Un pequeno territorio de pouco máis de un quilómetro cadrado acadou sona en todo o mundo. En Perlío batíronse records do mundo coa construción de barcos como o Arteaga, o Santa María ou unidades off shore como o Discoverer Enterprise. Pero tamén no seu estaleiro, os empregados foron punta de lanza na loitas polas liberdades e empeñáronse nunha das grandes batallas da clase obreira na Europa do século XX: a loita contra a reconversión naval.
CONSTRUCTORES DE NAVES
Na ría de Ferrol construense e reparanse barcos dende hai 425 anos. En Perlío establécese a comezos do século XX un estaleiro que a mediados da centuria se transformará en Astano. As naves teñen alma e sensibilidade, a depositada por todas as persoas que colaboran nese proceso que comeza coa posta de quilla e remata coa botadura e entrega ao armador.
REDES DE SOLIDARIDADE
Entre 1972 e 1987, Astano convertiuse en punta de lanza do movemento obreiro, escola de solidariedade e canteira dun espiritu de loita e rebeldía desinteresada.
A HISTORIA DAS MAIORÍAS
As xentes do traballo, do mar, do agro, as maiorías sociais son as que provocan os cambios máis profundos na comunidade. Investigamos a historia para devolverlla aos verdadeiros protagonistas.
EDICIÓN DO LIBRO "PERLÍO NO PASADO"
As vosas aportacións adicarémolas á impresión do libro e ao envio aos colaboradores.
O libro chegará ao enderezo que nos facilites antes do 6 de xaneiro do 2014.
5 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Josep Berenguer
Hola buenos días
Nuestra propuesta de colaboración consiste en imprimir su libro en nuestra empresa de artes gráficas INOM,S.A., con un importante descuento sobre presupuesto.
Nuestro mail es: [email protected], 610403672
gracias
Son Radiofusión
Autor/a
Podes solicitalo ao correo [email protected] e enviarémoscho. Grazas.
María
¿ardeCómo podo conseguir o libro pois cheguei tarde para colaborar?
Son Radiofusión
Autor/a
Moitas grazas Alfonso. Xa pensaremos a ver cómo nos podes axudar. Poñerémonos en contacto contigo.
alfonso tellado
Como se pode colaborar con esta iniciativa. Estou ao que queirades.Forte aperta