Para poder interactuar correctamente y obtener el mejor funcionamiento posible de nuestro sitio web, te recomendamos que actualices tu navegador a una versión más reciente o utilices otro como Chrome o Firefox.

¡ Estrenamos nueva web !

Envío á diáspora galega do libro "Nomes Galegos de Hoxe e de Onte"

70 galegos da Diáspora (ou descendentes) queren recibir este libro de antroponimia galega que editamos en 2012. Agora precisamos a túa axuda para pagar os envíos postais a países como Arxentina, Brasil, Cuba, Chile, Uruguai, Suíza, Alemaña... Axúdasnos a espallar na Diáspora os nomes galegos

Fillos de Galicia

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
29
Mecenas
560€
De 330€
Aporta al proyecto

Obxectivo inicial para enviarmos 50 libros conseguido!

AMPLIAMOS O OBXECTIVO a 100 EXEMPLARES a falta de 6 días para rematar a campaña e cos 70 exemplares do noso segundo obxectivo conseguidos!

Con 330 euros enviaremos 50 exemplares.
Con 432 euros, poderemos enviar ata 70.
Con 584 euros, poderemos enviar 100 libros!!

Queremos enviar a 70 persoas de orixe galega residentes na Diáspora o libriño sobre antroponimia galega que publicamos no ano 2012, titulado "Nomes galegos de hoxe e de onte", e que inclúe a maior recopilación de antroponimia galega realizada ata o presente. Precisamos mecenas que nos axuden a financiar o envío postal destes libriños, que será totalmente gratuito para as persoas destinatarias, que se están xa a apuntar online no noso web para recibilos. O obxectivo final do libro é promover que os galegos da Diáspora coñezan a nosa rica antroponimia e aumentar así o número de descendentes do noso pobo que levar con orgullo un nome galego, tamén fóra das nosas fronteiras.

Os propios destinatarios poden ser tamén mecenas e pagar así polo seu propio envío, axudando de paso a que outra persoa que non poida pagalo, non deixe de recibir esta publicación. Se vives fóra de Galiza e queres recibir o libro e pagar polo envío debes por un lado solicitalo no web de Fillos de Galicia e por outro escoller algún dos tipos de mecenado que ofrecemos aquí en Verkami. Como sempre na nosa historia contamos con que a solidariedade entre galegos permitirá o espallamento da nosa cultura!

A QUÉ DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS

O diñeiro será para pagar a xestión dos envíos postais (inicialmente 50, agora 70) a calquera lugar do mundo, e o propio custo de Correos, ademais das comisións de Verkami e os bancos que intermedian para os pagamentos, así como o IVE para Facenda.

Dado que xa superamos os 330 euros a falta de 11 días para rematar a campaña, poderemos enviar aínda máis libros a máis xente, así que non deixes de apoiar o proxecto e axúdanos a ampliar o alcance e difusión do libro a máis persoas e máis lugares da nosa diáspora! :-)

CALENDARIO
Dado que os libros xa están editados o envío realizarase axiña, unha vez rematada a fase de crowdfunding (**setembro de 2013**) e en canto teñamos un mínimo de 50 persoas interesadas en recibilos anotadas por medio do noso web.

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

2 comentarios

Si ya eres mecenas, inicia sesión para comentar. Log in or Sign up.

  • Fillos de Galicia

    Fillos de Galicia
    Autor/a

    casi 4 años

    Pois aínda que a campaña de financiamento xa rematou, aínda podes deixar a túa solicitude de envío gratuito, sempre e cando vivas na Diáspora: http://fillosdegalicia.blogaliza.org/2013/04/22/solicita-o-teu-exemplar-de-nomes-galegos-de-hoxe-e-de-onte-antroponimos-galegos-e-galaicos/

    Grazas polo teu interese!

  • roi

    roi

    casi 4 años

    hola como podo facer para recibir un exemplar do libro?gracias e un saudo,

#17 / Comeza a espallarse o libro dos "Nomes Galegos" polo mundo adiante!

Hoxe por fin fixemos os primeiros envíos do noso libriño. Durante os vindeiros días irán saíndo máis dos libros que axudastes entre todos a enviar aos galegos da nosa diáspora.

Os primeiros receptores serán os que viven en España, e despois irá chegando aos países europeos, despois aos americanos e tamén algúns africáns desde os que nolos teñen pedido.

Os libros van coas correspondentes adicatorias e algúns emails (os que quixestes poñelos) así que pode que de contado a algúns dos mecenas vos cheguen os agradecementos persoais das persoas que os van recibir e desfrutar.

Grazas pola espera, pero a semente por fin voa polo mundo lista para dar froito en forma de nomes galegos entre a nosa xente do exterior! :-)

#16 / A semana que vén comezaremos por fin cos envíos

Hoxe recibimos os datos para a dedicatoria do último dos mecenas e na imprenta confirmáronnos que terán impresos os sobres para os envíos para o martes da vindeira semana, así que contamos con poder preparar todos os envíos a partir do mércores día 16. Isto quere dicir que máis ou menos a partir do día 21 de outubro comezarán os receptores dos libros a recibilos, se residen en España. Loxicamente han tardar moito máis os enviados máis lonxe (América e África) e algo menos os dirixidos a Europa.

Pedimos desculpas polo retraso pero xa por fin está todo listo para que comece a distribución dos libros! Grazas a todas as persoas que o fixestes posible :-)

#15 / Seguimos recollendo os datos dos mecenas

Aínda estamos recibindo datos dos mecenas (nomes e adicatorias que queren que figuren nos libros que enviemos), e xa falta moi pouco para que os teñamos todos. De todos xeitos non imos retrasar máis os envíos e comezaremos con eles nos vindeiros días daquelas persoas das que xa temos todos os datos.

De contado comezará a chegar o libriño dos Nomes Galegos a moitos lares de Arxentina, España, Brasil, Chile, Suíza, Franza, Alemaña, Hungría, Senegal, Reino Unido...

#14 / Enviado o libro en formato PDF a parte dos mecenas

Hoxe completamos unha das recompensas: o envío do libro en formato electrónico a aqueles mecenas que achegaran 10, 30 e 100 euros.

Como sorpresa, os mecenas van ver que reciben un avance dunha futura 2ª edición na que temos corrixido algunhas grallas e ampliado con algún que outro nome. Que o desfrutedes! E lembrade que foi publicado como Creative Commons así que o podedes distribuír entre os amigos e familiares :-)

Agora seguiremos recollendo os datos para facer os envíos dos exemplares impresos da nosa 1ª edición. Grazas por facérdelos posibles!

#13 / Comezamos a procesar envíos e recompensas!

Hoxe por fin nos confirmou Verkami o importe total recibido, así que en función del comezaremos a procesar os envíos. Antes de nada procederemos a poñernos en contacto con cada un(ha) dos mecenas para solicitarlle os datos relativos ás súas recompensas.

Aproveitamos para dar de novo as grazas tanto a Verkami como aos que fixestes posible o éxito desta campaña, tanto como mecenas como no papel (vital!) de difusores :-)

Grazas en nome de todas as persoas (finalmente serán 77), todas as familias, que van desfrutar deste libro e... tamén en nome (nunca mellor dito!) dos futuros nenos e nenas que en moitos lugares do mundo van levar un nome galego GRAZAS A VÓS! :-)

#12 / Xa falta menos para o envío dos libros!

Durante estes días a xente de Verkami anda a verificar os cobros nas tarxetas dos mecenas e resolver os posibles problemas que haxa con algunha delas. Namentres nós seguimos preparándoo todo para proceder cos envíos unha vez de que Verkami confirme os pagamentos, e seguimos a recibir solicitudes do libro. A xente que está a pedir os libros, en caso de non nos chegar os cartos para llelo enviar, han quedar á cola, e no caso de non termos algún enderezo postal completo botaremos man destes receptores suplentes. En calquera caso, se dispoñemos de máis fondos obtidos aparte desta campaña en Verkami, aplicarémolos para enviar os libros ao máximo número de persoas que poidan seguir a solicitalo.

Lembrade que quen aínda non o solicitara pode facelo deixando unha mensaxe no web de Fillos.

#11 / 100 grazas x 100 libros que van viaxar polo mundo coa vosa axuda!

Hoxe rematou a nosa campaña de financiamento popular e podemos dicir con satisfacción que superamos longamente o obxectivo inicial. De feito, xuntando algunha achega que nos chegou nos últimos días de campaña en metálico, podemos confirmar que estamos en condicións de enviar 100 libros ás 100 primeiras persoas que o solicitaron (e iso inclúe a aqueles mecenas que van recibir tamén o libro).

Desde a Asociación Cultural Fillos de Galicia queremos dar 100 enormes grazas a primeiro lugar ás persoas que puxestes dos vosos cartos para facer posible que este libro chegue a eses 100 destinos en todo o mundo. En segundo lugar a todos os que axudastes a difundilo, falándolles do proxecto a outras persoas, en especial os medios de comunicación e organizacións que nos permitiron chegar a centos ou milleiros de galegos, algúns dos cais remataron por converterse tamén en mecenas deste ilusionante proxecto.

leer más

#10 / A 3 días de rematar a campaña, xa case temos asegurados 100 envíos

Cando propuxemos esta campaña á xente de Verkami (cataláns) non comprendían como podía ser factible o que implicaba: que persoas que non se ían beneficiar directamente do libro (os galegos de Galiza) fosen contribuír para que outras persoas o puidesen recibir (os galegos da Diáspora).

Abonda con coñecer a historia de Galiza e da súa emigración para saber que por moi difíciles que estivesen as cousas, sempre puidemos contar os galegos coa solidariedade entre nós, tanto entre Galiza e a Diáspora como dentro dos propios lugares onde os galegos viviamos expatriados. Agora unha vez estamos a demostrar que somos xenerosos cando se trata de difundir a nosa cultura entre aqueles que, afastados da Terra polas circunstancias económicas e históricas, sinten a necesidade de se seguir a alimentar da cultura dos seus. Neste caso, se cabe, aínda con máis razón porque se trata non só de trasmitir un produto de difusión cultural senón de leer más

#09 / Quedan 6 días e aínda hai persoas que non teñen asegurado recibir o libro

Aínda que superamos o obxectivo inicialmente marcado para enviarmos 50 exemplares, a día de hoxe as solicitudes do libro son case 100 (descartando as inválidas). Polo tanto nos 6 días que nos quedan de campaña en Verkami temos que facer un esforzo final para tentar que non quede ninguén sen o libro, das persoas que o solicitaron. Para isto a axuda de todos vai ser útil: os mecenas, pensando se podedes facer unha achega adicional ou conseguir outro mecenas entre os vosos amigos e familiares; os propios solicitantes do libro, convertíndose tamén en mecenas; calquera de nós, dando a coñecer esa recta final da campaña e o feito de que aínda se precisa financiamento para uns 30 exemplares máis (a día de hoxe case temos asegurados os cartos para enviarmos 70 exemplares). Calculamos que con 584 euros poderíamos enviar ao completo eses 100 libros.

Grazas de antemán a todos os que estades facendo posible esta distribución mundial da nosa antroponimia! :-)

#08 / O Portal Galego da Lingua fai difusión do noso proxecto

A xente da AGAL (Associaçom Galega da Língua) ademais de ter achegado a súa colaboración nos contidos do libro, concretamente fornecendo as formas en ortografía reintegrada ou galego-portuguesa, veñen de dar un pulo importante ao noso proxecto para enviar os libros anunciando na capa do Portal Galego da Lingua a nosa iniciativa. Grazas a eles xa está a medrar o total de achegas e poderemos facer aínda máis envíos! Obrigados, amigos!

#07 / Ampliamos o obxectivo para enviarmos 70 exemplares!

Dado que a 11 días de rematarmos a campaña xa temos asegurado o diñeiro preciso para enviar os primeiros 50 exemplares do libro, imos marcarnos agora un novo obxectivo para podermos enviar 20 exemplares máis e así chegar a un total de 70 persoas que recibirán de balde o libro.

Anímate a colaborar de calquera das maneiras previstas, achegando 5, 10, 15, 30 ou 100 euros. Canto máis recademos, máis libros enviaremos da nosa tirada de case 500 libros! E se non podes contribuír economicamente ou xa o fixeches, axúdanos a dar a coñecer a campaña nesta recta final entre as persoas máis comprometidas coa Galeguidade do teu entorno, nas redes sociais, por email, cunha chamadiña de teléfono, por Whatsapp, en persoa... Grazas x 70! :-)

#06 / Obxectivo (mínimo) conseguido!

Onte á noite, cando aínda faltaban 11 días para rematarmos o prazo da campaña de financiamento, chegamos aos 330 euros que prcisabamos para enviar 50 libros. Grazas en nome desas 50 persoas que van ter o noso libriño de antropónimos galegos grazas a vós!

Agora imos tentar superar esa cifra para poder enviar máis exemplares. Agora mesmo, cando escribo isto temos 335 euros asegurados, o cal significa 51 libros que poderemos enviar. Canto máis deamos conseguido nestes días que faltan, máis libros viaxarán polo mundo levando os nosos nomes, sementando futuras Uxías, Xoáns, Airas, Irias, Carmes, Xaquíns, Fins, etc. etc.

Continuemos cun esforzo adicional para aumentar a repercusión desta acción cultural e identitaria!

#04 / Os nomes roubados

Co gallo desta campaña queremos recuperar un artigo publicado en 2001 na primeira revista online que puxera en marcha Fillos de Galicia, e chamada "A Nosa Voz", escrito por Casdeiro, o fundador de Fillos. Pareceunos oportuno lembrar esta reflexión agora que estamos a puxar porque os nosos nomes se espallen pola emigración:


Os nomes roubados

O galego é un pobo que sufriu unha das peores formas de opresión e que dá idea do nivel de alienación que se tentou facer con el ao longo dos séculos. O galego aínda hai pouco que recuperou o seu nome, a súa sinal máis importante de identidade: hoxe o galego xa volve ser galego. Durante moitos anos chamouse a si mesmo co nome que lle impuxeran outros: gallego. ¿Que pobo tivo que soportar semellante humillación? A min lémbrame a serie de TV Raíces:

  • ¿Como te chamas, negro?
  • Kunta Kinte. O látigo batía na pel do escravo negro. -¿Como te chamas, negro? -Repetía o amo do africano.
  • leer más

#03 / Desde hoxe, unha nova maneira de apoiar o proxecto (por só 10 euros)

Ademais das opcións de 5, 15, 30 e 100 euros, agora podes apoiar o envío dun libro por 10 euros recibindo ademais como recompensa unha versión en PDF do mesmo libro.

Aquelas persoas interesadas non só en que se envíe un libro impreso grazas ao seu patrocinio, senón tamén en desfrutar da posibilidade de consultar o libro no seu ordenador, e que por razóns económicas non poidan chegar ás cantidades de 30 e 100 euros, terán así unha maneira á súa medida para participar e axudarnos a facer realidade este proxecto que espallará os nosos galegos polo mundo.

Grazas a todos os que nos estades a axudar! Xa falta moi pouquiño! :-)

#02 / Chegamos á metade da campaña, e á metade do obxectivo

Onte superamos o ecuador da campaña para enviarmos estes 50 libros de onomástica galega polo mundo adiante. A día de hoxe levamos conseguidos 185 dos 330 euros, é dicir, un 56% do orzamento total previsto. Aínda así non podemos descoidarnos e debemos seguir dando a coñecer a campaña para conseguirmos os mecenas que faltan para facela realidade, pois se non se consegue o total dos 330 euros, non se enviará ningún libro.

É por iso que queremos pedirvos un novo esforzo, sobre todo á hora de difundir esta colecta entre os vosos amigos e familiares. Seguro que moitos tedes alguén achegado ou achegada que recoñece o valor e interese da nosa rica antroponimia e a quen lle gustaría contribuír a que houbese máis nomes galegos na nosa Diáspora. Explícalles o que poden conseguir desde tan só 5… leer más

#01 / Madriñas e padriños culturais

Na tradición cristiá, os padriños e as madriñas son protagonistas no acto do bautismo polo que se lle pón un nome a un neno ou a unha nena. En certa maneira, os que apoiamos a realización -e agora o envío- deste libriño de nomes galegos, convertémonos en padriños e madriñas dunha chea de nenos que no futuro levarán un nome galego grazas a nós, en calquera curruncho do mundo onde haxa unha nai, un pai, un avó ou unha tía galegos... grazas a que fixemos chegar este listado de nomes ás súas mans.

Queres ser ti tamén "madriña" ou "padriño" cultural destes nenos, e axudar para que leven un nome, unha identidade marcadamente galegos?

Contamos contigo! Apoia os envíos que poidas, desde soamente 5 euros.

5€
8 Mecenas

RECEPTOR do libro. Se non podes axudar a outra persoa a recibilo, podes pagar só 5 euros e así recibilo ti. NOTA: Esta posibilidade está limitada a aquelas persoas que vivan FÓRA DE GALIZA.

10€
11 Mecenas

O TEU NOME incluído como mecenas en 1 dos libros que enviemos. As persoas receptoras saberán que chegou a eles grazas a ti. Tamén recibirás unha VERSIÓN ELECTRÓNICA do libro.

15€
2 Mecenas

O TEU NOME incluído como mecenas en 2 dos libros que enviemos. As persoas receptoras saberán que chegou a eles grazas a ti.

30€
6 Mecenas

O TEU NOME incluído como mecenas en 4 dos libros que enviemos, xunto cunha breve nota (dedicatoria) que queiras incluírlles. As persoas receptoras saberán que chegou a eles grazas a ti. Tamén recibirás unha VERSIÓN ELECTRÓNICA do libro.

75€
0 Mecenas

GRAN MECENAS. Permitirá enviar 10 libros. Ademais das mesmas recompensas cós anteriores (figurará o teu nome nos 10 libros enviados grazas a ti + nota persoal + versión dixital do libro) recibirás un AGASALLO SORPRESA relacionado coa antroponimia galega.

100€
2 Mecenas

SUPERMECENAS. Permitirá enviar 15 libros. Ademais das mesmas recompensas cós anteriores (figurará o teu nome nos 15 libros enviados grazas a ti + nota persoal + versión dixital do libro) recibirás un AGASALLO SORPRESA relacionado coa antroponimia galega.

Las cookies nos ayudan a ofrecer nuestros servicios. Al continuar navegando aceptas su uso.