❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

a volta dos nove

Outubro de 1936. Na noite do día 15, nove homes sos sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo e levados as aforas de Baiona. Alí serían salvaxemente asesiñados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días. Pero tamén era o comenzo dunha lenda: a das cruces de "A VOLTA DOS NOVE".

O Faiado da Memoria

A project of

Category

0
seconds
51
Patron
1.230€
From 1.200€
Contribute to the project
View project in Castellano

A VOLTA DOS NOVE é un documental de memoria oral que comenza na actualidade e viaxa, nun longo flasback, cara os anos trinta.

Por medio de distintas testemuñas orais, vamos a construir un feito que deixou marcada a unha comarca pontevedresa durante xeracións. Tra-lo golpe de estado do 17-18 de xullo de 1936, vai a comenzar unha longa Guerra Civil que vai durar hasta 1939.

O momento de climax desta historia vai a situarse en outubro de 1936, ainda recén comenzada a contenda.

Galicia. Pontevedra. O Val Miñor. Aquí non había campos de batalla. Non se escoitaban explosións. Pero hai vítimas que se agochan dos seus perseguidores. Personas que aparecen, asesiñadas, nas cunetas das estradas ou nas praias.

Na noite do 15 de outubro para o 16, nove homes van a ser sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo, onde esmorecían centos de personas afíns a democracia e a República, e levados as aforas de Baiona, 18 kilómetros mais lonxe e perto das súas casas. Alí, nunha volta da estrada que vai de Baiona a Guarda, que desde ese día ía a levar o nome deles, serían salvaxemente asesiñados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días antes e que xa contabilizaba catro mortes mais. Pero era o principio dunha lenda: a das cruces de A VOLTA DOS NOVE.

cartel
cartel

Desde ese día e hasta ben rematada a ditadura, van a aparecer nesa mesma volta van a aparecer, dibuxadas no chan, nove cruces en lembranza dos nove homes. Malia a persecución na percura de quen poidera facer esas marcas e de ser constantemente borradas, as cruces seguían aparecendo un día tras outro durante eses corenta e tantos anos.

Hoxe o lugar é un espazo para a Memoria e as cruces mantéñense, agora impresas, como lembranza de todo aquilo que sucedeu e que é preciso lembrar.

O documental nace pois como si fose un desexo do/a dibuxante das cruces, como un continuador do facedor desas marcas que, parafraseando a Cernuda, nos está a decir: Lembrao ti e cóntallo a outros.

Este traballo comenzou a xurdir a partir de entrevistas a personas que viviron aqueles acontecementos ou que tiveron unha participación directa nos mesmos ou as familias que sufriron aquelas embestidas do cruel destino.

Con parte dese traballo realizouse unha curtametraxe que nos narra a historia que vai dar lugar a vinganza do día 15: o asalto a casa onde se agochaban os dous irmáns López Luis (protagonistas de parte desta historia) e que van a ser asesiñados xunto a muller que cuidaba a casa, Dolores Samuelle. Pero eles van a deixar un morto entre o grupo asaltante e que vai ser o motivo para desenvolver a posterior matanza. “Por un mataron a nove –comenta unha testemuña- iso non pode ser”.

Outro dos anacos que editamos a partires destas gravación foi o momento crucial do asesinato dos nove realizados con animación.

O material recollido durante estes anos foise editando pouco a pouco e hoxe está a punto de ser rematado. Pero faltan pequenos elementos que, polo seu custe económico non podemos levar a cabo e é o motivo de realizar esta petición de crowfunding.

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS
Pasado xa un tempo, e logo de acometer outros traballos sobre memoria oral, é hora de intentar rematar este documental. Por iso facemos esta petición, pensando mais alá dunha donación, buscamos plantexar, co seu apoio a este chamamento de axuda ou non, a necesidade de acabar de conta-la historia (ou deixala sen facer).

As necesidades básicas do proxecto é a postprodución tanto en vídeo como en audio. Este é o motivo principal desta solicitude. Logo, en caso de superalas as primeiras expectativas ou cantidade incial, habería a posibilidade de crear a música adecuada para elo e/ou pagar os dereitos de determinados temas que nos gustaría aplicar no traballo así como o de mellorala edición do deuvedé.

CALENDARIO
O cálculo que temos previsto, dependendo doutras actividades a realizar dentro da a.c. O Faiado da Memoria e das dispoñibilidades das personas que estarían implicadas na fase final do documental, é de telo rematado para mediados de marzo de 2014. A continuación, tralos pases de estrea, entregaríanse os dvd's prometidos.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

10 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • O Faiado da Memoria

    O Faiado da Memoria
    Author

    about 5 years

    María, gracias por preguntar xa que así décheme presas para buscar a forma de poder contactar de novo cos donantes tras problemas pasados coa informática.
    Acabo de enviar un correo a tódos vos (recolleran ou non a súa recompensa) para que se poñan en contacto con nós para ver de recollela por que a unha boa parte deles e delas non vos coñecemos.
    Espero que nos respondades e poidamos facer entrega de todo o prometido e poidades disfrutar na casa do traballo que rematamos e estamos a exhibir por diversas vilas (o día 13 de decembro, sábado, en Cuntis, as 12:00 horas).
    Un saudo e esperamos a túa resposta polo correo particular.
    Gracias.

  • María

    María

    about 5 years

    ¿Y para cuando estarán los DVDs? Ya hace unos meses del inicio de las proyecciones y aún no se sabe nada. (Mucha suerte en culturgal este fin de semana)

  • O Faiado da Memoria

    O Faiado da Memoria
    Author

    about 5 years

    Hola Rosa, el documental está acabado. Solo falta colocarle la música y eso depende de que nos la entregue el músico aunque ha quedado en hacerlo en este mes de Julio. Es lo único que nos ha retrasado.
    Al estar en los meses de verano (julio-agosto) y entre las vacaciones de unos y otros, que la gente estará mejor en las playas (esperando ese sol que no llega) tendremos que posponer el estreno y la difusión pública del documental a partir de septiembre.
    No entiendo lo de la recaudación, ya que para el documental "A VOLTA DOS NOVE" la cantidad fue de 1.390 €, 1.230 a través de Verkami. El otro documental que aparece en esta página es nuestro anterior trabajo "DESDE DENTRO DO CORAZÓN" que ya se hizo y se estrenó hace año y medio. Por lo tanto no entiendo eso ya que no coincide con nada de lo que tenemos.
    Si me envías un correo te puedo contestar y avisar del estreno puesto que no me figuras en la base de datos que me facilitó verkami.
    Muchas gracias.
    Antonio.

  • ROSA M. VALVERDE CRUCES

    ROSA M. VALVERDE CRUCES

    over 5 years

    Buenas tardes Antón:
    Quería saber cómo va el tema del documental, ya que estamos es julio.
    Además ahora entro aquí y veo que de los 2.300 € recaudados, sólo fueron para el proyecto de "A volta dos nove" 550 y el resto para otro, no entiendo mucho :-

  • O Faiado da Memoria

    O Faiado da Memoria
    Author

    over 5 years

    A campaña de verkami xa rematou. Pero ainda queda en pe as contas de La Caixa e Banco Gallego Sabadell, ambas en Vilagarcía.

    So hai que realizar un depósito nunha delas (
    La Caixa:
    2100 1785 48 0100464434

    Banco Gallego Sabadell:
    0046 0007 18 1000000515) e por un nome como concepto para saber de quen é.

    Gracias Mon.

  • Mon G. Buhigas

    Mon G. Buhigas

    almost 6 years

    Ola. Tiña intención de ofrecer a miña aportación ó proxecto antes da data límite. Por mor do pasamento de meu pai o 17 de Decembro esquecín que remataba o día 7 de Xaneiro. Aínda así gostaríame facer a miña contribución. Aínda estou a tempo? Saúdos

  • O Faiado da Memoria

    O Faiado da Memoria
    Author

    almost 6 years

    Si. É unha das cousas que anunciamos xa que moita xente non adoita utilizar internet para as súas transacións económicas. Por iso temos habilitada unha conta en "La Caixa", oficina de Vilagarcía de Arousa, número 2100 1785 48 0100464434. Rogaríamos por en concepto o nome e/ou enderezo electrónico para podernos por en contacto logo de rematar esta campaña e dar os agradecementos. De momento, moitas gracias por interesarse.

  • Baredo

    Baredo

    about 6 years

    Gustaríame facer unha achega, mais non utilizo pagos por internet. Hai algunha conta na que facer o ingreso?

  • O Faiado da Memoria

    O Faiado da Memoria
    Author

    about 6 years

    Hay un libro y un artículo que hablan de los asesinatos. El libro, Nigrán, memoria de una Guerra, de Juan Antonio Gonzalez toca el tema como parte de la represión ejercida en este municipio ya que algunos de los muertos pertenecían o vivían en el. El artículo va recorriendo las circunstancias de ese acto, escrito por Xosé Lois Vilar y Carlos Méixome en la revista Murguía. No habla sobre los efectos posteriores sobre la familia. En cierto modo, este documental que estamos llevando a cabo dedica uno de sus capítulos, el epílogo, a hablar de ¿y después que?..
    El artículo de Murguía forma parte del pdf que presentamos y que estamos enviando por correo a los posibles donantes. Si nos das un correo lo enviamos.

    Un saludo y gracias por la pregunta.

  • curioso

    curioso

    about 6 years

    ¿Existe algún libro o artículo sobre la historia de los nueve asesinados, con antecedentes y consecuencias para sus parientes? Gracias

#01 / XA ESTAMOS DE VOLTA

Comenzamos esta nova andaina co fin de recaudar fondos para rematar o documental de A VOLTA DOS NOVE.

Non vamos a contar de que vai a historia xa que esta está sufecentemente explicada no proxecto, tan so decirvos que na páxina do proxecto, en facebook (https://www.facebook.com/avoltadosnove) podedes ir póndovos ao tanto da marcha da mesma e onde vamos colocando detalles do proxecto.

Lembramos neste vídeo {https://www.youtube.com/watch?v=Xqs7cfo24Ac} a inauguración do monumento e espacio memoralístico en lembranza dos mortos naquela volta da estrada Baiona a Guarda.

5€
4 backers

Recoñecemento nos créditos finais.

15€
6 backers

Un dvd do documental é teu (non inclúe envío)
+ O teu nome figurará nos títulos de crédito
+ Invitación a estrea

20€
11 backers

Un dvd do documental é teu (inclúe envío a calqueira lugar de España)
+ O teu nome figurará nos títulos de crédito nun lugar destacado
+ Invitación a estrea

30€
30 backers

2 dvd's do documental son teus (inclúe o envío a calquera lugar de España)
+ O teu nome figurará nos títulos de crédito de forma preferente
+ Invitación a estrea.

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.