❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados.

É un proxecto editorial e didáctico, enfocado a un público infantil, que trata de achegar o marabilloso mundo da animación aos nenos e ás nenas mediante unha historia divertida e de suspense. Os estudios Tex son o escenario onde transcorren as aventuras dos protagonistas deste libro.

Abraham Carreiro

A project of

Created in

0
seconds
36
Patron
1.452€
From 1.445€
Contribute to the project

OS ESTUDIOS TEX. O MUNDO DOS DEBUXOS ANIMADOS

Xarope de lambetadas, bolas de sésamo, un anaco da capa de Superman, un guecho de pelo de Pitufiña e o máis importante: cerebro de neno ou de nena.

Estes son os ingredientes que compoñen a fórmula secreta da imaxinación. Unha beberaxe fundamental para poder facer as mellores películas de debuxos.

Un premio nunha bolsa de patacas somerxe a Nuno e Marabilla nunha trepidante e misteriosa viaxe polo descoñecido universo dos debuxos animados. Os dous protagonistas coñecerán personaxes extraordinarios como o monstruoso Golo, a supernena troglodita Lume, o invisible Radón ou o malvado Escornabois.

Nuno ten oito anos e pasa as tardes vendo películas de debuxos na tele. Ten o cuarto cheo de bonecos e as paredes ateigadas de pósters dos seus personaxes preferidos. Encántalle xogar a facer de superheroe. Moitas veces disfrázase de Batman e viste de Robin o seu can. É a súa mascota. Un sabuxo cheirón. Chámase Marabilla. Acompáñao a todos os sitios. A Marabilla tamén lle gusta ver a tele, pero goza máis rillando nun óso de diplodoco xigante que lle regalaron no museo de historia natural da vila.

A historia consta de oito capítulos. Entre cada un haberá unha páxina de descanso, chamada Intermedio. Cada unha destas páxinas levará un xogo diferente, relacionado coa animación e cos personaxes dos Estudios Tex.

As presentacións do libro polas diferentes bibliotecas e librarías de Galicia, convertiránse nun obradoiro de animación, onde @s cativ@s aprenderán a facer unha pequena película de debuxos.

Os Estudios Tex terán unha páxina web na que se colgarán todas as animacións feitas pol@s diferentes nen@s. Ademáis tamén haberá información dos personaxes, descargas...

CARACTERÍSTICAS DO LIBRO

O libro constará de 64 páxinas a toda cor, onde o texto se misturará con ilustracións e viñetas de cómic. Papel ofset de 130gr.
Portada rústica 250gr 4/0 tintas. Plastificado mate.

As medidas:
14,8 de ancho X 20,8 de alto.

SOBRE O AUTOR

Nacín en Vigo en 1981 e o meu traballo é debuxar e contar historias.
Levo dez anos traballando neste mundo e por primeira vez vou probar a experiencia da autoedición.

Entre outras cousas, publiquei a serie xuvenil Xoeliki as aventuras dun ciberpirata premiado na IX edición do premio literario Frei Martín Sarmiento na categoría de 12 anos (feita xunto con Maties Segura); a colección Contos que len outros nenos do mundo; A fortuna de Bartolomeu; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos; e a historia de cómic Juppy que Vicio seleccionada no salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.

O conto infantil As espiñas do porco espiño, da colección Contos que len outros nenos do mundo, foi premiado pol@s nen@s na VIII edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil.

O meu blogue:
Abraham Carreiro

A QUE SERÁN DESTINADAS AS VOSAS APORTACIÓNS
As aportacións que fagades, destinaranse exclusivamente á edición e promoción do libro.

CALENDARIO
O proxecto está bastante avanzado. A primeiros de outubro o libro estará impreso e listo para a distribución. Polo que entre o 15 e o 30 de outubro do 2013 recibiredes as vosas recompensas.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • josep

    josep

    almost 6 years

    Hola buenos días
    Nuestra propuesta de colaboración consiste en imprimir su libro en nuestra empresa de artes gráficas INOM,S.A., con un importante descuento sobre presupuesto.
    Nuestro mail es: josep@inomsa.com, 610403672
    grácias

  • Carta Gráfica

    Carta Gráfica

    about 6 years

    Soy Juan José Franco de Carta Gráfica, dedicada a la impresion de libros. Nos ofrecemos para poder cotizarle su proyecto sin ningún compromiso. Cuidamos mucho la calidad y ntros precios son muy competitivos. Un saludo

    www.imprentacartagrafica.com

8€
14 backers

Libro dedicado + Aparecer na web do libro como colaborador/ra do proxecto.
Gastos de envío para a península, Baleares e Canarias incluídos.

20€
10 backers

2 Libros dedicados + Aparecer na web do libro como colaborador/ra do proxecto + Ilustración orixinal dedicada.
Gastos de envío para a península, Baleares e Canarias incluídos.

40€
7 backers

4 Libros dedicados + Aparecer na web do libro como colaborador/ra do proxecto + Ilustración orixinal dedicada + Ilustración personalizada coa túa Caricatura xunto cos protagonistas da historia.
Gastos de envío para a península, Baleares e Canarias incluídos.

60€
1 backer

6 Libros dedicados + Aparecer na web do libro como colaborador/ra do proxecto + Ilustración orixinal dedicada + Ilustración personalizada coa túa Caricatura xunto cos protagonistas da historia + camiseta serigrafiada cunha ilustración dos Estudios Tex.
Gastos de envío para a península, Baleares e Canarias incluídos.

100€
2 backers

10 Libros dedicados + Aparecer na web do libro como colaborador/ra do proxecto + Ilustración orixinal dedicada + Ilustración personalizada coa túa caricatura xunto cos protagonistas da historia + camiseta serigrafiada cunha ilustración dos Estudios Tex.
Gastos de envío para a península, Baleares e Canarias incluídos.

300€
2 backers

25 Libros dedicados + Aparecer na web do libro como colaborador/ra do proxecto + Ilustración orixinal dedicada + Obradoiro de Debuxos animados no sitio acordado.
Gastos de envío para a península, Baleares e Canarias incluídos.

Cookies help us to offer our services. Continuing to browse entails acceptance of their use.