❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

OUTLET, versos en stock

Busco financiar a miña quinta publicación en papel e poñer en marcha un novo espectáculo poético-musical en pequeno formato. OUTLET será o título do meu novo libro de poemas e da nova xira de presentación.

juan carballo

Un proyecto de

Categoría

0
segundos
79
Aportaciones
2.630€
De 2.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto porque simplemente quieres ayudar a hacerlo realidad:

Busco financiar de xeito colectivo a miña quinta publicación en papel e poñer en marcha un novo espectáculo poético-musical en pequeno formato.

OUTLET será o título do meu novo libro de poemas e da nova xira de presentación.

Como en tódolos anteriores proxectos (Volta ás Rías Galegas en verso, A Casa do Poeta e A máquina do tempo) pretendo lavarlle a cara á poesía e continuar honestamente, facendo deste xénero algo común e popular; achegándome a aquelas persoas que a miran de reollo ou dubidan se lles pode gustar.

SIPNOSE DO LIBRO

OUTLET son pequenas escenas espidas de efectos especiais da vida cotiá, reproducen situacións reais coa mesma linguaxe urbana e realista na que suceden.

Neste novo poemario abandono a escrita romántica e melancólica das miñas últimas publicacións, explorando ritmos persoais que enfrontan un mundo real e íntimo.

Antes de rematar xulgado,

en calquera caixón,

nun almacén de libros,

espido,

prefiro quitarme eu mesmo o valor.

Índice poemas

Mercado, outlet, dependentas, silencio, clásica situación, piropos, historia dun recital, prezo mínimo, NY, restos de stock, Bar Suízo, liquidación, recordas, fin de existencias, case corenta, pasado de moda, típico conto, aquela muller, tamén aquela muller, poeta da casa, sempre así, 23:50, poetizando, tentacións

SIPNOSE DO ESPECTÁCULO POÉTICO-MUSICAL

Matices e cores musicais mestúraranse coa palabra nun terreo experimental, unha interacción con diferentes improvisacións de escenas correntes.

Un monólogo poético-musicado por Nacho Pérez, coñecido guitarrista de jazz, que me acompañará nesta nova andaina de versos e kilómetros

SE ACADAMOS O OBXECTIVO

De financiar o proxecto, a recaudación íntegra será empregada para:

  • A edición, deseño e impresión de 900 exemplares. O formato do libro será de 11 x 16, 64 páxinas, 25 poemas, portadas a cor…

  • O pago dos impostos que xenera recibir eses cartos, gastos de distribución do poemario, gastos de envío das recompensas, posta en marcha do espectáculo…

Tódol@s mecenas recibirán esta lámina feita por Nuria Díaz

MÁIS INFORMACIÓN
web Juan Carballo / web A máquina do tempo

SÉGUEME NAS REDES
Facebook / Twiter

NOTAS

  • A idea é que o libro xenere movemento, polo que o recaudado da súa posterior venda, servirá para facer máis libros, material promocional, posta en marcha da xira, traducilo a outras linguas, incluílo nas plataformas dixitais… (Tamén se superamos o obxectivo proposto empregaremos todo o recibido para estes fins)

  • As actuacións centrais serán na Coruña, Vigo e Santiago (onde haberá sorpresas), pero haberá máis actuacións noutras vilas ou cidades onde poderedes canxealas. Como as entradas non son persoais, tamén poderedes regalalas ou compartilas con quen desexedes.

  • O sistema de pago é con tarxeta e a vosa aportación só se fará efectiva se nun prazo de 40 días se consigue recaudar a cantidade proposta**

  • Os prezos e as recompensas das actuacións en librarías e locais son exclusivas para quen sexa mecenas e deposite a súa confianza no meu proxecto

  • As achegas/aportacións económicas de mecenas ó meu nome ou dalgunha persoa que se repite, responden a cartos que recibimos en man e logo ingresamos, como bares, entidades, amig@s, etc que fumos recollendo

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies