
There are no ongoing projects, categories or tags with this search...
Click on “Enter” to search among all the projects :)
En AMODO tenda concepto apostamos pola vida local, polo talento galego e por levar o noso ao mundo. Comezamos como unha pop-up no corazón de Ourense e, grazas á vosa acollida, decidimos quedar. Pero agora necesitamos a túa axuda para completar a reforma do local e transformar AMODO nun espazo polivalente onde as exposicions e talleres se mesturen nun ambiente que respire Creatividade e colaboración. Seguir facendo cidade xuntas. Por iso lanzamos esta campaña de micromecenado en Verkami. Todas as marcas que atoparás en AMODO traballamos, fabricamos e tributamos en Galicia, defendendo un consumo responsable e de proximidade. Únete a este movemento polo local. Se parte de Amodo!