❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Esquíos, edición en vinilo+cd do seu novo disco, "Porcocan".

O que procuramos e facer o que viñamos facendo pola nosa conta ata o de agora: editar un disco, esta vez de novo en formato vinilo pero incluindo tamén o cd, e facer unha camisola coa portada de Porcocan, o noso vindeiro traballo discográfico.

esquios

A project of

Category

Created in

0
seconds
18
Patron
468€
From 2.936€
Contribute to the project

Si, Porcocan. Este é o título do noso vindeiro disco, 12+1 temas que se gravaran en marzo nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero.

Posiblemente, aínda que é un tópico dicilo, sexa o mellor que fixemos ata o de agora, pero iso seredes vos quen o decidades así, ou non. Nos temos a tranquilidade de ter feito o que máis nos gusta e do xeito que mellor sabemos, seguindo a nosa liña e aportando cousas novas.

Agora sodes vos os que deberedes pronunciarvos ao respecto:

Debe Porcocan ter unha edición física en vinilo e cd?
Ten que existir unha camisola coa figura de Porcocan estampada nela?

QUEN SOMOS?
Esquíos somos unha banda estradense (con algún compoñente valdeorres) de punk-rock garaxe e o que nos boten, que temos cinco traballos discográficos previos autoeditados e máis de cen concertos as nosas costas.
Levamos unha filosodía moi Do It Yourself (Faino ti mesmo) que nos ten levado a deseñar as nosas portadas, chegar a gravar e masterizar nos mesmos algúns dos nosos discos ou facer os nosos videoclips.

QUE QUEREMOS FACER?
Esquíos imos gravar o noso novo disco, o sexto e que levara por título Porcocan; o caso e que non temos un can para editalo, tan so para gravalo, e iso por que o faremos en tempo record, que senón nin para iso. Entón a campaña consiste en recadar cartos para facer a edición en vinilo e cd, e facer algunhas camisolas coa portada do disco.

E POR QUÉ CHEGAMOS A ISTO SE SOMOS TAN DIY (Faino ti mesmo)?
Pola caída de ingresos derivados dos concertos e o deixar de cobrar das distribuidoras musicais as vendas dos nosos traballos (que aínda así, seguen vendendo), basicamente por iso. En definitiva, a crise, e o proveito que algúns sacan dela, of course. O conto de sempre.
Por outra banda parecenos un medio moi axeitado para que @s nos@s seareir@s (se @s temos hehe) consigan a nosa música e demais, no mellor soporte posible e a un prezo moi razoable.

MÁIS DATOS....CONTADEME?
Esta será a única fonte de financiación, aínda que depende como vaia a gravación (se fan falla máis ou menos días) quizais poidamos contar con algúns cartos extra. Algúns de nos estamos no paro e o resto non temos capacidade económica (tamén dicir, que é un tópico pero para nos os cartos son o de menos) para financiar todo isto, por iso recorremos a esta modalidade.

CANDO SE FARÍA ISTO?
A gravación do disco terá lugar os días 9 e 10 de marzo, co cal aproximadamente a comezos de maio teríamos todo finalizado.
Farase nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero (ao igual que o anterior "Agora si!") e podemos garantir que probablemente estemos falando do noso mellor traballo (cousa que teredes que decidir vos, xaora).

Agardamos poder contar coa vosa axuda para sacar adiante este proxecto e dar un soporte digno as que cremos que son as mellores cancións que fixemos nunca, e conste que non nos gusta nadiña falar por falar.

Saúde e liberdade!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • rockoloco

    rockoloco

    about 7 years

    Boas xente, dende NAO tamén queremos poñer o noso grao de area. Son tempos dificiles para todos, pero cun pouco de apoio o rock da estrada seguirá dando que falar. Moita sorte compañeiros, vémonos nos escenarios.

#01 / Porcocan

Si, Porcocan. Este é o título do noso vindeiro disco, 12+1 temas que se gravaran en marzo nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero.

Posiblemente, aínda que é un tópico dicilo, sexa o mellor que fixemos ata o de agora, pero iso seredes vos quen o decidades así, ou non. Nos temos a tranquilidade de ter feito o que máis nos gusta e do xeito que mellor sabemos, seguindo a nosa liña e aportando cousas novas.

Agora sodes vos os que deberedes pronunciarvos ao respecto:

Debe Porcocan ter unha edición física en vinilo e cd?

Ten que existir unha camisola coa figura de Porcocan estampada nela?

Vos tedes a ultima palabra.

Saúdos e adiante coa música en galego!

5€
1 backer

Descarga o disco antes de que saia a venda
+ o teu nome saira na carpeta do mesmo.

10€
2 backers

Pack PORCOCAN: VINILO + CD

Vinilo de 140 g. con carpeta a todo color
+ A edición en CD nun sobre de plástico
+ O teu nome saíra na carpeta do disco
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Entrada gratuita a un concerto da presentación do disco.
(Recompensas a recoller en persoa ou nun concerto)

13€
198 left (of 200)

Pack PORCOCAN NA CASA: VINILO + CD

Vinilo de 140 g. con carpeta a todo color
+ A edición en Cd nun sobre de plástico
+ Recibiralo na túa casa sen custe adicional
+ Teu nome saíra na carpeta do disco
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Teras entrada gratuita a un concerto da presentación do disco.

21€
98 left (of 100)

Pack VINILICO

Vinilo + CD de "Porcocan"
+ Vinilo “Galician carraxe on garaxe”
+ Teu nome saíra na carpeta do disco
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Entrada gratuita a un concerto da presentación do disco.

21€
74 left (of 80)

Pack VISTETE

Vinilo+CD "Porcocan"
+ Camisola "Porcocan" de manga curta (cor azul mariño) coa portada do disco. Varias tallas a escoller.
+ Teu nome saíra na carpeta do disco
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Entrada gratuita a un concerto da presentación do disco.

29€
49 left (of 50)

Pack TOTAL

Vinilo+CD "Porcocan"
+ Camisola "Porcocan"
+ Vinilo "Galician carraxe on garaxe"
+ 4 CD's de Esquíos (*1º, Un tipo normal, Eche o que hai!, Agora si!*)
+ Teu nome saíra na carpeta do disco
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Entrada gratuita a un concerto da presentación do disco.

31€
50 left (of 50)

Pack TODOPARAMIN

Vinilo+CD "Porcocan"
+ Camisola "Pococan"
+ 5 CD's anteriores de Esquíos (*1º, Un tipo normal, Eche o que hai!, Galician carraxe on garaxe, Agora si!*)
+ Teu nome saíra na carpeta do disco
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Entrada gratuita a un concerto de presentación do disco.

55€
1 left (of 5)

Pack TEÑOMOIT@SAMIG@S

5 Vinilos+Cd "Porcocan"
+ Teu nome saíra na carpeta do disco
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Entrada gratuita a un concerto da presentación do disco.

400€
5 left (of 5)

Pack MELLORCANTOMAISPRETO

CONCERTO DA BANDA dentro de territorio galego
+ Vinilo+CD "Porcocan"
+ Camisola
+ Vinilo "Galician carraxe on garaxe"
+ 4 CD's de Esquíos (*1º, Un tipo normal, Eche o que hai!, Agora si!*)
+ Descarga digital antes de que saia a venda
+ Teu nome saíra na carpeta do disco

Cookies help us to offer you the best experience. Settings