❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

O dereito da infancia a aprender en galego

Necesitamos escolas onde as nenas e nenos aprendan e usen o galego. Tan só 1 de 18 nenas e nenos poden aprender en galego nas escolas infantís sostidas con fondos públicos. Os nenos e nenas que aprenden galego na familia pérdeno na escola.

Galiza co Galego

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
44
Aportaciones
1.040€
De 1.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

O dereito da infancia a aprender en galego

Galicia ten dúas linguas oficiais: a propia do territorio, “o galego” e a do Estado español, “o español”.

Cal é a nosa razón

Conforme o Instituto Galego de Estatísticadende 2003 a 2008 incrementouse en 22.809 o número de persoas que en Galicia non falan galego. Estímase unha perda de máis de 45.600 falantes para o 2014.

A Real Academia Galega informa de que o 40% das persoas residentes en Galicia ten o galego como lingua habitual e o 35% úsao indistintamente co español.

Pese a isto tan só 1 de cada 18 nenos e nenas das escola infantís –sostidas con fondos públicos– poden recibir a atención educativa en galego, segundo o estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Resumindo:

Estanse a dar os pasos para que a lingua galega se sitúe en perigo de extinción.

Estase a denegar o dereito da infancia en Galicia á educación en galego.

Que facer?

Pode contribuír á solución unha acción decidida como a da iniciativa –non gobernamental– promovida pola asociación sen ánimo de lucro Galiza co Galego: as escolas infantís en galego como Avoaescola.

Participe cunha doazón.

Galiza co Galego é unha asociación en prol da educación en galego...

A qué destinaremos ás achegas

Galiza co Galego está a axudar a Avoaescola na comarca de Ferrol (http://gl.wikipedia.org/wiki/Comarca_de_Ferrol) a iniciar o seu andar.

Unha vez conseguido este obxectivo, colaborará para pór en marcha novas escolas infantís en calquera punto de Galicia.

Os agasallos

Galiza co Galego agasallará as persoas colaboradoras con 500 € por cada euro doado,

no caso de que resulte agraciado o número 37.125, Serie 1, Fracción 1ª no sorteo da "Lotería" do 30 de agosto de 2014 co premio especial de 3.000.000 €.

Contacto:

[email protected]

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

4 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Galiza co Galego

    Galiza co Galego
    Autor/a

    más de 9 años

    A conta de Galiza co Galego está na Caixa Rural Galega.

    Número de conta en formato internacional: IBAN () ES57 3070 0044 5860 8530 8424
    (
    ) O Código Internacional da Conta Bancaria (IBAN)

    BIC () BCOEESMM070
    (
    ) BIC (Bank Identifier Code) É o identificador internacional da Entidade Financieira.

    Formato anterior a norma europea das entidades en Galiza, e que continúa en uso.

    O número de conta : 3070-0044-58-6085308424.

    Por favor (cando realice o ingreso) escriba no concepto "dereito+seu email", deste xeito quedará reflectida a súa achega e nos poñeremos en contacto con vostede para informar e enviar os agasallos.

  • Camilo Rodríguez

    Camilo Rodríguez

    más de 9 años

    Hola,

    Queria facer una aportación on-line mais o número de conta parece ser que non é correcto.

  • Galiza co Galego

    Galiza co Galego
    Autor/a

    más de 9 años

    Grazas pola túa atención.

    O noso número de conta é de Caixa Rural Galega: ES57-3070-0044-5860-8530-8424.

    Por favor (cando realice o ingreso) escriba no concepto "dereito+seu email", deste xeito quedará reflectida a súa achega e nos poñeremos en contacto con vostede para informar e enviar os agasallos.

  • María Baldomir

    María Baldomir

    más de 9 años

    Boas noites. Ante todo, parabéns polo que levades conseguido ata o de agora. Gustaríame participar no proxecto, mais non me fío moito da internet.Habería algún outro xeitode pasarvos o diñeiro? Un número de conta, por exemplo?

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies