❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Gorilas!!! Escala xogando

Quen será o Gorila vencedor? Axúdame a lanzar Gorilas!!! Un xogo de cartas para xogar mentres escalas!

Muki

A project of

Category

Created in

A Pobra do Brollón
39%
25
days
49
Pledges
1.368€
From 3.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Axúdame a lanzar a primeira edición de Gorilas!!!

Desafía os teus amigos! Quen resistirá máis e será a líder da manda? Gorilas!!! é un xogo de cartas para xogar escalando: escolle a túa parede favorita, selecciona os teus rivais e a modalidade de xogo... quen será o Gorila vencedor?

Gorilas!!! consta de 80 cartas que representan máis de 20 accións diferentes. As instrucións están en galego, español e inglés. Foi ideado para facer máis entretidos os adestramentos de escalada en muros de densidade, tanto para crianzas como para adultos, e divertirse escalando en grupo.

Hai diferentes modalidades de xogo: bloque gorileiro, a líder da manda, gorilas daltónicos, duelo de gorilas... Dependendo da modalidade de xogo, poden xogar desde 2 xogadores a todos os que queiras.

En Gorilas teredes que repetir na parede os movementos que as cartas indiquen. Para preparar o xogo só hai que escoller a modalidade de xogo á que queredes xogar e decidir quen será a Gorila Comodona, é dicir, a persoa que non vai escalar.

Esta persoa vai sacar as cartas ao chou unha a unha, dicindo en alto os movementos que os xogadores terán que repetir, adaptándose a cada modalidade de xogo (ver as modalidades máis adiante). En cada rolda poderedes cambiar ao Gorila Comodón.

E, que tipo de cartas encontraredes no xogo?

Cartas de move un pé ou unha man, dous pés ou dúas mans | Cartas de xunta mans e xunta pes
Cartas de move un pé ou unha man, dous pés ou dúas mans | Cartas de xunta mans e xunta pes

No xogo pódenche tocar cartas que indican movementos de pés e mans, son as máis sinxelas, poden ordenar mover só un pé ou unha man, dous pés ou dúas mans ou un pé e unha man á vez. O seu valor é +1 ou +2.

As cartas tamén vos poden indicar aos gorilas que esteades a xogar que xuntedes os vosos pés ou mans na mesma presa. Estas cartas valen +2 puntos.

Cartas de tempo | Cartas de solta man, cruza mans, pendurado e cruza pés
Cartas de tempo | Cartas de solta man, cruza mans, pendurado e cruza pés

O Gorila Comodón tamén vos pode mandar que aguantedes na posición que estades. Pode ser que teñades que aguantar 5” ou 10”. Estas cartas valen +2 e +3 puntos.

As cartas van aumentando en grado de dificultade, conseguiredes aguantar? Hai cartas que vos van obrigar a cruzar pés e mans, a quedarvos pendurados das mans ou a soltar unha man. Estas cartas valen +3 ou +4 puntos.

Cartas de bicicleta, calcañar, pé-man e bandeira | Cartas de Gorila
Cartas de bicicleta, calcañar, pé-man e bandeira | Cartas de Gorila

Calcañar, pé-man, bicicleta, bandeira… o xogo cada vez ponse máis técnico, seguides aguantando na parede? Estas cartas valen todas +4 puntos.

Fai o Gorila! O último dos movementos da nome ao xogo, solta as dúas mans ao mesmo tempo e colle outras dúas presas á vez. Estas cartas son as que máis valen de todos os movementos, +5 puntos.

Cartas banana e trasnada | Cartas de bloque
Cartas banana e trasnada | Cartas de bloque

Estas aguantando tanto que mereces un premio, coa carta de Banana pódeste recolocar como queiras, pero, coidado! coa carta de Trasnada, o Gorila Comodón poderá escoller o movemento que queira que fagan as xogadoras.

Por último, as Cartas de Bloque úsanse na modalidade de xogo Bloque Gorileiro para sinalar presas e crear bloques.

A LÍDER DA MANDA!

Modalidade de xogo para máis de 3 xogadores na que os participantes subirán á vez á parede mentres que o Gorila Comodón vai sacando cartas unha a unha e dicindo en alto os movementos que terán que facer as xogadoras. É un xogo de resistencia e habilidade! A Gorila gañadora será quen máis cartas aguante na parede sen caer.

BLOQUE GORILEIRO

Modalidade de xogo para máis de 2 xogadoras, nesta ocasión, os Gorilas subirán de un en un á parede intentando facer un percorrido que o Gorila Comodón sinalou previamente, sempre repetindo os movementos que indiquen as cartas. Cando a xogadora caia, contaremos os puntos que aparecen nas cartas que conseguiu facer. O Gorila gañador será quen máis puntos acumule, chegara ou non ao TOP.

DUELO DE GORILAS

Modalidade para 2 xogadoras. Seguindo o esquema do 2+2 clásico, cada xogador ten 10 cartas na man que o contrincante non ve. Quen comeza escalando escolle presas de saída na parede, por quendas, cada xogador irá engadindo 2 presas de mans máis ao percorrido pero sempre movéndose como lle indica o compañeiro que escollerá 2 cartas das que ten na man para indicarlle os movementos. Unha vez feitos os 2 movementos, as cartas usadas quedan xa á vista e o que está escalando baixa da parede, comeza a quenda da compañeira que ten que repetir os mesmos movementos nas mesmas presas que o anterior e engadir 2 presas máis ao percorrido, seguindo as instrucións do compañeiro. Seguimos facendo quendas ata rematar as cartas ou ata que un dos escaladores cae.

GORILAS DALTÓNICOS

Esta modalidade de xogo pódese aplicar a calquera das anteriores para facelas máis difíciles usando o punto de cor que aparece nas cartas ao lado da puntuación. Este punto indica que nese movemento non se poderán usar presas desa cor.

GORILAS AFECCIONADOS E PROFESIONAIS

A dificultade dos modos de xogo anteriores pódese variar, por exemplo, podemos facer que sexa máis difícil prohibindo repetir presas nos diferentes movementos.

Tamén podemos facer que as partidas sexan máis sinxelas retirando da baralla as cartas que supoñen unha maior dificultade.

Queres botar unha ollada as instrucións completas? Velaí as tes!

Son Muki, hai un tempo decidín unir dúas das miñas cousas favoritas: a montaña e os xogos, e comezar a desenvolver xogos relacionados coa escalada e o alpinismo. O primeiro resultado foi Cordadas: trasnadas camiño do cumio! Un xogo de cartas de temática montañeira co que naceu Muki Xogos.

Para este proxecto, xunteime con Álex Moro. Álex é monitor no rocódromo Movelab de Lugo e hai uns anos ideara un xogo para facer os adestramentos máis entretidos que se chamaba pé-man. Xuntos revisamos a dinámica do xogo e o deseño, Álex fixo novos debuxos e así xurdiu Gorilas!!!.

Espero que vos gusten e poder seguir a sacar máis xogos nun futuro!

Álex e eu
Álex e eu

Ademáis do xogo, tedes moitas outras recompensas a un prezo único para o crowdfunding:

  • O novo xogo Gorilas!!! Escala xogando.

  • Bragas de pescozo de Gorila feitas por Mari e Marcos, o equipo de Magnesera.com.

  • Bolsas de neopreno de Gorila para levar o xogo onde ti queiras, tamén feitas polo equipo de Magnesera.com.

  • Pack de 5 xogos con desconto para tendas e rocódromos.

  • Sorteo: aproveita o pack Gorila Madrugadora, só activo durante as primeiras 72h, sortearemos un pack gratis entre os que escollan esta opción.

  • Ademais, se aínda non tedes o anterior xogo de Muki Xogos, Cordadas: trasnadas camiño do cumio, podédelo conseguir co pack Gorila Encordado.

  • Se vives na zona de Lugo cidade, A Pobra do Brollón ou Monforte de Lemos, botade unha ollada aos packs con opción km0 sen gastos de envío, así non teredes que pagar os gastos de envío e poderedes recoller directamente o pedido.

Tamén, poderedes engadir complementos ao pack que escollas: envío a Canarias, engadir máis xogos, bragas de pescozo ou bolsas.

Braga de pescozo, xogo e bolsa de Gorila
Braga de pescozo, xogo e bolsa de Gorila

As aportacións destinaranse principalmente a lanzar a primeira tirada de Gorilas, ao seu envío e promoción.

Unha vez que remate a campaña de crowdfunding, podedes contar con ter as recompensas nas vosas casas en 2 meses e medio, tempo que preciso para que saian os xogos da imprenta, xestionar o resto das recompensas e os envíos.

Pois, logo, investiga na miña web: www.mukixogos.com, segue a conta de @muki_xogos en Instagram, ou bota unha ollada aos vídeos publicados na canle de Muki_Xogos de Youtube

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Muki

    Muki
    Author

    15 days

    Moitas gracias!

  • Buscalume

    Buscalume

    15 days

    Enhorabuena por la campaña y por el juego. Seguro que va a ser un éxito 🧗‍♀️🧗‍♀️🧗‍♀️

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy