Terceira Información (3i) é un medio de información contrahexemónico que nace a finais de 2006. Organízase de xeito autónomo, asembleario e horizontal a través dunha asociación sen ánimo de lucro. A partir de colaboradores que traballan de xeito voluntario, pretende contribuír a democratizar a sociedade da información, alcanzando este obxetivo mediante proxectos de comunicación alternativa, afastados dos intereses económicos ds grandes grupos privados de poder que controlan os medios de masas.
Dende o seu nacemento fomos traballando para ofrecer ao lector crítico e comprometido unha realidade moitas veces afastada ou ocultada polos grandes medios. Todo iso baixo o pensamento de que a información debe ser libre pero tamén de calidade, o que implica a necesidade duns recursos económicos.
Polo tanto, se queremos ofrecer mellor e máis información, necesítanse medios e persoas que fagan realidade este proxecto por medio dunha maior dedicación da que se alcanza unicamente coa militancia ou a vontade.
Debido a isto, puxemos en marcha un plan de financiamento mediante achegas colectivas e individuais para manter e mellorar o noso proxecto de comunicación que consistiría en: manter un equipo a tempo completo, realizar un novo deseño da web, pagamento do servidor, etc…
Se eres lector habitual e te gusta o que les, agora pedismosche a túa axuda, podes facelo mediante achegas económicas na medida das túas posibilidades.
Participa! Convírtete nun mecenas do noso proxecto!
OBXECTIVOS DA CAMPAÑA
Os obxectivos da campaña en Verkami aspiran a conseguir cubrir os custos de mantemento da páxina, a hospedaxe web, deseño, equipo, gastos de material de uso profesional e maquetación nova, etc.
EXPERIENCIA PREVIA E EQUIPO
Terceira Información (3i) é un medio de información contrahexemónico que nace a finais de 2006. Organízase de xeito autónomo, asembleario e horizontal a través dunha asociación sen ánimo de lucro. A partir de colaboradores que traballan de xeito voluntario, pretende contribuír a democratizar a sociedade da información, alcanzando este obxetivo mediante proxectos de comunicación alternativa, afastados dos intereses económicos ds grandes grupos privados de poder que controlan os medios de masas.
O proxecto organízase a través dun consello de redación que traballa de xeito colectivo, con responsables en cada sección que coordinan as publicacións e persoas que colaboran de forma habitual e puntual. Dende o 2006, e con vontade duns poucoos, o proxecto foise establecendo e consolidando no ámbito da información "alternativa" ou contrahexemónica, situándonos nunha das páxinas máis lidas, con ao redor de 500000 visitas ó mes.
Terceira Información logrou crear a iniciativa "O Laboratorio de Noticias" ou "Desmontando ós medios". Con esta sección preténdese crear un espazo propio paraos artigos que tratan sobre manipulacións mediáticas dos mass media. Conseguimos un equipo de persoas que se adican a desmontar as mentiras, medias verdades, manipulacións, etc, que nos teñen afeitos os medios xeralistas. En 2009 froito deste labor conseguimos que o programa de La Sexta "El intermedio" presentado por El Gran Wyoming, rectificase tras unhas mentiras sobre o goberno venezolano.
Ademais de participar en varios encontros e charlas sobre medios de comunicación alternativos no Estado español, tamén participamos activamente no Taller Artillaría do pensamento Vs Fábrica de mentiras celebrado en Venezuela en 2011, xunto ó daquela Ministro de Comunicación Andrés Izarra. Tercera Información en Venezuela Televisión. Este ano participamos #conCubaenred en Cuba no II taller sobre redes sociais e medios alternativos.
A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS
-Aloxamento Web e dominio: Hospedaxe en web anual e pagamento do custo polo dominio.
-Mantemento web: Mantemento e servizo técnico da páxina web. Un ano para cubrir unha remuneración mínima.
-Deseño e maquetación nova web: Trataríase de deseñar un sistema de información baseado no software libre Drupal. Estase a realizar á medida dende o deseño gráfico do portal web ata a programación de toda a arquitectura da información. O sistema web permitirá o rexistro de usuarios e traballar a todos os redactores de forma simultanea. Terá unha integración total coas redes sociais. Adaptado aos novos requisitos dos servidores, xa que a versión actual comezaba a darnos erros de compatibilidade.
-Coordinación e mantemento: Trátase de conseguir un soldo de media xornada mensual durante un ano para coordinar e manter a web e os seus contidos, publicacións, edición de noticias, relación coas persoas que colaboran, etc.
-*Gastos de material de uso profesional": Gastos de deprazamento, teléfono, dietas de colaboradorxs redactorxs que se despraza para cubrir actos, noticias, entrevistas, etc. Énos difícil acudir a tódolos eventos que se realizan en cidades onde temos colaboradorxs que o fan de xeito altruísta e militante, pretendemos conseguir que estxs colaboradorxs teñan cubertos os gastos que lles supón desprazarse, realizar chamadas telefónicas para contrastar noticias, realizar entrevistas a distancia, comer se o require o evento, etc.
CALENDARIO
Nun breve prazo de tempo entregaranse as recompensas.
6 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Tercera Información
Autor/a
Estimado Matteo, si estás interesado en participar en nuestro proyecto puedes escribirnos en [email protected] Gracias y un saludo
Matteo Vitiello
This is a great project! Congratulations! I'm a journalist and I wonder if you'd think about improving conexions between journalists of different countries, publishing reportages and contents of interest in other languages.
Tercera Información
Autor/a
Hola Godofredo, no se puede prolongar el tiempo de recaudación. Verkami estipula 40 días para conseguir el objetivo, una vez finalizado, si se ha conseguido, podrá estár unos días más para seguir recaudando en una segunda fase. Gracias!
Godofredo
Hola;No perece justo que si no se consigue 15.000Eur.en el plazo,esto s termine.Por ello 2 preguntas;1ª)¿no se podría prolongar el plazo?;2ª)¿A quien s le ocurrió hacerlo n VERANO?,estamos d vacacions lectors.M'enteré d CASUALIDA al regreso.¡AMPLIEN!
Tercera Información
Autor/a
Hola Iván, Verkami lo explica en su FAQ, en la parte para los mecenas: http://www.verkami.com/page/faq#m1
¿Por qué hablamos de compromiso de aportación y no directamente de aportación?
Hablamos de “compromiso” de aportación porqué no recibirás el cargo en tu cuenta hasta finalizar los 40 días, y sólo si el proyecto ha llegado con éxito a su objetivo de financiación. De no ser así, tu compromiso de aportación queda anulado y no se hace ningún cargo en tu tarjeta.
Iván
Si hago una aportación económica y no se alcanza el objetivo en el plazo indicado ¿qué pasa con mi dinero?