❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Sintese Vigo, festival de danza e performance

Festival de danza e performance nacional e internacional. Por un Vigo cultural plural, con artistas profesionais, encontros e formación.

Sintese Vigo

Un proyecto de

Creado en

Vigo
3%
25
días
6
Aportaciones
130€
De 4.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

IXA compañía de danza no festival 2024 (zona Bouzas)
IXA compañía de danza no festival 2024 (zona Bouzas)

Performance e danza contemporánea de Galicia e a nivel nacional

Tres dias de performances e danza de artistas de naciones e galegos vinculados a Vigo e un encontro profesional con proxectos escénicos de Portugal.

Presentamos unha exposicón variada de artes do movimento, da palabra e da inmersión acústica. Proponemos unha experiencia transformadora. Un festival que sexa un lugar de encontro entre cidadáns e artistas para compartir e achegarse aos mundos imaxinarios. Ocupar espazos urbanos para darlles un novo sentido.

Ay Cariño! cía. de danza. Festival 2024 (zona Bouzas)
Ay Cariño! cía. de danza. Festival 2024 (zona Bouzas)

Encontro profesional e artístico

Máis alá do movemento está o pensamento e a palabra. Os encontros profesionáis son un caldo de cultivo para o presente e o futuro.

O encontro será con Luisa Saraiva, directoras do festival "Linha de fuga" de Coimbra, Magda Henríques de "Carreiros de futuros ancestrales" de Paredes de Coura e Cristina Cameselle, de "Síntese" de Vigo.

Taller de danza

Estamos organizando un taller para profesionais e estudantes de danza e dramaturxia de composición escénica e coreográfica, co bailarín e coreógrafo Chevi Muraday, coa colaboración da ESAD, Escola superior de arte dramático de Galicia. Muraday está vinculado co ensino da danza no teatro.

Formación de públicos e encontros sociais

O festival Síntese pretende achegarse ao público desde varias perspectivas. Sabemos que a experiencia é fundamental para unha formación adulta. Pero tamén queremos aportar unha nova ollada do corpo na cidade a un público máis novo, o xuvenil.

Deriva artística con Elsa Pereira. Festival 2024 (zona Bouzas)
Deriva artística con Elsa Pereira. Festival 2024 (zona Bouzas)

En Síntese Vigo, queremos bailar. Propoñemos un encontro social para o disfrute e a alegría que supón compartir a danza en comunidade.

Consegue recompensas exclusivas

Chevi Muraday
Chevi Muraday

Lámina de danza en Póster ou Postal. O recoñecido artista plástico Seara colabora co festival cunha exclusiva lámina aguada inspirada nos corpos en movemento.

Especial Chevi Muraday: en exclusiva a estrea en Galicia do último SOLO de danza de Chevi Muraday que bailará para un público reducido, só 30 butacas, en Teatro Permanente, unha mini sala escénica no centro da cidade. Ademáis organizamos un encontro co artista despois da función cuns pinchos e viño ou refrixerio. Sábado 4 de outubro ás 21.30h. Vigo

Dobre proposta Muraday: Sólo 10 entradas. Propoñemos unha dobre experiencia co bailarín e coreógrafo Chevi Muraday. Por un lado un taller para introducirnos no seu mundo creativo e despois asistir ao último SOLO de danza creado na súa viaxe por Latinoamérica neste 2025. Estrea en Galicia. Para completar a proposta ofrecemos un pincho para compartir sensacións e recoller a vivencia do día. Sábado 4 de outubro. Taller de 11.00h a 13.00h, función ás 21.30h. Vigo.

Entrada simple para SINTE ou para ACCIÓN. Podes conseguir unha entrada simple para SINTE de Cris Balboa o xoves 2 de outubro ás 23.30h na Iguana Club ou 1 entrada simple para ACCIÓN de Acacia Ojea o venres 3 de outubro ás 20.30h nun espazo especialmente preparado para esta acción de vivencia musical performática. Unha viaxe íntima pola experiencia da música electrónica. Un encontro individual coa performer que te invitará a unha viaxe persona.

Bolsa de tela de algodón. Onde hai un festival sen a súa bolsa de algodón! Se queres ser mecenas e levar unha bolsa de algodón do festival, esta será a túa ocasión.


Quen somos

Cristina Cameselle e Geni Iglesias
Cristina Cameselle e Geni Iglesias

Cristina Cameselle e Geni Iglesias son as impulsoras deste proxecto.

  • Cristina Cameselle (Festival "Por danza", Vigo) bailarina, coreógrafa e xestora especializada en danza, leva 30 anos de experiencia dedicados á danza en Vigo.

  • Geni Iglesias (Festival "En Pé de Pedra" Compostela). Actriz cun amplo curriculum nos escenarios e na xestión de proxectos culturáis en Galicia, Barcelona e Portugal.

Colaborador: SEARA artista plástico

Colaboración: Lámina aguada de Seara
Colaboración: Lámina aguada de Seara

A que destinaremos as vosas achegas.

O obxectivo deste crowdfunding de VERKAMI é para cubrir gastos artísticos e de produción. A maioría das recompensas son as entradas (tickets, billetes) para acudir aos espectáculos e performances, con mención especial en redes.

Calendario previsto Outubro 2025

Xoves 2 de outubro
11.00 a 13.00 Taller profesional Muraday - ESAD
16.30h a 18.30h Taller de danza Muraday - ESAD
19.00 a 21.00h Encontro profesional entre Vigo e Portugal
23.30 SINTE DE Cris Balboa

Venres 3 de outubro
11.00 A 13.00H Taller de danza Chevi Muraday - ESAD
16,30 A 18.30H Taller de danza Chevi Muraday - ESAD
19.00 a 20.00h Taller de públicos Larumbe Danza
20.30 ACCIÓN de Acacia Ojea
21.30. Larumbe Danza

Sábado 4 de outubro
10.30 A 12.30 Taller especial Chevi Muraday
13.30 Larumbe Danza
18.00H Site Specific
20.00 A 21.00 SOLO de DANZA de Chevi Muraday
21.00H Encontro co artista

As recompensas se entregarán nos horarios e espazos durante o festival. Case todas as recompensas son as entradas aos eventos.

+ Info

Segue o proxecto tamén en Instagram e no Site

@sintesevigodanza

https://www.sintese.es

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

1 comentario

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Larraitz Urruzola

    Larraitz Urruzola

    1 horas

    Adiante!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies