
There are no ongoing projects, categories or tags with this search...
Click on “Enter” to search among all the projects :)
Dende neno gústame observar todo o que me rodea, persoas, natureza, lugares, creo que isto me levou por diversos camiños, e sobretodo a seguir as miñas dúas paixóns: a bioloxía e a fotografía. Unha sensación que me encanta é cando eres plenamente consciente de que o que te rodea é único e irrepetible e o disfrutas totalmente, vivindo tódolos detalles. As miñas dúas paixóns leváronme a vivir experiencias incribles, visitar paisaxes e xentes por diversos lugares do mundo, como trotamundos, naturalista, biólogo, paseante, viaxeiro, expatriado e sobretodo como namorado da vida. O meu contacto: [email protected]