❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Unindo voces: Coral polifónica Casto Sampedro

Queremos reunir persoas apaixonadas pola música, sen importar a idade nin a formación musical, crear un lugar de encontro e acollida.

Coral

A project of

Category

Created in

Redondela
0
seconds
22
Pledges
1.005€
From 1.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Desde a Asociación Latexos estamos comprometidos en crear unha coral de veciños e veciñas de Redondela que leve o nome de Casto Sampedro Folgar, o folclorista e investigador da arqueoloxía nado en Redondela en 1848 e finado en Pontevedra en 1937. Foi o autor do primeiro cancioneiro galego no que, xunto ás letras, incorporou tamén as músicas.

O obxectivo deste proxecto é reunir a persoas apaixonadas pola música, independentemente da súa idade e o seu nivel de experiencia, para formar unha agrupación coral que represente a nosa vila, que faga comunidade, que co soar das nosas voces xere dinamismo no noso pobo, que sexa lugar de encontro e acollida, xuntando na música o alento máis popular e a descuberta da súa dimensión culta.

E como de sempre foi Redondela unha vila cantora, a nosa coral está aberta a todos os veciños e veciñas do concello que desexen participar.

E algo moi importante!: Non se require experiencia previa en canto ou música, só ganas de compartir momentos e emocións a través da música.

Durante os ensaios teremos a oportunidade de aprender a cantar, de mellorar as nosas habilidades vocais para, a partir de aí, participar en concertos que nos permitan, celebrando a nosa cultura e tradición local, chegar a máis persoas dentro e fóra de Redondela.

A posta en marcha desta iniciativa precisa recadar fondos para:

● A adquisición do material básico necesario que sexa accesible para todxs os e as que queiran participar.
● A remuneración dunha profesional da música cunha formación contrastada e cunha personalidade artística que nos guíe no proceso de creación e crecemento do noso coro e lle confira a éste unha personalidade propia.
● O desenvolvemento dunha identidade visual coa que se nos poida identificar facilmente.

Os obxectivos son:

Crear un coro que sexa unha iniciativa cívica onde as persoas membros están comprometidas non só como intérpretes senón tamén como socias na toma de decisións e no seu sostemento económico.
Crear un espazo acolledor, colectivo e inclusivo onde veciñas e veciños se poidan encontrar para compartir e desenvolver a súa paixón pola música.
Fomentar o sentido de comunidade e o seu dinamismo a través de algo tan propio entre nós durante xeracións como a música coral.
● Enriquecer a vida social e cultural local.
Compartir o noso traballo e dedicación coas xentes de Redondela, e representala no mellor de si coas da comarca, de Galicia toda...

Se queres participar activamente na coral escríbenos ao seguinte correo: *[email protected]*
A nosa cota é de 10€ mensuais.

Se só queres apoiar o proxecto, temos unha serie de recompensas e recoñecementos adaptados a todas as posibilidades:

  • Agradecementos públicos e entradas ao concerto de presentación que se celabrará en Redondela, entradas a todos os concertos que se realicen durante o primeiro ano en lugares que están por determinar.

  • Camisetas e broches co logo da coral.

Broche 1
Broche 1

Broche 2
Broche 2

*Invitación para unha clase especial de técnica vocal a cargo dun/ha profesional experto/a.

*Nome como patrocinador/a oficial na nosa páxina na Redes e materiais de promoción durante o primeiro ano.

Calendario:

Fase 1 - Recadación de fondos (1 mes):
O primeiro paso será acadar o financiamento necesario para cubrir os custos iniciais. Buscaremos que a comunidade local se implique, facendo saber a todos a importancia de formar parte deste proxecto.

Fase 2 - Recrutamento e ensaios (2 meses):
Comezaremos os ensaios en canto se recollan os fondos necesarios, e ao longo deste mes afianzaremos a nosa formación.

Fase 3 - Primeiras actuacións e presentacións (a partir do 4º mes):
Coas primeiras actuacións, queremos levar a coral ás rúas e prazas de Redondela, así como a festivais culturais locais para darnos a coñecer.

O noso compromiso:

A Coral non será só un grupo de música, senón un espazo aberto a todos os veciños e veciñas para compartir a emoción de crear algo xuntos. Prometemos que cada persoa, sen importar a súa idade ou experiencia, terá un papel importante nesta iniciativa.

Contribúe a facer realidade este soño!

A túa axuda será fundamental para que se faga realidade e poidas formar parte desta iniciativa cultural de Redondela.

O noso obxectivo é reunir os fondos necesarios para poñer en marcha a coral, e o teu apoio fará que isto sexa posible!

Escolle a túa recompensa!!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

3 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Marga Recondo

    Marga Recondo

    2 months

    Estou desexando escoitarvos!

  • Nardo

    Nardo

    2 months

    Sería interesante que ademáis de enviar aplausos, e cariñas de apoio nos animáramos a soltar a pita , para que este proxecto vaia para adiante.

  • Quino Vilas

    Quino Vilas

    3 months

    Agardo moitos apoios e sobre todo sumar voces para este proxecto ilusionante

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy