❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Ameixa Rock 2025

Festival de música rock completamente gratuíto e aberto con actividades tanto musicáis como de acercamiento á natureza

ameixarock

A project of

Category

Created in

Vilagarcía de Arousa
0
seconds
36
Pledges
1.501€
From 1.500€
Contribute to the project

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O Ameixa Rock e un festival de carácter musical organizado pola Asociación Cultural Ameixa Rock dende o 2013, co obxectivo de fomentar a cultura, o idioma e o mar mediante a música rock** e actividades paralelas, manteñéndose o principio de gratuidade do festival para así chegar a un amplo número de público e conquerindo ser unha parte importante da programación cultural do concello de Vilagarcía e un fixo dentro do panorama galego de festivais.

Levarase a cabo o 6 e 7 de Setembro. Aproveitando o entorno de Carril, realízanse accións que teñen ó mar e a natureza como protagonistas e así por en valor a tradición mariñeira do noso pobo.

O Camiño de Santiago Ruta del Padre Sarmiento, atravesa o pobo de Carril, e máis exactamente, a zoa dos concertos e das actividades paralelas. Os peregrinos poden facer un alto no Camiño, e desfrutar do entorno, a gastronomía e a música que haberá no Festival Ameixa Rock.

Dentro das actividades paralelas que ofrecemos no Festival, están as visitas guiadas a Illa de Cortegada, que forma parte do Parque Natural Illas Atlánticas, unha Illa moi vinculada ao Pobo e a tradición Xacobea, dita actividade agregan un valor adicional ao evento, proporcionando os asistentes a oportunidade de explorar a natureza e a historia local.

A combinación de música en vivo, gastronomía local e a beleza do entorno mariño de Carril seguramente crearán unha experiencia inesquecible para todos os asistentes.

A distribución das actividades en diferentes espacios dentro do pobo de Carril añade variedade e dinamismo ao evento, creando unha experiencia única que combina música, tradición e natureza nun ambiente festivo dinamizando toda a Vila, realízanse as actividades nos seguintes espazos:

Praza da Liberdade (concertos).

Alameda e peirao de Carril (concertos e saídas a Illa de Cortegada).

Illa de Cortegada (visitas guiadas).

Con isto espérase que esta edición do Ameixa Rock sexa un éxito e que tódolos asistentes desfruten da música, a cultura e a beleza de Carril e o seu contorno.

Con este apoio conseguiremos facer posible o AMEIXA ROCK e abrimos este crowdfunding á nosa xente para intentar conseguir unha nova fonte de ingresos que nos axude a manter o evento. O noso obxectivo é acadar uns 1.500 €.

ENTRADA SOLIDARIA (Aporta sin recompensa)

A nosa filosofía é que o AMEIXA ROCK é un evento aberto para todos e non queremos cobrar entrada. Pero dedicimos dar a posibilidade de que a xente poida aportar unha axuda voluntaria. Esto sería unha doazón en concepto de entrada solidaria.

Enalaces de interés
Web
Facebook
Instagram
X

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Cristian Silva

    Cristian Silva

    6 months

    🤘🏻

  • jorge gonzalez

    jorge gonzalez

    7 months

    Vamoooooooos!!!!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy