❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

'Frankenstein', de Mary Shelley. Ilustrado por Miguel Robledo (nova edición)

Axúdanos a volver publicar esta obra mestra nunha edición revisada, con novas ilustracións e moitos extras.

Aira Editorial

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Allariz
3%
40
días
10
Aportaciones
341€
De 9.999€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Queremos publicar unha nova edición de Frankenstein, o gran clásico de Mary Shelley, nunha nova edición. Acompáñasnos?

Aira publicou no 2020, dentro da colección 'Clásicos ilustrados', esta grande obra, traducida ao galego por Samuel Solleiro e ilustrada a toda cor por Miguel Robledo. O libro esgotouse en poucos meses.

A colección 'Clásicos Ilustrados' publica cada ano un libro imprescindible da literatura mundial en galego e en edición ilustrada grazas aos máis de 130 mecenas que nos apoian.

Agora aumentamos o noso compromiso co micromecenado co obxectivo de pór á disposición do público galego grandes clásicos na mellor edición posible. Queremos publicar unha nova edición revisada do Frankenstein, con máis ilustracións e material extra, mais co mesmo espírito daquela primeira. Contamos contigo?

A qué adicaremos os cartos?

Ademais de axudar a imprimir o libro e complementos, Miguel Robledo creará novas ilustracións, faremos unha nova maquetación e pagaremos a % correspondente ao tradutor. E se superamos o obxectivo nun 20% crearemos a axenda Frankenstein, cun prezo moi asequible para aquelas persoas que apoien o proxecto.

Consigue recompensas exclusivas

Podes escoller a recompensa que máis che guste. Combinar o teu exemplar do novo Frankenstein con algún dos outros títulos da colección 'Clásicos Ilustrados'.

Es máis de Edgar Allan Poe, Umberto Eco ou Wilkie Collins?

O teu é a literatura infantil de Heidi ou Unha noite no tren da Vía Láctea?

Gústanche as historias curtas? A túa recompensa é a Schwob.

As novelas emocionantes?: Encantarache Suite francesa.

Se elixes o Drácula desfrutarás da arte de Miguel Robledo por duplicado.

Faite coa bolsa e coa lámina, exclusivas para quen participen neste proxecto.

Quen somos

Aira naceu en Allariz no 2017. Desde entón levamos publicados máis de 130 títulos, principalmente en lingua galega, de todos os xéneros, para todo tipo de públicos.

Calendario previsto

-22 de outubro do 2025: Inicio da campaña. Duración 40 días. Remata o 30 de novembro.

-De xaneiro a abril do 2026: Preparación do proxecto.

-Xuño do 2026: Publicación do libro e entrega das recompensas.

+ Info

Sigue o proxecto tamén no Instagram

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies