❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Festival Entrepontes (III edición)

O Entrepontes é un evento musical senlleiro que achega a cultura ao medio rural, contribuíndo ao desenvolvemento local. Vémonos en Rábade!

Category

Created in

Rábade
0
seconds
79
Pledges
3.026€
From 1.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O Festival Entrepontes

Volve a Rábade o Festival Entrepontes coa súa terceira edición este 2025! Nacido da ilusión e do traballo da Asociación Cultural Fillos do Chaira, o noso proxecto pretende ser un evento de referencia na axenda musical galega que achegue propostas innovadoras á nosa vila. Este ano, ademais, queremos darlle un punto festivo extra por coincidir co centenario do nacemento do noso Concello!

Queremos que o Entrepontes sexa un punto de encontro para toda a veciñanza rabadense e da contorna, dos máis festivaleiros a aqueles que van movidos pola curosidade, polo que toda a programación do festival é totalmente de balde. Buscamos así contribuír tamén ao desenvolvemento local, achegando a cultura ao medio rural e mantendo como premisas básicas as mesmas que nos acompañan desde a nosa primeira edición no 2023:

  • Innovación e orixinalidade nas propostas musicais, mezclando bandas de proximidade con outras máis difíciles de atopar no circuíto galego.
  • Diversidade de públicos: buscamos facer un evento que atraia tanto aos máis cativos coma ao público máis maior da vila.
  • Perspectiva de xénero, contando con presenza feminina como figuras principais do cartel.

Axúdanos a facelo posible!

Imaxes das pasadas edicións do festival
Imaxes das pasadas edicións do festival

III Edición do Festival

Cun punto extra de ilusión por coincidir co centenario rabadense, a nosa proposta mantén a calidade que a caracterizou estes pasados anos:

Cando? O 24 de maio · Onde? No campo da feira de Rábade · Horario? Dende a vermú ata que o corpo aguante · Para quen? Para toooodos os públicos! · Que nos imos atopar? Música de todo tipo, foodtrucks, diferentes actividades e un bo rollo incuestionable!

Recompensas exclusivas

O merchan oficial do festival estará dispoñible de xeito exclusivo para aquelas persoas que contribúan connnosco a través deste crowdfuding. Non quedes sen a túa recompensa!

  • Calcetíns oficiais do festival (van ser o hit do ano!)

  • Gorra oficial do festival porque, este ano si, vai facer un sol de coidado!

  • Parches termoadhesivos do Entrepontes 2025!

  • Imán artesán deseñado pola artista local Claudia Rodríguez para a campaña. Boceto similar á imaxe.

  • Lámina co deseño principal do Entrepontes 2025, realizado polo artista lucense Marcos Vigo.

  • E, como non, a tradicional camiseta do Entrepontes!

Calendario previsto

Farémosvos chegar as vosas recompensas durante a semana previa ao festival (24 de maio de 2025), para que poidades telas e lucilas xa durante o evento!

Queres saber máis de nós?

A Asociación Cultural Fillos do Chaira nace no verán de 2019 na vila de Rábade (Lugo), coa intención de axudar, na medida do posible, a dinamizar a vida social na vila e a desenvolver o sentimento de comunidade, unha comunidade na que se mesturasen todas as xeracións, incluídas as máis novas. Malia o contratempo que supuxo a pandemia, fomos quen de realizar numerosos proxectos, todos eles cunha acollida excepcional por parte da nosa veciñanza.

  • Charlas científicas. Achegando a ciencia á cidadanía.

  • Actuacións musicais, teatrais e monólogos.

  • Documental Falando de Rábade. Documento audiovisual para a posta en valor do pasado na nosa vila. A través das persoas maiores de Rábade gardamos testemuñas da nosa historia máis recente para que perduren durante xeracións.

  • Club de lectura interxeracional.

Algúns de nós logo do Entrepontes 2024!
Algúns de nós logo do Entrepontes 2024!

Segue todas as novas do festival en Instagram.

E tamén as da nosa asociación!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Jose Martínez

    Jose Martínez

    2 months

    Longa vida ao Entrepontes

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy