❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Novo disco de ulträqäns

SEN VÓS NON SOMOS NADA! Ulträqäns volvemos a petar con fúria zoupadora nas vosas portas para vos presentar o que será o último e definitivo ulträdisco do 2014, un traballo que será histórico e estará petado de octanos e etilocafeína! Pasen, desfruten e colaboren na creación do próximo ulträCD

ulträqäns

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
106
Aportaciones
2.315€
De 1.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

COLABORA CO QUE BOURA!!

Pois si amighos!!!! Nós pedimos e vós dades e como nós somos moi pedichóns aquí está o segundo ulträreto verkamístico: CHEGAR AOS 100 MECENAS!!!

Avante toda, qänmäradas!!!

NON PARES!! SIGUE!! SIGUE!!! NON PARES!! SIGUE!! SIGUE!!!

Logo de máis de dous anos do lanzamento do noso primeiro ulträéxito e despois de tronzar os cenarios de toda Galiza no Grelo Folc de Monfero, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Rebumbio de Mos, Lugnasad de Bretonha, Festigal de Compostela, Festa da Carballeira de Zas, Festa Folc de Vilariño, Festival da Chaira, Festas da Dorna, Antros Pinos de Taragoña, Magosto Celta de Balboa,As Revenidas de Vilaxoán, Terra e Língua de Artábria, Festival de Naraío, Festival da Poesía do Condado, Festival de Pardiñas, Terra Brava do Íncio… até chegar logo alén dos petoutos no Womad de Cáceres, no Festival Mendebala de Bizkaia, ou en Nafarroa, Gasteiz, Vallekas, Valladolid ou Segovia e incluso proclamarnos xustos e merecedores gañadores do festival Ibero Folk de Huesca neste 2013, os ulträqäns volvemos a petar con fúria zoupadora nas vosas portas para vos presentar o que será o último e definitivo ulträdisco do 2014, un traballo que sen dúbida será histórico e estará petado de octanos e etilocafeína!

Abride as vosas carteiras e preparade os vosos oídos porque como xa dixo o mestre Sechu Sende " Os vossos ouveos transfórmanse nas nossas palavras. A vossa música forma parte do nosso idioma. Os vossos sons son como somos. Nós. E máis alá, ULTRÄQÄNS."

O disco estase a gravar nos Estudos Amil na Coruña con Fran Amil pilotando a nave; da mestura final e gravación das baterías encargarase o sempre impoluto Tomás Ageitos "Tomitón" nos Estudos A Ponte en Compostela. O deseño serán as máns e a xenialidade do grande Javi Prieto quenes se encarguen de facelo. Un trío de ases que farán que a parte técnica e visual do disco sexan irreprochaveis.

A data de lanzamento do esperado proxecto será a primavera do 2014, e faranse presentacións do mesmo nas catro provincias do país.

Neste traballo o equipo ulträqänido de base está formado por "dende a esquerda" ;) :

-Antom Díaz (Tarakanov): Baixo, baixo fretless, contrabaixo, voz, dispensador de francachelas, macaco nervudo, isótopos no peto, semidescontrol loco-motivo.

-Francisco Amil (Amilón ou Amilenko): Parches e coiros ulträtrebónicos, voz, alaridos from hell, arroz manager, fotoxornalista incorrupteivol.

-Manu Seoane (a.k.a. Knopfler): Fender stratocaster, fender strato-cúmulos, fender-testas, afinacións retroindustriais, malladora sidero-carballeroide.

-Aarón Bouzón (Cachisnamar): Frauta, gaita galega, EWI4000, whistle,Sintetizador Korg, chintófano dos tronos, vocecillas surtidas, movimentos ameboides.

-Pablo Añón (Pablo Sax): Metais pesados e preciosos, soplista bebopesco, dancin’ escachístico, browni in the night with moito on the rocks.

Haberá tamén espazo para colaboracións de grandes músicos e iconos do noso país que iremos desvelando no día a día... Incluso ti podes colaborar nun tema que faremos exclusivamente para os mecenas que gostasen de ser inmortalizados no ulträdisco, mirade cara a esquerda e buscade esa opción!!

Que o desfruten. Chipirixouba!

Ulträweb

Exclusivo poster "Xan Carallás" deseñado por Javi Prieto tamaño 50x70

E acó tendes o primeiro disco coa primeira formación, do ano 2011, para que vaides preparando as orellas!! :)

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

1 comentario

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • sabianaax

    sabianaax

    más de 9 años

    cando ides a enviar os artículos pactado cos mecenas, moitas gracias

#02 / 2001, Unha Odisea Ultraqänida!!!

Parabens!!! Amigas e amigos!!!

O noso ulträverkami até o de agora foi un auténtico éxito! A 15 días de rematar a ultráqämpaña xa botamos por fóra!! BIBA!!!

Pero isto é só o comenzo, xa que os 1500 ouros só nos dá para pagar unha parte do SEGUNDO ULTRÄDISQÖ!!! Fumos modestos nas nosas pretensións, xa que se non chegabamos até eses 1500 ouros, perdíamos todo o recadado, así que, nadando pero gardando a roupa... os ultraqänzinhos superamos grazas a todos VÓS a primeira dura etapa crowdfundingueira!!!

Pero nós non somos precisamente conformistas, así que... así que precisamos chegar á nosa segunda ulträ-meta que é... CHAN-CHAN-CHAN-CHAN (así falou zaratrustra!)

2001 UNHA ODISEA ULTRÄQÄNIDÄ!!!

TAAAAA-TAAAAAAAA-TAAAAAAAAAAA!!

CHAN-CHAN!!!!

POM-POM-POM-POM-POM-POM-POM-POM-POUM!!!

É o noso reto espacial e evolutivo, a ver se chegamos até os 2001€… leer más

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies