En 1926, a filóloga alemá Margot Sponer viaxa a Galicia para investigar a lingua galega, mergullándose na cultura local e coñecendo as súas xentes. A súa tese de doutoramento fai dela unha pioneira na historia do noso idioma.
Neste cómic acompañamos a Margot nas súas andainas por Galicia, onde forxa amizade con figuras da Xeración Nós, e coñeceremos os posteriores acontecementos vividos no seu país coa presenza constante do nazismo, que empregou os Xogos Olímpicos de Berlín 1936 como un lugar de propaganda do réxime.
A vida de Margot, que deu clases na universidade de Berlín, é unha historia inspiradora que reivindica o labor profesional e valentía dunha muller afouta.
Cartos para edición
O diñeiro que pedimos gastarase na edición da obra.
O cómic ten 64 páxinas + cubertas e unhas dimensións de 24 cm de alto x 17 cm de ancho
Quen somos
Alba Ceide
Autora e debuxante de banda deseñada. Creadora da serie de cómics distópicos Earth Blues con títulos como Salamanca Blues e Forehead Blues. Publicou cómics como Jackeline’s Jacket en revistas de WIP Comics, Zanzara en Altar Mutante, e debuxou os episodios de Strontium Dog: Winterkill en ZARJAZ.
Natural da Coruña e residente en Londres, onde ademáis de facer banda deseñada ,ensina risografía e autoedición no Royal College of Art.
Óscar Losada Castro
Xornalista especializado en temas de cultura e deportes. Membro de World Music Charts Europe, asociación de críticos radiofónicos europeos especializados en música de raíz.
Director e editor das revistas deportivas Zona Press e O DEZ.
Autor de sete curtametraxes documentais e seis libros. Premiado na categoría de xornalismo, polo seu apoio ao deporte feminino, na V gala de MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas).
Na súa primeira incursión como guionista na banda deseñada traballou con Xulia Pisón en Irene, a porteira, obra que acadou o I premio Tinta de Lura ao mellor cómic galego de 2023.
Calendario previsto
Teremos nas mans o cómic a primeiros-mediados de agosto e durante o mes de setembro comezaremos a entregar os exemplares ás persoas que nos apoiaron neste proxecto.
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Sandra Villar Giner
Unha biografía necesaria nunha época de discursos intolerables. Ánimo!