❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Festival Entrepontes (II edición)

O Entrepontes é un evento musical senlleiro que achega a cultura ao medio rural, contribuíndo ao desenvolvemento local. Vémonos en Rábade!

Category

Created in

Rábade
0
seconds
67
Pledges
2.380€
From 1.300€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O Festival Entrepontes

Nace da ilusión e o traballo de todas as persoas integrantes da Asociación Cultural Fillos do Chaira de Rábade (Lugo), para programar na nosa vila un evento musical á altura doutros grandes concertos ao longo da xeografía da nosa comunidade autónoma.

Un espectáculo que permita non só achegar a cultura ao medio rural (afastado, polo xeral, dos grandes circuitos musicais), senón tamén contribuír ao seu desenvolvemento local.

Así, en maio de 2023, tivo lugar a primeira edición do Festival Entrepontes. A súa programación foi deseñada tendo en conta unha serie de premisas básicas:

  • Idioma, a maioría das actuacións do cartel son en galego.

  • Diversidade de públicos, contando con actividades infantís e bandas coñecidas polo público máis maior da vila.

  • Perspectiva de xénero, contando con presenza feminina como figuras principais de diferentes propostas.

Algúns momentos da primeira edición do Festival Entrepontes
Algúns momentos da primeira edición do Festival Entrepontes

II Edición do Festival

Nesta edición, mantemos os nosos principios cun cartaz dunha calidade innegable.

Cando? O 25 de maio · Onde? No campo da feira de Rábade · Horario? Dende a vermú ata que o corpo aguante · Para quen? Para toooodos os públicos! · Que nos imos atopar? Música de todo tipo, foodtrucks, diferentes actividades e un bo rollo incuestionable!

Recompensas exclusivas

Para poder seguir facendo deste evento unha data significativa da nosa vila e que se manteña no tempo, precisamos que nos axudedes a completar este crowdfunding. Para iso, ofrecémosvos as seguintes recompensas, que só se venderán mediante esta plataforma:

  • Tote bag oficial do festival, para que poidas levar o teu kit festivaleiro.

  • Pucho oficial do festival, para que vaias ideal chova ou faga un sol de xustiza

  • Imán deseñado especialmente para esta campaña, artesán, feito pola artista local Claudia Rodríguez. Boceto similar á imaxe.

  • Camiseta edición limitada con deseño representativo da vila ilustrado pola artista e veciña chairega Lucía Graña

¿Queres saber máis sobre nós?

A Asociación Cultural Fillos do Chaira nace no verán de 2019 na vila de Rábade (Lugo), coa intención de axudar, na medida do posible, a dinamizar a vida social na vila e a desenvolver o sentimento de comunidade, unha comunidade na que se mesturasen todas as xeracións, incluídas as máis novas. Malia o contratempo que supuxo a pandemia, fomos quen de realizar numerosos proxectos, todos eles cunha acollida excepcional por parte da nosa veciñanza.

  • Charlas científicas. Achegando a ciencia á cidadanía.

  • Actuacións musicais

  • Documental Falando de Rábade. Documento audiovisual para a posta en valor do pasado na nosa vila. A través das persoas maiores de Rábade gardamos testemuñas da nosa historia máis recente para que perduren durante xeracións.

  • Club de lectura interxeracional

Algúns de nós!
Algúns de nós!

Segue todas as novas do festival en Instagram

E tamén as da nosa asociación

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy