❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Axudanos a poñerlle música ao Rural_MÚSICA N´ALDEA 2M24

"MÚSICA N´ALDEA" é un proxecto que, con música e outras actividades, quere devolverlle importansia e protaghonismo ás aldeas.

Categoría

Creado en

22%
28
días
16
Aportaciones
751€
De 3.400€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

O NACEMENTO

Música N´aldea naceu nun ano no que non era fácil nacer: o 2020. Era o primeiro verán respirando a través dunha máscara, véndonos ao lonxe e acostumándonos ás cancelacións de todos os eventos. Neste contexto de restricións e de aprender a vivir no medio dunha pandemia botou a andar "Música N’aldea", para que a veciñanza de Rois non quedase sen as festas patronais. Xa que a xente non podía ir á festa, se cadra a festa si que podía achegarse a ela. Fixémolo da forma máis sinxela posible, con música en acústico e pequenos grupos que podían desprazarse de aldea en aldea. Ao longo do día, as diferentes formacións visitaron os núcleos da parroquia actuando en espazos como eiras ou soutos. Nesta experiencia piloto acompañáronnos as actuacións de Caamaño&Ameixeiras, Zumaque e Caldo.

O CAMBIO

O éxito do formato, así como o amor pola vida na aldea e pola música, empurráronnos a dar un paso máis e outorgarlle vida propia a esta historia. Para isto foi necesario desligala das festas patronais e convertilo nun evento cultural con identidade e nome de seu. Desta decisión deriváronse algúns cambios, máis a esencia permanece. Se algo queremos manter e coidar é o carácter íntimo e acolledor das aldeas. Aínda que sexa un formato aberto ao público en xeral, serán as características de cada aldea e de cada espazo as que marquen o aforo. Non buscamos actos multitudinarios, xa que o que perseguimos é que o público non sexa un invasor para as persoas que lle dán vida á aldea todo o ano. Queremos que sexan uns convidados nun día de festa e que, como tal, se sintan acollidos.

O LUGAR

Non é só a música, tamén é onde se escoita. O festival terá un carácter nómada, cada ano a antifrioa será unha aldea da parroquia de Rois. Este formato responde á nosa vontade de poñer en valor as eiras, os quinteiros, os lavadoiros… Todos aqueles espazos que foron testigos e centro da vida que nos precedeu. Recollemos e coidamos do patrimonio que nos deixaron, pero tamén o reinterpretamos e lle damos unha nova vida. Onde antes mallaban o liño ou o torreiro onde festexaban o fin do traballo, serán agora os escenarios da Música N’aldea. Queremos devolverlle o protagonismo que tiveron, aínda que sexa unha vez ao ano, porque seguro que as notas e os bailes aínda rezuman na súa memoria

O FORMATO

Non concebimos este evento como un festival temático, abrímoslle as cancelas a calquera tipo de música. Tradicional, jazz, rock, blues… Todos os estilos teñen cabida. O noso selo identitario estará nas maridaxes musicais, promovendo colaboracións entre artistas e bandas que nunca antes actuaran xuntas. Ademais de música, calquera outra actividade cultural vai ser ben acollida.

QUEN PASOU POR AQUÍ?

Caamaño&Ameixeiras_Zumaque_Tralo Valo_Campeva_Raül Refree_Owl Light Trio_Xógara_El Nido_Dia Lo Go jazz_Abril_Mediarea_Os Campantes da Baña, as súas músicas xa soaron nas tardiñas do Música
N´aldea.

Pero protagonista tamén foi Luisa, que con 90 anos veu contarnos como a sua memoria gardaba os recordos daquela nena que ía as foliadas, ou Pepe, que nos fixo un viaxe pola Casa do Porto da súa infancia...e o mais importante, o público, que co paso dos anos imos convertíndonos en compañeir@s.

EDICIÓN 2M24

Este ano por cuestións de loxística voltaremos a estar na Casa do Porto, esto non significa que non vaia haber cambios. O vindeiro ano mudarémonos a un novo escenario.

A nosa axuda nesta ocasión vai ir pra o pobo Palestino a través de Medicos sin Fronteras, dous euros de cada camiseta vendida serán donados a tal causa.

             O VENRES_12 de Xullo

Celso F. Sanmartín, AKSAK e Cardelina*.

Esta edición imos arrancala falando, contando, compartindo...esas cousas pras que sempre había un momento nas aldeas de antes.

Celso F. Sanmartín
Celso F. Sanmartín

Contador de contos e cousas da vida.
"Hoxe por hoxe, as migas de tempo, os momentos que se prestaban a contar, perderon bastante os seus espazos naturais: no día a día, en datas sinaladas, en épocas do ano... Temos outros enredos no seu sitio, outra medida do tempo. Fómonos deixando dese costume natural, dese falar, contando ben contado e por contar"

Ayse Yavuz, Elena Domínguez e Tato López danlle vida a AKSAK. Músicos e músicas de moi diversos estilos, que convidan ao espectador a mergullarse nunha viaxe polo Atlántico Galaico e o Mediterraneo Turco, e a redescubrir as nosas raices culturais.

Cardelina, acompañada de Pablo Cano, ofrece unha emotiva e apaixoante viaxe atemporal co seu particular estilo, que fusiona o estilo folk country coa música de raiz castelá, xunto coas suas letras, que falan da búsqueda persoal, do abandono do medio rural e do noso paso pola vida.

            O SÁBADO_13 de Xullo

A mañán do sábado xa é un clásico, almorzo, ruta, vermú, música.....e rematarémola como fan as familias o día da festa, xantando tod@s xunt@s!!!

Pola tarde teremos un taller de baile tradicional, estamos tamén intentando pechar algún acto relacionado co problema Palestino .....e entre unha cousa e outra contaremos uns contos pra ir coñecéndonos.

Ao solpor e as primeiras horas da noite vanlle poñer melodía Lucía Martiz, Èlia Bastida e Boroa, co espectáculo "Tinta de Fol"*

Lucía Martiz, a voz do fado en Galicia, a esencia de Portugal expresada cunha voz emotiva, dramática e versátil, creando o arte de cantar un estilo musical galego-lusófono.

Estará acompañada do instrumentista brasileiro Mauricio Caruso

Apasioname o jazz, a música clásica e a música brasileira, as melodías e a capacidade da música pra comunicarnos, pra emocionarnos e facernos desfrutar”

                                    Êlia Bastida

“Ha vuelto a traer el violín al centro del escenario en lugares de jazz de toda Europa”

GARRY BERMAN, The Syncopated Times (31 decembro,

2021)

Boroa presenta Tinta de Fol, unha performance pictoacústica na que a banda ponse ao servizo da pintura para transformar as ondas sonoras en pinceladas negras e grises, onde composicións da artista Sabela Olivares harmonizan coa tinta chinesa sobre o papel da man do ilustrador David Cuence.

NOTA:

Os concertos, tanto o venres coma o sábado, comenzarán as 20:30h.

O sábado, pra todos os que se animen a facer a ruta, teremos o almorzo preparado as 09:00. A hora prevista da saída é a das 09:45*, recomendado inscribirse.

Animámosvos a que traiades a comida pra xantar todos xuntos na carballeira.

Coa venta de entradas a través deste micromecenazgo podemos sufragar o caché de duas das bandas que van actuar, por eso decimos que o festival sodes vós.

GHRASIAS POR DARLLE VIDA A ESTO!!!

Máis info en:
Instagram
Facebook
Web

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies