❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Únete á rebelión da lectura

"A rebelión da lectura" é un documental sobre a historia de Espazo Lectura, unha recoñecida asociación de fomento da lectura en galego.

Docu Espazo Lectura

A project of

Created in

Gondomar
0
seconds
77
Pledges
3.353€
From 3.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O proxecto

Espazo Lectura é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a lectura en lingua galega. Mediante voluntariado, desenvolve ao longo do ano actividades para todas as idades: dende bebés a adultos (Noite na Biblioteca, Contomar, Lendo Contigo, Contos en Cueiros, Lecturas Debuxadas...).

No ano 2026 vanse cumprir 20 anos do Contomar, a primeira actividade de Espazo Lectura, e para celebralo estamos preparando unha longametraxe documental sobre a historia da asociación, que recolla todos estes anos de traballo e ilusión: A rebelión da lectura.

Obradoiro na Casa da Lectura
Obradoiro na Casa da Lectura

Sesión de Contos en Cueiros
Sesión de Contos en Cueiros

Cronoloxía

O documental vai mesturar material de arquivo con entrevistas, que se van rodar a finais do verán do ano 2024. Durante o 2025 levarase a cabo o proceso de posprodución, e A rebelión da lectura fará a súa estrea a principios do 2026, coincidindo co aniversario.

As recompensas deste crowdfunding entregaranse en man en diferentes cidades de Galicia (Gondomar, Vigo, Ourense e Santiago de Compostela). Para facer estas entregas, poñerémonos en contacto con vós para seleccionar data e cidade, e en caso de que estas localizacións sexan imposibles, buscar a mellor solución para entregalas.

Equipo técnico

O equipo técnico da longametraxe está formado tanto por persoas que medraron con Espazo Lectura, como por outras que se foron unindo á familia máis adiante. Todas elas teñen formación e experiencia previa nos ámbitos da cultura ou do audiovisual, participando noutras obras anteriores que percorreron festivais estatais e internacionais. Entre esas obras podemos atopar moitos moito ou Señora, por favor (prod. Prime Video, CIMA).

O crowdfunding

O diñeiro recaudado neste crowdfunding vai estar destinado a cubrir diferentes necesidades da produción do filme, como poden ser o aluguer de material técnico ou os gastos de promoción e distribución.

Cando te unes á rebelión da lectura, podes obter recompensas en agredecemento pola túa doazón. Hai 9 categorías, inspiradas en diferentes personaxes de contos infantís. Entre as recompensas que podes conseguir, temos: merchandising oficial do documental (camisetas, bolsas de tea, marcapáxinas e chapas), un sorteo do libro "Os ollos do Contomar" e outros de packs de libros das diversas editoriais socio-protectoras de Espazo Lectura.

Camiseta "A rebelión da lectura"
Camiseta "A rebelión da lectura"

Bolsa "A rebelión da lectura"
Bolsa "A rebelión da lectura"

Marcapáxinas "A rebelión da lectura"
Marcapáxinas "A rebelión da lectura"

Chapa "A rebelión da lectura"
Chapa "A rebelión da lectura"

Redes

Podes informarte máis sobre o proxecto, e seguir todas as novidades no noso Instagram: A rebelión da lectura.

Se queres saber máis sobre Espazo Lectura, podes consultar o seu Instagram ou a súa páxina web.

.

Moitas grazas por unirte á rebelión da lectura! Estaremos esperándote en Gondomar.

Noite na biblioteca
Noite na biblioteca

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy