Para poder interactuar correctamente y obtener el mejor funcionamiento posible de nuestro sitio web, te recomendamos que actualices tu navegador a una versión más reciente o utilices otro como Chrome o Firefox.

¡Descubre los 10 Verkamis que marcaron el 2018!

Masterización e edición do álbum "As raíces da revolta", de BORDERLINE79

Somos BORDERLINE79, grupo de metal alternativo da Arousa (GZ). Acabamos de mergullarnos na aventura do crowdfounding para poder facer real a ilusión de editar o noso primeiro disco.

BORDERLINE79

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
52
Mecenas
1.200€
De 1.000€
Aporta al proyecto

Somos BORDERLINE79, grupo de metal alternativo da Arousa (GZ). Acabamos de mergullarnos na aventura do crowdfounding para poder facer real a ilusión de editar o noso primeiro disco.

Xa levamos un ano interpretando en directo moitos dos temas que integrarán este primeiro álbum que se titulará “As raíces da revolta”. Para que agora os poidades escoitar na vosa casa precisamos da vosa axuda.

POR QUE "AS RAÍCES DA REVOLTA"?

Para nós, "As raíces da revolta" é un punto de partida dende o que queremos mostrar a evolución do grupo desde que se formou até o presente, intentando dar a entender cal será a nosa liña continuadora nun futuro. As letras deste álbum tratan de amosar, dalgunha maneira, as raíces da situación de malestar social que estamos a vivir, na que vemos que se está a xestar un cambio importante entre o pobo. Música e letra combínanse nunha evolución paralela en forma de manifesto no que queremos facer presente a necesidade de que a xente se erga e loite. De aí o título dun disco que sempre se deberá ver en perspectiva de futuro.

QUEN SOMOS?

BORDERLINE79 é Artur Silveiro, Joel Oubinha, Jose González, Antón Blanco e Borja Torrado.

PARA QUE PRECISAMOS OS CARTOS?

Os cartos deste proxecto valerannos para poder seguir adiante coa masterización do álbum nos estudos Pousada Son de Iago Pico (nos que se gravou a Ruxe-Ruxe, Deseqilibrio Mental, Machina, Cobus...), o mesmo lugar onde xa foi gravado. Tamén precisamos os 1.000€ para facer unha edición física en formato CD e poder promocionar o LP por diversos espazos web e salas de concertos na extensión do territorio galego.

CALENDARIO

Se todo saír ben, farase a presentación do LP no mes de abril cun concerto especial en Santiago de Compostela no que tamén se entregarán as recompensas.

CONTACTO

Facebook
Twitter

Correo electrónico: borderline_79@hotmail.com

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

0 comentarios

Si ya eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

1€
3 mecenas

Aportación desinteresada para apoiar o proxecto.

2€
1 mecenas

Aportación desinteresada para apoiar o proxecto.

5€
2 mecenas

1 Descarga dixital do disco en alta calidade de audio e con todo o traballo de deseño do formato físico + chapa + adhesivos.

10€
7 mecenas

1 CD físico + 2 adhesivos.

15€
3 mecenas

1 Descarga dixital + 1 CD físico + Chapa + 2 Adhesivos.

20€
22 mecenas

1 Descarga dixital + Camisola Exclusiva co deseño gráfico do álbum por CARAMUXO + CD físico + Chapa + Adhesivo + Entrada para o concerto presentación do CD en Santiago de Compostela.

30€
6 mecenas

2 Descargas dixitais + 2 CD´s + 2 Camisolas Exclusivas co deseño gráfico do álbum por CARAMUXO + 2 Chapas + 2 Adhesivos + 2 Entradas para o concerto presentación do CD en Santiago de Compostela.

50€
7 mecenas

3 Descargas dixitais + 3 CD´s + 3 Camisolas Exclusivas co deseño gráfico do álbum por CARAMUXO + 3 Chapas + 3 Adhesivos + 3 Entradas para o concerto presentación do CD en Santiago de Compostela + Mención especial nos créditos do CD.

79€
0 mecenas

7 CD's físicos + Adhesivos + 7 hamburguesas de cacique con sabores a escoller entre Rafael Louzán, Telmo Martín, Xosé Cuíña ou J. L. Baltar (non aseguramos que poidan ser diferenciados os sabores con facilidade) + 9 croquetas de Rouco Varela

100€
1 mecenas

6 CD´s + 6 Camisolas Exclusivas co deseño gráfico do álbum por CARAMUXO + 6 Chapas + 6 Adhesivos + Mención especial nos créditos do CD.

250€
0 mecenas

15 CD´s + 15 Camisolas Exclusivas co deseño gráfico do álbum por CARAMUXO + 15 Chapas + 15 Adhesivos + 15 Posters do grupo + Mención especial nos créditos do CD.

500€
0 mecenas

1 Concerto privado de BORDERLINE79 + Mención especial nos créditos do CD + Agasallos.

666€
0 mecenas

Pack BRUTAL:

Enviaremos o diaño á túa casa con 6 camisolas, 6 empanadas de carne do noso benquerido Manuel Fraga Iribarne e 6 CD's co teu nome gravado con lume especialmente sacado do inframundo para ti .

1.000€
0 mecenas

Cada membro de BORDERLINE79 raparase a cabeza e enviará fotos e video dos piollos que deixará sen fogar + 1 Concerto privado de BORDERLINE79 + Mención especial nos créditos do CD + Agasallos.

Las cookies nos ayudan a ofrecer nuestros servicios. Al continuar navegando aceptas su uso.