QUEN SOMOS
Somos unha banda nacida en Vigo e influenciada polo son Reggae Roots dos anos '70. Dende os nosos inicios exploramos este estilo, realizando varias gravacións de estudo, que podedes escoitar en Zamaramandi.com.
Tamén traballamos como banda de acompañamento de artistas como Benjammin', Roberto Sánchez ou Alpheus.
Na actualidade, a banda creceu e está formada por doce músicos con ganas de mostrar un son novo e persoal, a través de influencias doutros estilos como o Jazz ou o Soul.
QUE QUEREMOS FACER
Queremos plasmar as nosas novas composicións nun disco. Para iso, contamos coa produción de Roberto Sánchez.
Estes últimos meses gravamos a base instrumental e as voces en A-Lone Ark Muzik Studio (Santander) e a sección de ventos en Muu! Estudio (Vigo), polo que só queda mesturar o disco para a súa posterior edición.
A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS
Gravar, editar e lanzar unha primeira tirada de CD e vinilo ten un custo, do que asumimos unha gran parte. Pero por desgracia non podemos cubrir os gastos por completo. Pedímosvos a vosa axuda para darlle o impulso definitivo a este traballo, e que poidades gozalo tanto como nós gozamos creándoo. As vosas aportacións estarán destinadas a custear a edición do disco, o que inclúe poder facer esa primeira tirada.
QUE RECIBIREDES A CAMBIO
Cada aportación leva consigo unha recompensa como agradecemento pola axuda que nos brindades. Dependendo da cantidade aportada, as recompensas varían dende a descarga dixital, coa que poderedes escoitar o disco antes que ninguén, ata un concerto en exclusiva, pasando por CDs, vinilos, entradas para concertos de presentación, pósteres asinados deseñados por Sil Cunningham...
CALENDARIO
A entrega das recompensas realizaríase durante Maio e Xuño. Poderedes recollelas en calquera concerto de presentación ou enviaránsevos a casa sen custo adicional.
1 comentario
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
antonio
Hola: pregunto a Zamaramandi porqué ya estamos en septiembre, y yo personalmente como mecenas del disco Mesopelagic no tengo ninguna noticia ni del grupo ni de la fecha de entrega del disco, a pesar de que ya está a la venta en discos LP, en Vigo.