Para poder interactuar correctamente y obtener el mejor funcionamiento posible de nuestro sitio web, te recomendamos que actualices tu navegador a una versión más reciente o utilices otro como Chrome o Firefox.

¡ Estrenamos nueva web !

O que hai que facer para non ir ao mar! Unha viaxe a través do teatro galego.

O QUE HAI QUE FACER PARA NON IR Ó MAR! UNHA VIAXE A TRAVÉS DO TEATRO GALEGO é unha longametraxe documental que revisa a historia do teatro galego na segunda metade do século XX, dende a mirada de Uxía, a filla de Tuto e Mariajo, dous actores de teatro xa falecidos.

Iago Vázquez

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
221
Mecenas
8.760€
De 8.000€
Aporta al proyecto

SINOPSE.
Uxía, filla de Tuto Vázquez e Mariajo Mosteiro, dous actores de teatro xa falecidos, ten curiosidade por saber como foron os anos nos que os seus pais percorrían Galicia representando funcións. Como xa non están, decide facer unha viaxe histórica e emocional a través dos compañeiros/as de profesión de Tuto e Mariajo e explorar así a historia do teatro galego daquela época.

O DOCUMENTAL.
Anos sesenta do pasado século. Un grupo de mozos e mozas de diferentes lugares do país comezan a interesarse polo teatro, un teatro totalmente amateur e en galego. Este é o comezo da nosa viaxe. Unha viaxe que percorre Uxía en busca do pasado dos seus pais.

A curiosidade de Uxía faina visitar teatros, auditorios, escolas de teatro ou locais de ensaios. Todo para que a xente que se dedicou ao teatro con Tuto e Mariajo lle conten como foi aquela época onde faltaba de todo pero sobraba ilusión e gañas de facer teatro.

O documental é unha homenaxe a esas persoas que dinamizaron o sector teatral, e a cultura en xeral, despois da postguerra en Galicia.

As persoas que interveñen no documental tiveron, xunto con outra moita xente, unha gran relevancia na evolución do teatro cara un profesionalismo que aínda hoxe non se acadou de todo.

Pola boca das doce persoas coas que Uxía conversa sairán anécdotas,denuncias, alegrías...dunha época na que non hai grandes estudios, nin bibliográficos nin, moito menos, audiovisuais.

Neste proxecto fúndense tres conceptos básicos: o teatro, a familia e a amizade.

Ademais desta volta ao pasado, Uxía convivirá un día de función con Eduardo Alonso e a compañía Teatro do Noroeste, podendo palpar como é unha xornada de representación, como o vive o director, os actores...

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
Nestes momentos estamos á espera de poder conseguir financiamento para gravar a práctica totalidade das secuencias.

Coas vosas achegas, alugaremos parte do material de gravación. Tamén estarán destinadas aos gastos de produción como gasolina, gastos xerais, materail funxible, adquisición de equipamento...

CALENDARIO
Temos previsto realizar unha roda de prensa a mediados do mes de febreiro para presentar o proxecto e poder lanzar a campaña do Crowdfunding. A principios do mes de abril comezaremos coa rodaxe do documental, a cal prolongarase ata o mes de maio.

Está previsto estrear o documental a última semana de setembro.

As recompensas entregaranse o día da estrea, agás a visita ao set de rodaxe e a proxección privada con coloquio final de parte do equipo técnico, os cales cocretaranse por email cos interesados/as.

DIRECTOR

Iago Vázquez

Director e produtor de curtametraxes. Tamén colaborou en documentais como "Koruño, legado de Hércules", o cal foi nomeado pola Academia Galega do Audiovisual (Mestre Mateo) ao mellor documental no ano 2011 ou "Indignados". Despois de pasar polo Máster de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) da o salto á longametraxe documental con "O que hai que facer para non ir ao mar. Unha viaxe a través do teatro galego".

PROTAGONISTAS
Uxía Vázquez. Conductora do documental.
Agustín Vega. Actor e director.
Xosé Vilarelle. Actor.
Amparo Gómez. Actriz.
Elina Luaces. Actriz.
Luisa Merelas. Actriz.
Amalia Gómez. Actriz.
Manuel Lourenzo. Autor, director, actor e tradutor.
Santiago Fernández. Actor e director.
Miguel Pernas. Actor, autor, tradutor, director, adaptador e deseñador.
Eduardo Alonso. Director, actor, autor e iluminador.
Lino Braxe. Autor, director, actor.
Xulio Lago. Director, adaptador, actor, autor.

Enlaces do proxecto:
Páxina web
twitter.com/oquehaiquefacer
facebook.com/oquehaiquefacerparanoniraomar
info@oquehaiquefacer.com

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

0 comentarios

Si ya eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

#12 / Diario de Rodaxe. Dia 6.

Día 6. 12 de maio de 2014 Interior/CasaHamlet/Día

Hoxe foi o último día de gravación, aínda que xa todos considerábamos que a derradeira xornada fora onte, chea de traballo e de emocións fortes.
Dirixímonos a CasaHamlet para asistir a unha clase de interpretación a cargo de Santiago Fernández. Uxía participou activamente na hora e media que durou a formación.

Utilizamos equipo reducido, é dicir, o equipo mínimo imprescindible para non interromper o normal funcionamento da clase.
A gravación transcorreu de forma correcta. Usamos dúas cámaras, unha para planos curtos e outra para planos máis abertos. No son utilizamos un micro de solapa para Uxía e un micrófono ambiente para o alumnado e para Santiago. Temos que dar as grazas a todas as alumnas e alumnos que fixeron posible filmar esta secuencia.

E pouca cousa máis que contar do día de hoxe…
leer más

#11 / Diario de Rodaxe. Dia 5.

Día 5. 11 de maio de 2014 Interior/Teatro Colón/Día e Interior/Casa Uxía/Noite

O de hoxe foi un dos días que máis temíamos cando estábamos na fase de preproducción: tres encontros diferentes en dúas localizacións distintas.
A xornada comezou ás 9 da mañá no Teatro Colón da Coruña. A primeira cita do día foi con Lino Braxe, gran amigo dos meus pais. Dividimos a sesión en dous bloques: o primeiro foi máis íntimo, nun dos palcos; o segundo, no que falamos máis do teatro e da historia do propio Lino, foi no escenario. Gravar nun lugar coma o Colón deunos a oportunidade de rodar planos impresionantes que creo que lle darán un gran valor á historia que queremos contar neste documental. O encontro foi ameno e descubrimos facetas de Lino sorprendentes...

Pola tarde foi a… leer más

#10 / Diario de Rodaxe. Dia 4.

Día 4. 27 de abril de 2014. Interior/CasaHamlet/Día

Hoxe volvemos a CasaHamlet, onde comezou todo, pois foi nesta escola de interpretación coruñesa onde presentamos o inicio da gravación e a campaña de crowdfunding.

Despois dos problemas técnicos que tivemos onte, esta mañá fomos todos máis relaxados a gravar o encontro entre Manolo Lourenzo e Santiago Fernández, dous referentes do teatro e da formación de intérpretes no noso país.

Queríamos tocar dous grandes temas: por unha banda, a historia do teatro galego dende mediados dos anos 60 ata a actualidade e, por outra, a evolución da formación en arte dramática ata os nosos días. Todo iso aderezado con anécdotas persoais de Tuto e Mariajo.

As impresións coas que saio desta xornada de gravación son moi positivas.… leer más

#09 / Diario de Rodaxe. Día 3.

Día 3. 26 de abril de 2014. Exterior/Casa Veigue/Día

Hoxe gravamos unha das secuencias que máis ganas tiña de rodar polas persoas protagonistas: Luísa Merelas, Elina Luaces e Amalia Gómez. As tres, ademais de ser unhas das mellores actrices da escena galega, son grandes persoas, polo que estaba seguro de que o encontro tiña que funcionar.

O día complicouse axiña. A nosa intención era gravar o encontro en exteriores, nun sitio algo apartado da civilización. Escollemos os xardíns dunha casa que ten un significado especial para min. Pero se gravas en exteriores en Galiza, sempre estás exposto ás adversidades climatolóxicas. E hoxe non foi unha excepción...

Enfrontámonos coa chuvia (antes de gravar), co sol, con nubes e, finalmente, co vento. A decisión houbo que tomala rapidamente: gravamos fóra ou cambiamos a interiores, ao salón da casa? Tras falar cos xefes de equipo, decidimos arriscarnos e seguir co plan inicial.

leer más

#08 / Diario de Rodaxe. Día 2

Día 2. 13 de abril de 2014. Interior/Almacén/Día.

Hoxe gravamos con Xulio Lago, un dos encontros máis difíciles de preparar e planificar para min. De todos os protagonistas que pasarán polo documental, Xulio é o que menos coñezo, polo que tampouco sabía moi ben como tratalo.

Chegamos con certo retraso ao local de RTA, un local de ensaio e de almacenaxe de Santiago de Compostela. Colocamos o set e Óscar, Jorge e demais equipo de fotografía e operadores dispuxéronse a preparar a iluminación e a posición das cámaras. A pesar de ser un día primaveral facía bastante frío na nave.

Uxía e Xulio chegaron á localización case a vez. Como no día anterior, a puntualidade de inicio de gravación sería posible. Tiven unha pequena reunión cos dous protagonistas deste encontro. Expliqueilles o que quería conseguir nesta secuencia e como o quería conseguir. Despois, como aínda o equipo técnico non estaba preparado, comezamos a falar de teatro.
leer más

#07 / Diario de Rodaxe. Día 1

Día 1. 12 de abril de 2014. Interior/Casa Uxía/Día.

Hoxe retomamos as gravacións do documental. Xa graváramos unha secuencia en decembro con Eduardo Alonso. Hai novos membros do equipo. Como creceu o proxecto duns meses para a esta parte!!
Coa responsabilidade que nos dan as decenas de persoas que apoiaron o noso documental nas redes sociais e na campaña de crowdfunding puxémonos mans a obra.

Hoxe tocaba gravar a primeira secuencia en orde de edición do docu. Nada máis e nada menos que con Agustín Vega, Amparo Gómez e Xosé Vilarelle, as tres persoas máis próximas aos meus pais e que estiveron con nós nos duros momentos que pasou a nosa familia. Esta secuencia é unha especie de agradecemento polos apoios que tivemos deles naquela época.
Todo saíu como tiñamos previsto, algo tamén pouco… leer más

#06 / Agradecementos e inicio de Gravación

O vindeiro día 12 de abril iniciaremos a gravación do documental. Será a primeira secuencia e reunirá a Uxia con Amparo Gómez, Agustín Vega e Xosé Vilarelle.

Iremos comentando todas as novas que vaian xurdindo durante o proceso de realización a través de este blog, na páxina web e nas diferentes redes sociais.

Dende a produción de “O que hai que facer para non ir ao mar!” queremos tamén dar as GRAZAS a todas as persoas que, coas vosas achegas, fixestes posible que a campaña de crowdfunding fose todo un éxito.

Arrancamos todos xuntos esta viaxe a través do Teatro Galego!

#01 / Trailer de presentación do proxecto

Trailer de presentación do proxecto documental "O que hai que facer para non ir ao mar" no que se recolle a gravación do primeiro (e único por agora) día de rodaxe con fragmentos da entrevista de Uxía a Eduardo Alonso e imaxes do seu espectáculo "Touporroutou da Lúa e do Sol" de Roberto Vidal Bolaño

10€
73 Mecenas

Invitámoste á estrea do documental
+ Poñemos o teu nome nos títulos de crédito como colaborador/a.

30€
71 Mecenas

Invitámoste á estrea
+ Poñemos o teu nome nos títulos de crédito como colaborador/a
+ Entregámosche o DVD do documental.

50€
52 Mecenas

Invitámoste á estrea
+ Poñemos o teu nome nos títulos de crédito como colaborador/a
+ Entregámosche o DVD do documental
+ Unha botella de ACEITE OLEI.

100€
17 Mecenas

Invitámoste á estrea
+ Poñemos o teu nome nos títulos de crédito como colaborador/a
+ Entregámosche o DVD do documental con material promocional (tomas descartadas, entrevista co director...)
+ Unha botella de ACEITE OLEI
+ Pase para unha proxección privada do documental que se fará en diferentes cidades galegas e asistir ao posterior coloquio con parte do equipo técnico.

200€
8 Mecenas

Invitámoste á estrea do documental + Formarás parte dos MECENAS PREMIUM (mención especial tanto nos créditos do documental como en todo o material promocional -carteis, flyers...-) + Entregámosche o DVD do documental con material promocional (tomas descartadas, entrevista co director...) e unha botella de ACEITE OLEI + Visita o set de rodaxe e bótanos unha man na gravación + Proxección privada do documental que se fará en diferentes cidades galegas e asistir ao posterior coloquio con parte do equipo técnico.

Las cookies nos ayudan a ofrecer nuestros servicios. Al continuar navegando aceptas su uso.