❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Discover the 10 most exciting projects of 2019!

NAO "CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE"

Logo de 8 anos concertos e con dous disco as nosas costas, iniciamos este verán a gravación do noso 3º disco de estudo: "Cancións de amor e liberdade". Precisamos de vós para poder sacalo adiante. Que sexades cómplices connosco deste proxecto.

NAO

A project of

NAO

Category

0
seconds
131
Pledges
5.215€
From 5.000€
Contribute to the project

Choose your reward

En Agosto deste ano comezamos a preprodución-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man dun vello amigo de NAO: Óscar Fernández "Chichi".

Logo de máis de 4 meses podemos afirmar que o que comezaron sendo ideas soltas agora son un disco sólido e sen fisuras.

POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE?

Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda.

Agora mesmo temos 10 cortes gravados e imos comezar en Xaneiro a mistura.

Do mesmo xeito temos xa escomenzada a gravación dun videoclip coa produtora audiovisual Oitoemedio produccións.

A nosa idea é ter todo listo e editado o 26 de ferbreiro de 2013. E comezar unha xira de presentación por Galiza en marzo.

Para isto precisamos que nos botedes unha man. A cambio tedes recollidas aquí a vosa dereita os agasallos que recibiredes por ser con nós partícipes deste novo disco.

AS VOSAS APORTACIÓNS IRÁN DESTINADAS A PAGAR:

A produción, gravación e masterización do disco nos Estudios Mafia Records (O Carballiño).

Edición física de 1000 Cds en formato digipack

Deseño do disco, web e social media.

Fabricación de 100 camisolas, 500 cartaces da xira e 200 colantes.

Gravación dun videoclip.

O que vos pedimos non é o total do que isto custa senón só unha parte.

Xustamente o que nos falta por pagar.

Temos dous discos no mercado. Un deles editado co selo Kamikaze Producións "As palabras espidas". O noso 2º disco "Coas túas mans" auto-editado. Para poder gravar estes discos a banda tivo que poñer unha boa cantidade de cartos nos dous casos. Para "As palabras espidas" pedimos un crédito a unha entidade bancaria, e para "Coas túas mans" os membros do grupo puxemos gran parte do orzamento.

Nós preferimos, desta volta, pedir axuda a quen confiou en nós todos estes anos, mercando os nosos disco, vindo ós concertos, os que realmente sodes a esencia da banda e o motor que fai que isto siga igual de quente que nos seus comezos.

Colaborade con nós: Non vos decepcionaremos!!!

ADIANTO DO DISCO

A NOSA PRESENZA NA REDE:
Faite amigo de NAO en Facebook
Dalle ao "GÚSTAME" na nosa Fanpage
Síguenos en Twitter
Web de NAO
Facebook da Santa Guerrilla

Adiante compañeiros!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

20 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • NAO

    NAO
    Author

    almost 8 years

    Moi boas, nesta opción enviámosche todo a túa casa: cds e camisola; nun paquete ben xeitoso.

    En canto o cd "Coas túas mans" non imos ter problema coas existencias e todos os mecenas que optaron e opten por esta opción van a ter o seu cd sen problema.

  • pirata

    pirata

    almost 8 years

    Boas, na opción dos 25 euros mandádelo novo cd ó domicilio? e o do cd anterior "Coas túas mans" coma vai iso de até fin de existencias? e tamén o mandades ó domicilio? é a opción que máis me interesa, unha aperta, xa me comentades ;)

  • NAO

    NAO
    Author

    almost 8 years

    Non queda nada Román. Un soño feito realidade. É unha pasada sentir este apoio!!!

  • Román Cerqueiro Landín

    Román Cerqueiro Landín

    almost 8 years

    Ai estamos redondeando a cifra: só quedan 100€!!! Parabéns que isto xa está feito.

  • NAO

    NAO
    Author

    almost 8 years

    Ese Meralho!!! Moitas grazas pola túa aportación. Xa estamos as portas de conseguilo. As guitarras tronan coma nunca, xa o escoitarás. Unha aperta

  • meralho

    meralho

    almost 8 years

    bom, pois cá tedes umha ajudinha para mais um projecto musical em galego!! que troem as guitarras!!

  • NAO

    NAO
    Author

    almost 8 years

    Nós desexamos o mesmo , e grazas a xente coma vos estamos seguros de que o conseguiremos !!

  • GONTXU

    GONTXU

    almost 8 years

    Ahi vos queda a minha aportacion rapaces ¡¡¡¡¡ queremos ese discazo na rùa xa ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ apertas ¡¡¡¡¡¡¡

  • NAO

    NAO
    Author

    almost 8 years

    Mil grazas !!

  • www.catrogatos.com

    www.catrogatos.com

    almost 8 years

    Vamos chicos que xa vos falta menos. Eu xa puxen o meu graniño de area.

    E tamén tedes publi na páxina:

    http://www.catrogatos.com/2012/12/19717/

#04 / REMATAMOS NO ESTUDIO

En Agosto do 2012 chegamos aos Estudios Mafia do Carballiño con 4 cancións compostas, un feixe de ideas e letras e o soño de facer un disco grande para este 2013 que cambiara a historia da banda, que dixera moitas cousas.

Hoxe día 22 de Febreiro do 2013 saímos por fin do estudio co soño cumprido e un disco listo pra mandar á fábrica.

13 cortes pra un 2013 de Nova poesía galega.

Aquí vos deixamos o tema que probablemente mellor explique o que queremos dicir con este disco.

Grazas de corazón por facer con nós este camiño que en moitos momento foi duro e que sen vó sería imposible. Dicímolo orgullosos: somos NAO, sodes NAO.

Dentro duns días vos enviaremos un enlace pra que o descarguedes todo mentres agardades a que a fábrica nos envíe os cds.

Para festexalo nos imos de festa por Compostela. Se nos vedes escapade que traemos o demo no corpo hahaha.

Un beixo amigxs.

#03 / XA TEMOS PORTADA

Para facervos a espera máis curta aquí vos deixamos a capa do disco.

Somos a canción exiliada

a liberdade do poeta

a patria liberada

guerrilla urbana incendiando guitarras

facendo barricadas en cada estrofa

mentres o capital prepara as nosas fosas...

NAO somos NÓS e dende a irmandade combativa,

somos NÓS e VÓS.

Cancións de amor e liberdade

A nova poesía galega.

#02 / QUE DICIR?

Que dicir?

A estas alturas moitas cousas. Se falamos de verkami, pois un soño a piques de cumplirse, pero vos sabedes de que fala este tema.

Primeiro tema de adianto do disco, por e para vós. Porque é preciso berrar, argumentar e sacarlle a careta ao corvo e a gaivota.

E non o esquezades:

Chámanlle rescate cando queren dicir roubo!!!

#01 / HEROES DA RESISTENCIA

O pasado domingo día 13 tivemos a visita duns amigxs que nos agasallaron este Hardchorus con anacos da nosa canción Heroes da Resistencia.

Orgullo e emoción feito hooliganismo, hehe. Grazas monstros!!!

Xa case non queda nada para conseguir o obxectivo e poder rematar isto.

Nós convencidos de que o imos conseguir e a falta de rematar as voces no estudo, imos fechando cousiñas: as colaboracións, as datas da xira, a portada, o videoclip...

Este xoves ás 23 horas imos presentar en primicia un tema novo no programa Planeta Furancho da Radio Galega Música.

Xa vos teremos ó tanto.

Sen máis, agradecervos o voso apoio e pedirvos que compartades o vídeo cos vosxs amigxs.

Cookies help us to offer you the best experience. Settings