❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Xermolar xuntas: o teatro que prende

Un proxecto de teatro galego contemporáneo que converte a ferida do lume nunha paisaxe de creación, esperanza e renacemento colectivo.

A Tríptica

A project of

Category

Created in

Vigo
6%
33
days
12
Pledges
275€
From 4.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O Proxecto

O que xermola no lume é unha peza de teatro físico que nace da realidade dos incendios forestais en Galicia e da necesidade de transformar esa ferida colectiva nun espazo de encontro, reflexión e esperanza. A través dun diálogo entre corpo, música e luz, a peza explora o que arde, o que queda e o que pode volver medrar na terra e na comunidade.

O proxecto combina creación escénica con investigación documental, recollendo testemuñas en colaboración con asociacións veciñais e culturais das zonas afectadas. Este diálogo coa cidadanía é parte esencial da identidade da peza.

É unha proposta contemporánea, sensorial e accesible, que conecta arte, territorio e comunidade. Ademais, o 5% do caché destínase a asociacións e colectivos afectados polos lumes, reforzando así o compromiso social que da orixe á peza.

Quen somos

A Tríptica é unha compañía multidisciplinar formada por tres novas creadoras: Gema (atriz), Noa (ilumidaora e escenografa) e Diana (dramaturga). Tras formarnos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), fundamos a compañía co desexo de crear o teatro que queremos ver: comprometido, visualmente innovador e cunha linguaxe propia.

Nas nosas creacións queremos contar cunha equipa formada maioritariamente por mulleres novas do territorio galego, para fomentar así a igualdade de oportunidades e tecer rede entre nós.

A equipa

  • Diana Longa na dramaturxía

  • Gema González na interpretación

  • Belén Bouzas na asesoria de movemento

  • Noa Iriarte na iluminación e escenografía

  • Brais Irirate na direción musical e o espazo sonoro

  • Carabela na musica

  • Laura Merchan no vestiario

  • Candela Balboa na fotografía

  • Julia G. Yánez no video

  • Laura Karnero na carteleria e deseño grafico

O recaudado

Con este verkami procuramos buscar o fianciamento para pagar a equipa que forma parte o espectáculo, vestiario, música, asistencia de movemento e deseño de cartel.

Calendario previsto

Este proxecto ten unha estrea prevista para outubro do 2026 en Vigo.

Polo que as recompensas comezaran a enviarse entre agosto e outubro.

A creación deste espectatulo comezou no 2024, que foi cando xermolou a semente da idea e é no 2026 cando entraremos na sala de ensaio para darlle forma e que xermole finalmente.

Podedes saber máis visitando as nosas redes sociais @triptica_teatro

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Beli

    Beli

    about 1 months

    Espero que os vaia xenial!!!!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy