoas que promovemos a publicación e mais as que nos axudades como mecenas e falando do libro) ampliar as nosas accións para que aproximadamente a mediados de abril teñamos 200 exemplares máis difundindo a mensaxe do libro que xa comezara espallar a exitosa 1ª edición.

Grazas a todas e todos polo esforzo, que sabemos continuaredes facendo durante estes 16 días agora quedan ata o remate do crowdfunding o día 9 de marzo.

#04 / Resultados da enquisa: Que políticos galegos deberían ler este libro?

Onte, luns día 15, rematou o prazo que déramos para participar no sondeo acerca de cales son os políticos galegos que, en opinión das persoas lectoras e mecenas do libro A esquerda ante o colapso da civilización industrial: apuntamentos para un debate urxente, deberían ler tamén o libro.

Velaquí os resultados, froito da participación de 23 persoas (que corresponden a un 8,5% dos exemplares da 1ª edición do libro):

  • 1) Yolanda Díaz (EU): 11 votos.

  • 2) Martiño Noriega (Anova / Compostela Aberta): 10 votos.

  • 3) Xulio Ferreiro (Marea Atlántica): 6 votos.

  • 4) Xosé Manuel Beiras (Anova) e Carolina Bescansa (Podemos): 5 votos.

  • 5) Carme Adán (BNG), Jorge Suárez (Ferrol en Común), Lara Méndez (PSdeG) e Alexandra Fernández (En Marea): 4 votos.

  • 6) Xavier Vence (BNG), Rafa Cuíña (CxG), Ana Miranda (BNG), Abel Caballero (PSdeG), Xosé Luís Rivas "Mini" (BNG), Sandra González (BNG) e Ana Pontón (BNG): 3 votos.

  • 7) Noa Presas (BNG), Xavier Campos (BNG), Breogán Rioboo (Podemos), Bieito Lobeira (BNG), leer más

#03 / Que políticos galegos deberían ler este libro? Propón 5 candidatos!

Quero poñer hoxe en marcha unha consulta ás persoas que xa coñecen o libro de A esquerda ante o colapso da civilización industrial, e que estará activa até o día 15 deste mes:

Que 5 persoas galegas do mundo da política ou do sindicalismo pensas que deberían ler esta obra? Ou, doutra forma: que 5 políticos galegos de esquerda che gustaría que o lesen?

Se o crowdfunding actualmente en marcha tiver éxito, faríamos o posible por lles facer chegar ás persoas que sexan máis mencionadas nas vosas respostas, un exemplar da 2ª edición.

Como participares? Moi sinxelo: abonda con deixar un comentario ao pé deste mesmo post cos teus 5 nomes propostos.

Propón os teus 5 candidatos (como máximo) e moitas grazas por participares neste sondeo!

PD: Moi boa idea mencionalos en Facebook ou Twitter (se coñeces os seus perfís) como fixo o amigo Xosé Manuel.

#02 / Engadimos un novo tipo de achega, especial para organizacións

Desde hoxe existe unha nova maneira de axudar que se faga posible unha 2ª edición de A esquerda ante o colapso da civilización industrial : achegando 175 euros, calquera organización poderá ter:

  • 5 exemplares do libro.

  • O seu logotipo incluído en todos os exemplares da 2ª edición, e mais no web do libro.

  • E unha charla-presentación organizada en exclusiva para eles, coa asistencia do autor, en calquera lugar de Galiza nunha data e horario por convir.

#01 / E, se xa teño a 1ª edición, como podo axudar agora?

As persoas que xa se fixeran con algún exemplar da 1ª edición están a preguntarnos como poden axudar. Algunha mesmo nos deu ela algunha idea moi interesante, por exemplo, participar outra vez como mecenas pero doar o novo exemplar a algunha biblioteca pública ou dalgún centro social. Nese caso abonda con que, simplemente, cando nos deades o voso enderezo postal para o envío da recompensa, nos indiquedes o nome e enderezo da biblioteca á cal queredes doalo. Ou ben, o voso propio enderezo, e despois entregádelo vós na biblioteca que prefirades. Ou, mesmo, podedes deixar na nosa man a escolla da biblioteca que recibiría o libro.

Tamén, por suposto, é moi útil o labor de difusión das persoas que xa teñen o libro, sobre todo se xa o leron e poden achegar algún comentario en forma de breve reseña ou de artigo extenso. Podedes enviárnolo por calquera medio, p.ex. mediante un comentario ao pé deste blog en Verkami, ou por medio do contacto directo co autorleer más

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies