SINOPSE
Oh, mammi blue! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal.
A través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.
A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.
Oh, mammi blue! é un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade.
Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.
NOTAS DA AUTORA
Este espectáculo está construído con historias que aconteceron e outras que non, coas inventadas, coas que xa ninguén lembra, con esas das que non se fala, porque as súas vimbias non son as palabras senón os xestos.
Oh, mammi blue! está feita de silencios, amnesias provocadas, e de fascinantes historias que se vencellan entre si.
Poderiamos dicir que é a historia dun embarazo de risco e a dunha muller que decidiu non abortar, tamén a de sete fillos que quedaron sen nai, ou a dunha casa construída fronte a unha igrexa, a dunha cadeira rota ao nacer e a dunha nai solteira que cando lle preguntabas por que non casara adoitaba responder “el que vino no convino y el que convino no vino.”
Pero sobre todo é a historia dunha muller intentando facer as paces co seu pasado.
SOBRE AS RECOMPENSAS
Soamente a través de Verkami poderás conseguir agasallos exclusivos que te permitirán disfrutar dunha experiencia inolvidable.
Ademáis de facerte cun entrante co amigo/a, poderás acceder a outras formas de participación e conseguir recompensas e experiencias exclusivas.
Descobre todas as posibilidades e elixe a que máis che guste; incluso poderás convertirte en coproductor e aproveitarte das vantaxes especiais.
Entrante co amigo/a
Primeiro Plato co amigo/a
Segundo plato co Colaborador Oh, mammi blue!
Postre co Mecenas Oh, mammi blue!
Festa co Coproductor Oh, mammi blue!
Os agasallos incluidos nas doazóns entregaranse na propia sala o día fixado para asistir á representación.
O principal obxectivo desta campaña é a financiación de melloras da calidade de todos os aspectos do proxecto, especialmente escenografía, vestiario, efectos especiais, iluminación, etc.
QUEN SOMOS
EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO
Dirección e dramaturxia: Noemi Rodríguez
- Directora de escena, dramaturga, intérprete e pedagoga. Premio Ojo Crítico de Teatro 2019 pola súa traxectoria en Teatro En Vilo. Noemi está considerada unha das figuras clave do teatro contemporáneo español. Traballou como directora e autora para institucións como o Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego. Entre os seus espectáculos destacan “Blast”, “La Distancia”, “Man Up”, “Interrupted”, “Generación Why” e “Hoy Puede Ser Mi Gran Noche”, entre outros. Tamén colabora en proxectos pedagóxicos e sociais vinculados ao teatro e a creación escénica.
Protagonista e produción: Helena Varela (Performance e produtora de Cinema Sticado)
Axudantía de dirección e distribución: Darlen Rodríguez
Escenografía: José Faro
Iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Dúas e Punto
Espazo sonoro e vídeo: Xosel Díez
Maquillaxe e perruquería: Salón de Beleza Ítaca
Fotografía: Alberto Pequeno
Deseño gráfico e dirección de arte: María Vilariño
Técnicas en xira: As Dúas e Punto
CALENDARIO DE PRODUCIÓN
Oh, mammi blue! xa está nunha fase moi avanzada de produción, preparándose para a súa pre estrea o 8 de agosto e estrea o 18 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas.
1 xullo – 8 agosto: ensaios e montaxe escénica con toda a equipa
8 agosto: preestrea con 40 persoas convidadas previamente
18 outubro ás 20:00h: estrea mundial no Auditorio de Cangas
📦 As recompensas entregaranse na preestrea e na estrea.
💰 DESTINO DO FINANCIAMENTO
Aloxamento e dietas da equipa durante o mes de produción
Melloras técnicas (escenografía, iluminación, vestiario)
Produción das recompensas
O proxecto conta tamén con:
Patrocinadores: Vinoteca A Micalla (Allariz), Salón de Beleza Ítaca (Cangas), Camino en Kayak (O Grove)
Apoio da Deputación da Coruña (departamento de igualdade)
Colaboración con RedTalento Consultoras
📊 Orzamento total: 25.000 €
Irémosvos facendo partícipes de todo o proceso de produción ata a estrea a través desta campaña, e moi pronto poderedes gozar de Oh, mammi blue! en directo connosco.
Síguenos
Para coñecer máis sobre o proxecto e o equipo e estar ao día de todas as novidades de Oh, mammi blue!, síguenos na nosas redes sociais:
Grazas por formar parte desta viaxe.
Axúdanos a dar vida a Oh, mammi blue!
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Deborah Vukusic
Arriba, lindas!!! 🙏❤️
Mila da aira
Todas as montaxes que vin de Cinema Sticado me emocionaron e fascinaron a partes iguais, e esta non será a excepción. Estou desexando vela! Moito ánimo, tropa😘