Seguimos en WWW.DHOGSFILME.COM
CONSEGUIMOS O OBXECTIVO INICIAL DE 7000€!!. Estamos encantados, é xenial!! Seguimos empurrando as máquinas,se queres aínda podes continuar apoiándonos para intentar achegarnos o máis que poidamos a un presuposto máis cómodo e folgado que repercuta nun mellor traballo e nunhas mellores condicións Moitas, moitas gracias!!!!!
· Levamos (crowdfunding+aportación propia+patrocinio): 35.000€
· Presuposto estimado: 75.000€ (mín. 15.000€ capitalizado)
O PROXECTO DHOGSFILME
Ola e benvido! Gracias por achegarte ó noso proxecto en Verkami. DHOGS é a primeira longametraxe realizada por Gaitafilmes e Pixel Films, dúas produtoras do audiovisual galego formadas por xente nova chea de ilusión e con moitas ganas de demostrar a súa valía: "Queremos realizar un filme de ficción sen complexos que che faga disfrutar tanto coma nós!".
Gustaríanos que soubeses que nós somos os primeiros en apostar polo proxecto, porque estamos convencidos da súa calidade e rendemento (20.000€ é a nosa aportación privada de diñeiro). Pensamos que é a maneira máis honesta de recibir a túa aportación e comprometernos a dar o mellor de nós mesmos. Que máis quixeramos que poder realizalo pola nosa conta... pero non chegamos, precisamos da túa colaboración para continuar, para achegarnos ó presuposto buscado! ese que ofrece condicións dignas para o equipo e para a rodaxe, e que nos abre as portas para lograr construir unha atmosfera cinematográfica especial.
Se che gusta o que facemos e como o facemos, este é o momento ideal para que nos botes unha man. Sen máis preámbulos: Adéntrate no universo DHOGS!
- DHOGS
Trátase dun filme un tanto peculiar: algo de intriga, un pouco de drama, un chisco de acción... non saberiamos definila ó 100%. Sen descoidar a narración, poñeremos o til nas imaxes, no visual, que os silencios conten tanto como as palabras dentro dunha coidada estética visual e sonora (grabaremos en dixital de máxima calidade, tecnoloxía RED a 4K). Con todo, non buscamos facer cine experimental dirixido a sectores moi concretos do público, queremos realizar un traballo que guste e entreteña ó respetable, pero sen renunciar ó noso estilo.
DHOGS será un proxecto moi galego pero non sacrificaremos calidade por facelo todo na casa. Por exemplo, unha das localizacións é unha zona árida e chá, que deberá rodarse forá (probablemente no deserto de Monegros).
O idioma orixinal de rodaxe será galego. Pero, tranquilo, o filme dobrarase (ou como mínimo subtitularase) a castelán e temos intención tamén de subtitulala polo menos en inglés. Seremos fieis ás nosas raíces pero non pechamos fronteiras. Queremos que todo o mundo poida ver a película.
- SINOPSE
Nunha realidade paralela á nosa, quizais converxente, a figura de Alex, unha fermosa rapaza que desborda personalidade, eríxese como epicentro dun conglomerado de historias que se suceden nun breve lapso de tempo e que se resolven do modo máis inesperado.
Unha serie de peculiares personaxes van competindo en protagonismo según avanza o filme. As diversas situacións nas que se ven envoltos conducen directamente a unha ruda mensaxe que, sutilmente, invita a meditar sobre os propios fundamentos da realidade, o libre albedrío e as ríxidas imposicións da censura social.
Se queres podes ler o: PRIMEIRO CAPÍTULO DO GUIÓN
- **UN EQUIPO ARTÍSTICO CARALLUDO
"Unha película de personaxes peculiares..."
· MARTA LARRALDE: É a protagonista total do filme. Unha muller de carácter coas ideas moi claras, que se verá envolta en todo tipo de situacións.
· CELSO BUGALLO: Gañador, entre outros premios, dun Goya de reparto por Mar Adentro. Celso interpreta a un escuro personaxe, un vello testalán que vive afastado da gran urbe.
· IVÁN MARCOS: Un ex de Alex, aparece de súpeto na trama para trastornalo todo. Un actor altamente creativo que utiliza o corpo de marabilla.
· SUSO LÓPEZ: Un mozo desganado que bota o día mergullado na fantasía dos seus cómics e atendendo de mala gana ós poucos clientes que se deixan ver na gasolineira. Actor fetiche de Gaitafilmes cunha presencia moi especial.
· MARÍA COSTAS: É a nai de Tedi, unha señora de certa idade que vive no interior dunha infelicidade crónica.
· MILO TABOADA e ALEX CARRO: Dous personaxes tanxenciais, cuxa historia é necesaria para reafirmar a trama. Dous actores xeniais que se encargan de iniciar a película e deixarte pegado á butaca.
· O TAXISTA (DIALOGANDO...): O taxista é un personaxe tanxencial cuxa historia se entrecruza coa dos protagonistas axudando a explicar a mensaxe. Buscamos un gran actor con amplo bagaxe no audiovisual, que de seguro descolocará ó espectador.
...
- COMO VAI A FINANCIACIÓN DO PROXECTO?
Podemos dicirvos con feitos que imos en serio, imos a por todas e non hai marcha atrás. O obxectivo é facer un filme de calidade profesional cun presuposto axustado coa intención de que vexa a luz a finais deste ano ou comezos do que vén. Neste momento estamos en avanzada fase de preprodución, con vistas a iniciar a rodaxe a comezos ou mediados do verán.
Chegados a este punto unímonos a Verkami para lanzar este crowdfunding coa esperanza de completar un presuposto que nos permita afrontar o proxecto con garantías. Un custo realista para este tipo de filme superaría fácilmente os 150.000€. Non obstante axustamos e preparamos un presuposto estimado de 75.000€, que se convertirían en 60.000€ ó restar o que capitalizamos as dúas produtoras. Se cumprimos este obxectivo os técnicos e os actores cobrarán honestamente polo seu traballo, e os gastos de preprodución e rodaxe estarán cubertos. Pulsa aquí para ver o presuposto máis detallado.
E se só conseguimos ter 30.000€ en total? imos facelo igual? vai perder calidade?
*- Por suposto que o imos facer! Sacrificaremos moitas cousas, probablemente non poidamos rodar nas localizacións que desexamos e a atmósfera non sexa 100% o que imaxinamos. Pode que os tempos vaian máis apurados e espaciados, que a estrea sexa máis tarde e que os bocadillos resulten de mortadela... pero a calidade técnica será moi boa, a ilusión será a mesma e intentaremos disimulalo todo o mellor que poidamos! Se tivesemos o presuposto estimado todo sería máis sinxelo e poderíamos respirar moito máis tranquilos. Ogallá cheguemos!
Máis preguntas? FAQ do proxecto
Grande dossier sobre DHOGS
- EQUIPO TÉCNICO DE BOA XENTE BOA
· DIRECTOR: ANDRÉS GOTEIRA
· AXUDANTE DE DIRECCIÓN: SARA HORTA
· PRODUTORES EXECUTIVOS: SUSO LÓPEZ E ADRIÁN FOLGUEIRA
· XEFE TÉCNICO, CÁMARA E WORKFLOW JAIRO IGLESIAS.
· DIRECTORA DE FOTO: LUCÍA C. PAN
· DIRECTORA DE ARTE: en negociación.
· DIRECTOR DE ACTORES: CARLOS OSSORIO
· MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: en negociación.
· XEFE DE SON: en negociación.
· COMPOSICIÓN BSO: ÓSCAR TRIGO E GERMÁN DÍAZ
· COMUNICACIÓN: LAURA DOVAL
· ESCENOGRAFÍA: LAURA PÉREZ E CARLOS RUBIO
...
CRÉDITOS do filme · Sobre o EQUIPO
- *CALENDARIO ESTIMADO *
Preprodución: de primavera de 2013 a verán de 2014.
Comezo de rodaxe: verán de 2014.
Posprodución: finais de 2014 comezos de 2015.
Estrea: durante 2015.
Mira o TIMELINE da nosa web.
- EN QUE SE INVIRTE A TÚA APORTACIÓN? (video)
Eres un "produtor" máis, a túa achega irá destinada a sufragar parte dos gastos de produción e rodaxe. Será un dos eixos fundamentais de financiamento. Pedimos 7.000€ porque **temos que ser realistas, pero soñamos con superar a cifra establecida para dotar a DHOGS da atmósfera desexada, esa visión idílica do filme que se proxecta nas nosas cabezas :)
Queremos ser o máis transparentes posible, así foi que fixemos un oco na web para ter actualizado, na medida do posible, o proxecto en todos os seus aspectos, entra na:
>>>ZONA DE XESTIÓN.
- SOBRE AS RECOMPENSAS
Podes elexir entre unha gran variedade de curiosas aportacións/recompensas: ** Un coidado guión de bolsillo, cervexa artesá Áncora edición especial Dhogs, camisetas ó teu gusto, descargas de contido, DVD's, escapadas rurais, festa co equipo, estreas, packs, inversións, saír de extra...**
Sexa cal sexa a opción que escollas para axudarnos, xusto despois de rematar esta fase de crowdfunding, recibirás na túa casa unha tarxeta acreditativa e de gratitude que certificará a tua colaboración co filme e onde tamén se indicarán as túas recompensas como: Produtor Xenial, Fetén, Cojonudo, Fóra de Serie, Alfombra Vermella...
Uns meses despois, logo de rematar o traballo de produción do filme, encargarémonos de facer chegar a cada produtor as súas recompensas materiais e tamén as invitacións para eventos.
Cada detalle será coidado ó máximo, aquel que confíe en nós merece da nosa parte total devoción e agradecemento.
Ah! Os gastos de envío están incluidos en todas as recompensas.
- QUE SIGNIFICA SER INVERSOR/PATROCINADOR DE DHOGS?
A figura do investidor/patrocinador é a de alguén que confía plenamente en nós e no proxecto. Alguén que avoga pola rendibilidade de DHOGS mercando unha participación nos beneficios proporcional á cantidade achegada ou que poñan a súa imaxe (ou produto) no caso do patrocinador. Como dixemos, somos os primeiros en arriscar co noso capital privado, considerando que é o modo máis honesto de honrar a aposta dun investidor. As inversións parten de 500€, todo baixo un contrato legal.
Escríbenos a [email protected], estaremos encantados de ofrecerche toda info e de responder calquera dúbida ou curiosidade.
- APORTACIÓN DAS PRODUTORAS
A aposta das produtoras é clara e firme. Somos os primeiros que confiamos no proxecto, arriscamos e apostamos forte:
Breve historia das productoras aquí
O capital privado invertido polas produtoras dende o primeiro momento ascende a 20000€.
Aportación de bens. Ambas produtoras poñen a disposición do proxecto todo o equipamento técnico do que dispoñen para rodaxe e posprodución.
Os socios (e algunha figura técnica máis) capitalizan o 100% do traballo dende o primeiro día (que non será pouca cousa: guión, dirección, produción executiva, operador de cámara, dirección técnica, montaxe, comunicación, música, workflow...).
Significa que non cobraremos nada ata o momento en que o filme comece a recuperar diñeiro, será, por tanto, a calidade e rendibilidade do produto final a que nos diga se merecemos gañar algo polo noso traballo.
- DIFUSIÓN, DHOGS NOS MEDIOS
Sabemos que non todo o mundo pode aportar, son tempos difíciles, pero tamén podes axudarnos coa difusión: podes compartir nas redes sociais este proxecto e tamén a nosa web! Podes falarlles ós teus amigos de DHOGS ou referirte a nós nese blog no que escribes!! Quizais coñezas un xornal no que poidamos saír ou unha radio independente!!
Coñeces algún medio que poida estar interesado no proxecto? Escríbenos a [email protected].
Velaquí as primeiras noticias sobre o filme que saíron nos medios de comunicación:
El Progreso: 21-05-2014.
La Voz de Galicia - A Mariña: "Cupcakes" de Ledicias. 18-05-2014
Sermos Galiza: 15-05-2014
RG: Entrevista a Andrés Goteira en Sala 5(Min. 39:30)
TVG2: Zigzag Diario
TVG2: Reportaxe en Zigzag Diario
TVG2: Moncho Lemos fala de DHOGS en Zigzag EIRADO (min: 47')
Entrevista ó Director: 14-01-2014.
El Progreso: 13-08-2013.
El Progreso: 26-09-2013.
Sermos Galiza: outubro de 2013.
- DISTRIBUCIÓN.
Cando finalice a realización do filme faremos algunhas presentacións privadas (ás que poderás asistir elixindo algunhas das recompensas) en diversas salas e teatros, e presentaremos DHOGS a cantos festivais de cine nacionais e internacionais nos sexa posible.
Segundo a aceptación que vaiamos tendo plantexaremos os seguintes obxectivos: Proxeccións itinerantes? Venda a televisións? Utopicamente proxectado en salas? Distribuílo por nós mesmos ou acudir a distribuidoras que se interesen na película, todo dependerá do resultado final pero estamos seguros de que atoparemos a forma de que chegue a moitos sitios.
En última instancia o filme será aloxado nunha plataforma de cine online (que ben podería ser o noso proxecto: filmito) onde se poderá ver, con diversos contidos e en HD.
Todo sen esquecer a propia distribución en dvd dende a tenda online en www.dhogsfilme.com, algún establecemento convencional ou contactando cos realizadores.
- CONCLUSIÓN
Así que, se confiades en nós, se confiades neste proxecto, se vos apetece formar parte dun filme de características atípicas, se nos queres axudar a remar neste mar de odiseas... estaremos encantados e moi moi orgullosos de que sexas un mecenas máis! Transmitir un simple "Ei, coñeces DHOGSFILME?", xa será de enorme agradecer. Nunca se sabe ata onde podemos chegar! Únete á nosa comunidade e síntete partícipe, xa levamos tempo detrás deste soño...
Moitas gracias compañeiros!
10 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
GAITAFILMES
Author
Ola! Moitas gracias por ver interesante o noso proxecto :) e polos ánimos!!! Calquera opción que elixas pra nós é fantástico! e se quixeras ser Produtor Caralludo non habería ningún problema (eliximos cojonudo porque na nosa zona emprégase máis deste xeito, supoño que pola influencia de estar préto dos lindes), as tarxetas son persoais e pódense adaptar, non terías máis que dicírnolo no mail en que pideremos os datos :) Que vaia todo moi ben!!
eu
Eu preferiria ser un produtor "caralludo", o de ser "coghonudo" non me fai moita graza, asi que vou ficar no de ser "fetén" por agora. Moita sorte e ánimos.
GAITAFILMES
Author
Moi boas e moitas gracias polas túas verbas! Pois a festa é un dos eventos que máis ilusión nos fai, xa que será indicativo de que a rodaxe finalizou felizmente. O certo é que aspectos como o lugar ou a data non están fixados aínda, pero o que si che podemos adiantar é que será unha noite moi especial, con música en directo, comida, bebida e diversión para todo o mundo, e coa compaña de xente do equipo e do reparto.
Así que si estás pensando en escoller unha recompensa con festa animámoste a que o fagas! ;)
ACA
Moi boas fenómenos, vendo como vai o proxecto, superando as expectativas con creces e ainda que queda moito por percorrer, xa vou un pouco máis aló, permitídeme a licencia de preguntarvos onde sería a Gran Festa Final do Film porque esto promete.
GAITAFILMES
Author
Hola de nuevo Victor,
Suponemos que no lo has visto pero las figuras técnicas de director de foto y comunicación sí que aparecen en la descripción de verkami y en la web (fallo nuestro que no estén en el presupuesto estimado, disculpa). La parte de arte estamos en contacto pero no podemos poner lo que no está totalmente cerrado y la iluminación es algo que dependerá del presupuesto final pero que también está considerado. Cierto es que todas ellas son de suma importancia.
Es cierto también que no es mucho dinero nuestro presupuesto, como decimos en la descripción, 150.000€ sería un montante lógico, pero por desgracia es utópico para nosotros hoy en día llegar a él. La producción y el rodaje serán muy espartanos aprovechando al máximo nuestras posibilidades, respetamos mucho a todo el equipo y daremos el do de pecho por que tengan las mejores condiciones. Algunos de nosotros llevamos mucho tiempo trabajando por amor a este proyecto, poniendo dinero de nuestro bolsillo y con muchísima ilusión por llevarlo a cabo del modo mejor y más honesto. Es nuestra mayor garantía a este sueño. Ojalá en el futuro podamos hacer una película de un modo más convencional y con mayor tranquilidad, en este momento es cine de guerrilla.
Esperamos haber resuelto lo mejor posible tus dudas, si quieres que te expliquemos algo más detalladamente puedes escribirnos a [email protected], estaremos encantados de responderte.
Gracias y esperamos haber aclarado un poco nuestro planteamiento.
Víctor
No sé conoce quien se encargará de iluminación, foto, dirección de arte o comunicación/marketing. Evidentemente son datos muy importantes en una película (sobre todo los primeros), parece una locura querer rodar todo eso solo con 76.000,00€...
GAITAFILMES
Author
Hola Víctor, gracias por interesarte en nuestro proyecto.
Creemos que consideres escaso el capítulo del equipo artístico puede deberse a varios factores:
· El guión está escrito para que sea lo más factible posible conscientes de las limitaciones que íbamos a tener, hay pocos personajes y muy ajustados días de rodaje.
· Algunos de los personajes (como Tedi) capitalizan su trabajo al formar parte de la productora.
· Es en limpio, habría que sumar una parte del cap.10 de seguros.
Debes tener en cuenta que hablamos de presupuesto estimado, puede cambiar en función de las necesidades y de lo que podamos conseguir, pero ten por seguro que no vamos a pagar 4 duros al día a los actores, son un gran activo y lo respetamos al máximo, ojalá podamos contratarlos más días y pagarles más dinero, el presupuesto de 76.000€ son sueldos ajustando mucho los días de rodaje.
Víctor
¿El orzamento para el equipo artístico es de 12.159,00 €?
Que se supone que el elenco que proponéis va a trabajar por 4 duros al día, me sorprende y mucho vuestro presupuesto, teniendo en cuenta que ese apartado suele ser, el que más dinero se lleva.
GAITAFILMES
Author
Moi boas! Pois en principio, e a maiores dos mecenas "Fóra de Serie", só precisaremos extras (moitos, eso si) para rodar varias escenas nun teatro cheo de público, así que si che interesa estaremos encantados de avisarte cando concretemos o lugar e as datas da rodaxe.
vilaosende
Hola, son un chaval de Ribadeo que participou na producción da mediometraxe de celtas e romanos: Eternia da productora lucense Cool Films Galicia, tamén de extra; que hay que facer pa salir de extra?