❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

RETRANCOS, Castelao no século XXI - Kiko da Silva

Kiko da Silva imaxina en RETRANCOS como serían as viñetas do mestre CASTELAO se aínda seguise vivo na actualidade.

RETRANCA EDITORA

A project of

Category

Created in

Pontevedra
21%
36
days
34
Pledges
1.262€
From 6.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

**** E se Castelao seguise debuxando hoxe?****

RETRANCOS nace desa pregunta. Durante tres anos fun publicando na revista LUZES unha serie de viñetas inspiradas no seu estilo e na súa mirada: humor aparentemente sinxelo, pero cargado de intención, crítica e identidade.

*Agora esas máis de 100 viñetas queren converterse nun libro. E para iso, precisamos de ti.*

RETRANCOS é un libro de Kiko da Silva que recolle máis de 100 viñetas publicadas na revista LUZES ao longo de tres anos, nas que o humor galego, a retranca e a** crítica social dialogan co presente.**

Un proxecto que mira ao pasado para entender o que somos… e o que estamos a ser.

SOBRE O PROXECTO

RETRANCOS é unha recompilación de** máis de 100 viñetas feitas ao longo de tres anos**, nas que se aborda a realidade galega contemporánea desde a retranca: política, cultura, lingua, sociedade…

Non é unha copia nin un exercicio de nostalxia, senón un diálogo co legado de Castelao: unha forma de preguntarnos como sería hoxe esa ollada crítica, comprometida e fondamente galega.

O resultado é un libro que busca facer rir, pero tamén pensar. Porque aquí, moitas veces, o humor é a maneira máis seria de dicir as cousas.

POR QUE UN VERKAMI

**En Galiza somos 2,7 millóns de habitantes... pero tan só oito de cada 100 libros que se venden nas librarías están en galego.

En Retranca cremos que pódense facer bos libros en galego, e queremos que éste sexa un deles!!!

Con só 300 galegos/as que merquen un exemplar xa conseguiríamos facer RETRANCOS unha realidade!!!**

Queremos editar RETRANCOS co coidado que merece:

  • Unha boa edición en capa dura con acabados en UVI

  • Papel de calidade

  • Deseño á altura das viñetas

Este crowdfunding permitirá cubrir os custos de edición e impresión, facendo posible que o libro exista sen depender de grandes editoriais e mantendo a esencia do proxecto.

Ademais, será unha maneira de crear comunidade arredor del desde o primeiro momento.

EN QUE IMOS EMPREGAR OS FONDOS

Os fondos recadados destinaranse a:

  • Impresión do libro

  • Maquetación e deseño

  • Corrección de textos

  • Produción e envío das recompensas

  • Comisións da plataforma

Se superamos o obxectivo, poderemos mellorar acabados, aumentar tiraxe e incorporar contidos extra

CONSEGUE OFERTAS EXCLUSIVAS

  • 👉 Libro RETRANCOS

  • 👉 Libro asinado polo autor

  • 👉 Láminas con viñetas seleccionadas

  • 👉 Packs KIKO DA SILVA - RETRANCOS + OS BERROS DA MOTOCICLETA (Debuxado por Pablo Prado con guión e storyboard de Kiko da Silva)

  • 👉 Viñeta orixinal feita con tinta chinesa asinada por KIKO DA SILVA

QUEN SOMOS

Retranca Editora é unha editorial galega independente fundada en 2007 e dirixida polo debuxante e editor Kiko da Silva. Especializada en banda deseñada, nace coa vocación de apoiar e visibilizar o talento dos autores e autoras galegos, apostando por edicións coidadas e por construír unha identidade propia dentro do cómic feito en Galicia.

Ao longo dos anos, consolidouse como un proxecto de referencia no ámbito do humor gráfico e a novela gráfica, combinando creación contemporánea, recuperación de obras e aposta por novos formatos e voces.

Kiko CASTELAO Da Silva
Kiko CASTELAO Da Silva

O AUTOR

Kiko da Silva, Vigo 1979.

Historietista, Ilustrador, editor, e director da primeira escola Profesional de Banda Deseñada de

Galiza, O GARAXE HERMÉTICO.

Comezou a debuxar de maneira profesional con tan só 16 anos, traballou como humorista

gráfico en La Voz de Galicia, no semanario satírico El Jueves e actualmente publica viñetas

diarias na súa sección A SILVEIRA de El Correo Gallego.

Publicou nas principais editoriais galegas e nacionais e foi traducido a idomas como o inglés, o

francés e o coreano.

É o ilustrador de Cando Mariño tivo ganas de mexar na noite de Reis, A memoria das árbores,

Moncho e a mancha e Que contan as ovellas para durmir?

Creou a ORBIL o lobo lector mascota do Salón do Libro de Pontevedra. Tamén é o pai de **Fiz, o

neno máis porco do mundo*, que comezou a publicar na revista *Golfiño** no 2002.

Gañou moitos premiso de banda deseñada, entre os que destaca o **Premio Castelao de Bd no

2014** pola súa obra O INFERNO DO DEBUXANTE.

No 2007 recibiu o Premio Xoan Manuel Pintos pola promoción da lingua galega.

Coma editor, creou a revista BD banda,a revista Retranca (Ambas premiadas no **Salón do

Cómic de Barcelona*), publicou *As Serpes cegas, de Cava e Seguí que recibiu o Premio

Nacional de cómic 2010, coordinou a coleccón de bd de Faktoría K de Libros e a sección de bd

da revista Oink! do Xabarín Club.

Dirixe a editorial Retranca dende o 2007, e dende o 2018 a revista de bd galega*** A Viñeta de

Schrödinguer*** editada pola **MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

**

Actualmente dirixe e imparte clase de cómic en** O GARAXE HERMÉTICO** dende o 2012 e está

traballando no seu proxecto de bd máis longo a Novela Gráfica ***BAIXO A SOMBRA DAS

PEDRAS FLOTANTES*** que publicará en galego XERAIS **e en castelán **NORMA Editorial.

CALENDARIO PREVISTO

  • Campaña VERKAMI: 40 días

  • Peche e produción: 1-2 meses

  • Envío de recompensas: estimado en setembro 2026

PREVIEW do LIBRO:

***Se algunha vez sorriches cunha viñeta de retranca…

Se cres que o humor tamén constrúe país…

Este libro tamén é teu.***

+INFO

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • RETRANCA EDITORA

    RETRANCA EDITORA
    Author

    3 days

    Moitas grazas polo apoio!

  • Anxo_Gz

    Anxo_Gz

    3 days

    Ánimo, xa falta menos.

  • Andrés Castro

    Andrés Castro

    4 days

    👌🏻

  • Clara

    Clara

    4 days

    💙🤍

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy