❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

BISPOS - Unha viaxe sen cores

Un relato queer, fantástico e sen cores dunha viaxe que será doce coma un amorodo e logo agria como o sabor do ferro na boca.

Milonga Producións

A project of

Category

Created in

Vigo
0
seconds
29
Pledges
1.260€
From 1.200€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O crowdfunding

Este é a nosa campaña de financiación en Verkami para a nosa próxima curtametraxe de ficcón: BISPOS. Con el buscamos cubrir gastos de produción, distribución e dietas e así poder dar vida a esta obra.

Sinopse

"Os días de choiva remataron. Ave, un xoven retratado nun mundo fantástico en branco en negro proponse ir ao río por primeira vez a nadar nas súas augas. Alí aparecerá Cazador, quen vaille mostrar como conflúen os camiños de dúas persoas que comen da mesma froita."

Unha historia de paixón, peregrinaxe e corpos en movemento.

A historia

Igrexa de Santa Mariña de Dozo, unha das localizacións da curta
Igrexa de Santa Mariña de Dozo, unha das localizacións da curta

BISPOS é unha historia sobre crecer demasiado rápido, sobre o autodescubrimiento na xuventude e sobre como distintas persoas que percorren o mesmo camiño poden chegar cada unha a unha conclusión propia sobre esa viaxe. A curta nace como a primeira parte dun proxecto audiovisual de cine independente. Unha triloxía de curtas nas que os recordos e ambicións olvidados toman forma nun mundo en branco e negro: O mundo Acromático. BISPOS é a primera destas tres pezas. A viaxe de Ave o río é a que ábrenos a porta a esta terra sen cores.

A historia toma inspiraciónde moitos medios. A estrutura da historia asemella unha parábola bíblica, unha romaría santa na que descubrimos unnha verdade (interpretable) ao final. A narración visual e temas de amor e paixón toman de referencia principal o cine do portugués Joao Pedro Rodrigues, no que mestúranse o realismo máxico, fantasía e unha clara cultura queer que as historias non usan de xiro dramático, se non que a incorporan coma un elemento máis de continuidade de forma orgánica e parte propia das personaxes. En medios máis contemporáneos a narración ambiental de **videeoxogs como Dark Souls **tamén é fundamental. Nesta saga de videoxogos non hai diálogos explícitos que indiquen o que acontece ou aconteceu no mundo, son os obxectos, fondos e decorados os que contan a historia.

BISPOS é tamén unha historia persoal. Unha historia dun home que quere explorar o mundo en todas as súas formas a través do seu corpo, e como esa búsqueda trae momentos doces e momentos escuros.

O mundo Acromático

Tríptico pechado de "O xardín das delicias", a principal inspiración simbólica do mundo Acromático
Tríptico pechado de "O xardín das delicias", a principal inspiración simbólica do mundo Acromático

“O mundo Acromático” é o nome do lugar onde transcorre a viaxe de Ave. É un mundo surreal onde non existen as cores, só hai sombras, luces e grises entre medias. O mundo Acromático ten varios lugares pero a zona na que Ave habita está baseada nunha Europa medieval imaxinaria.. A idea da que nace este “planeta” é o tríptico pechado de “O xardín das delicias” do Bosco. Nel vemos representado o terceiro día da creación de Deus. A pintura mostra unha esfera estrana na que habita unha terra pintada toda da mesma cor. O mundo Acromático nace daquelas ideas que morren na memoria da xente do mundo Cromático (o noso mundo), e desprovistas das cores que adquiren as ideas ao ser postas en práctica na vida real, cobran forma neste outro mundo alterno.

Coa vida propia e autonomía que teñen estas ideas olvidadas, BISPOS é unha curta na que os “quizáis”, os medos e ilusións, toman independencia e fan o seu propio camiño. Todo é unha escala de luces e sombras nos camiños elixidos.

Inspiracións

Os seguintes filmes inspiraron a nivel narrativo a escritura da historia de BISPOS e as súas personaxes. Estas son as pezas e os motivos/inspiracións que procuraron na parte creativa da escritura e dirección.

O ORNITÓLOGO (Rodrigues, 2016)

O ORNITÓLOGO (Rodrigues, 2016)
O ORNITÓLOGO (Rodrigues, 2016)

Unha película sobre peregrinaxe e descubrimento, mesturado con paixóns carnáis.

O EVANXELIO SEGÚN SAN MATEO (Pasolini, 1964)

O EVANXELIO SEGÚN SAN MATEO (PASOLINI, 1964)
O EVANXELIO SEGÚN SAN MATEO (PASOLINI, 1964)

Representación da vida de Xesús según o evanxelio de San Mateo, con diálogos extraídos da propia Biblia.

POOR THINGS (Lanthimos, 2023)

POOR THINGS (Lanthimos, 2023)
POOR THINGS (Lanthimos, 2023)

A súa protagonista, un “ser” alleo ao mundo busca explorar dito mundo.

Moodboard

Moodboard de BISPOS
Moodboard de BISPOS

Intencións

“Ola! Aquí Zahira, dire e guionista da obra. Vou ser breve. A miña intención coa obra é falar dunha historia sobre facerse maior con elementos suficientes para que moita xente, especialmente queer, identifíquese co proceso de descubrimento e viaxe de Ave. É unha obra moi simbólica e pode chamar a experiencias moi universáis (non quero excluir tampouco a ninguén no proceso de poder identificarse coa historia), máis o lugar de onde nace este relato visual é un moi persoal que, inevitablemente ao ser tan persoal, fará que xente que vivira algo parecido síntase máis representada. Esta historia é na súa base un relato simbólico de disidencia corporal e sexual en certa forma. Máis teredes que vela rematada para poder atopar certas estas palabras”

MILONGA PRODUCIÓNS

Milong Porducións é unha produtora xoven nacida en Vigo a fináis de 2022. Nesta mesma páxina buscamos financiación para a nosa primeira curta CANS DE FERRO (o proxecto de Verkami chamouse VIGO 72). Os nosos obxectivos son crear historias diversas, de grande calidade técnica e narrativa, e que arrisquen nos métodos de acadar estes obxectivos. Queremos experimentar coas formas e crear novos imaxinarios.

Os amorodos son un elemento clave da historia de BISPOS
Os amorodos son un elemento clave da historia de BISPOS

Obxectivos do crowfunding

Tanto o material técnico como as localizacións obtivéronse a un custo 0, sen embargo, pagar a comida,** o transporte e o aloxamento** é a parte complicada do proxecto. O financiamento obtido adicaríase principalmente a estes aspectos. Tamén reservariase unha parte para a distribución e promoción do proxecto.

Sobre a dirección

Zahira Teijelo (Vilagarcía de Arousa, 2000) adícase a arte visual, dirección e escritura de pezas de ficción. Estudou Comunicación Audiovisual na UVigo e o máster en Estudos de Cinema Contemporáneo na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona), ademáis de compatibilizar esta formación coa carreira de Antropoloxía Social na UNED. Na dirección conta con tres curtametraxes dirixidas: A SMALL REMBRANDT, CRÓNICA DUN RECORDO e CANS DE FERRO. Estas dúas últimas sendo nominadas en varios festiváis nacionáis (Festival de Cans, FIC Bueu) e internacionáis (OUTFEST Perú). Entre as súas aficións atópanse a literatura antiga, a experimentación audiovisual, o sendeirismo e o ximnasio. Actualmente reside en Barcelona.

@zahira_teijelo

O lugar da rodaxe

Toda a curta vai ser filmada entre a vila de Cambados e o concello de Portas. En Cambados temos intención de filmar na como localización principal na igrexa de Santa Mariña de Dozo, unha igrexa románica con elementos góticos e renacentistas que destaca polos seus arcos ao descuberto. A súa estética sirve de lugar perfecto para situar a nosa historia. En Portas aproveitaremos os espazos naturáis como camiños e o río Umia.

Agradecementos

Confiamos no voso apoio, xa sea económico neste mecenazgo, compartindo o noso proxecto en rede sou falando ás vosas amizades del. Moitas grazas por axudarnos a facer BISPOS realidade!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

3 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • carlos st

    carlos st

    10 months

    Ánimo 💪

  • Mariam Mohammedi

    Mariam Mohammedi

    10 months

    mucha suerte madres y lesbianas ♥️

  • Noelia

    Noelia

    10 months

    Proxecto chulísimo que merece saír adiante 🤍

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy