❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

"Roedores"

"Roedores" é un proxecto formado por un espectáculo teatral e un libro ilustrado dirixido a rapaces a partires dos 3 anos. Este proxecto trata de educar aos cativos e concienciar aos maiores en valores de fomento da igualdade.

0
seconds
60
Pledges
1.178€
From 1.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer o temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais.

Ao fin e ao cabo..."Todos somos Roedores"

"Roedores" é un espectáculo teatral dirixido por Alex Sampayo e protagonizado polos actores Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña e Carlos Álvarez-Ossorio.

Vai dirixido a rapaces de 3 a 12 anos e ten como obxectivo o fomento da igualdade. A través das aventuras do hámster Peludiño e da rata Munda os pequenos achegaranse a conceptos como a igualdade de xénero, de oportunidades, social e de dereitos.

"Roedores" vai ligado a un conto escrito por Alex Sampayo e Borja F. Caamaño con ilustracións de Rodrigo Chao, que conta a historia dos nosos protagonistas antes de comezar o espectáculo teatral.

A que destinaremos as vosas achegas

Destinaremos as achegas a completar a financiación do espectáculo "Roedores", así como a edición do álbum ilustrado do mesmo nome.

Sobre as recompensas

Temos distintos tipos de recompensas en función da achega de cada mecenas, e van desde o agasallo dun álbum ilustrado ou de entradas para a estrea do espectáculo ata a inclusión da imaxe corporativa dunha empresa en calidade de patrocinadora.

Calendario previsto

A estrea do espectáculo terá lugar o 23 de novembro no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. Ese mesmo día e durante a semana posterior entregaranse todas as recompensas.

+ Info

Páxina web
Facebook

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Redrum Teatro

    Redrum Teatro
    Author

    about 9 years

    Bos días Raquel. A partir de esta semana comezaremos a enviar as recompensas. Apertas!

  • Raquel

    Raquel

    about 9 years

    Como se fará entrega das recompensas? Un saúdo!

  • Redrum Teatro

    Redrum Teatro
    Author

    about 9 years

    Boas Annabel. Moitas grazas pola túa colaboración. Nós é a primeira vez que facemos unha campaña deste tipo, polo que aínda estamos un pouco perdidos. Imaxinamos que ao que se refire esa frase é a que ata que o proxecto finalice ou chegue a cantidade acordada non se efectuará o cargo da cantidade. De todos os preguntaremos o administrador de Verkami para que nos informe. Saúdos e grazas de novo

  • Annabel

    Annabel

    about 9 years

    Disculpad acabo de hacer un pago para vuestro proyecto a través de Paypal, pero me envía un código porque es un "pago con aprobación previa". Es la primera vez que hago un pago de estas características y no encuentro esa casilla, me podéis ayudar?

#02 / Obxectivo acadado!

Moitas grazas a todos por participar neste proxecto. Nesta semana porémonos en contacto con todos vós para empezar a entregarvos a recompensas. Apertas e grazas de novo.

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.