No hi ha projectes en marxa, categories o tags amb aquesta cerca...
Pulsa ‘Enter’ per buscar entre tots els projectes :)
O que comezou sendo unha modesta iniciativa, emprendida por un grupo de amigos, sen máis ánimo que o de darlle ao rural ourensán novas expectativas de crecemento, acabou converténdose nun dos Festivais de Artes Escénicas máis importante de Galicia. Sete anos despois podemos dicir con orgullo que o deseño dun festival cun espírito próximo e feito con moito agarimo, mesturando cinema, teatro, música, humor, gastronomía e deporte para todos os públicos. Unha aldea de apenas douscentos habitantes, multiplica a súa poboación para albergar este evento, este ano, totalmente gratuíto e aberto ao público.