QUEN SOMOS
MÁS MUJERES é un colectivo de mulleres feministas que decidiu dar un paso máis no seu activismo. Fíxoo soñando con crear, aprender, apoiar e acompañar loitas colectivas. Para iso, tece redes de sororidade con outras mulleres arredor do mundo.
Esa ilusión materializouse en 2020 coa COLECCIÓN VALIENTAS, unha serie de contos ilustrados que, cunha estética coidada, dan visibilidade a loitas de mulleres contemporáneas que están contribuíndo a construír un mundo mellor. Deste xeito, cada volume transmite a través das súas imaxes e palabras unha dura realidade dunha forma positiva para implicar a cantas máis persoas mellor.
PROTECTORAS, a primeira publicación da colección, abordou a situación das mulleres defensoras de Dereitos Humanos de Abya Yala (Latinoamérica), quen se ven obrigadas a fuxir dos seus territorios por ameazas e persecucións ao enfrontarse a grandes transnacionais extractivas.
PODEROSAS, o segundo volume, visibilizou as historias de Las Poderosas Teatro e outras moitas mulleres guatemaltecas que, a través da interpretación, transitaron de vítimas a superviventes das violencias machistas, sandando as súas feridas.
ROMPEDORAS, o noso terceiro soño, é este conto con que poderás contribuír coa túa achega á organización Save a Girl Save a Generation que loita pola erradicación e a prevención da mutilación xenital feminina (MXF).

OBXECTIVOS
Publicar o conto ilustrado ROMPEDORAS, para visibilizar a historia de Asha, quen se rebelou e con valentía se enfrontou a toda unha cultura co fin de que a súa filla, Hayat e despois moitas outras, no tiveran que sufrir a mutilación xenital feminina.
Contribuír a que SAVE A GIRL SAVE A GENERATION, a asociación que fundou Asha coa estreita colaboración da súa filla, e logo foi medrando, poida continuar co seu camiño de facer efectivos os dereitos das mulleres, así como axudar a previr que millóns de nenas sufran a MXF a través de ferramentas de educación sobre a súa saúde e a súa capacidade de liderado.

PROTAGONISTAS
Asha Ismail relata a súa vivencia da mutilación xenital feminina para erradicala e, a través da súa valentía, vai multiplicando esta loita con todas as mulleres que se cruzan na súa vida, desde que impedira que a súa filla Hayat fose mutilada. A súa historia é, en realidade, a de millóns de mulleres e nenas.
Asha, quen sempre soñou con converterse en locutora de radio, fundou a organización SAVE A GIRL SAVE A GENERATION, alzando a súa voz para transformar a comunidade na que medrou, na que agora vive, así como todos os lugares do mundo onde se practica a MXF co obxectivo de previla e erradicala.
Valéndose das historias de numerosas superviventes destas prácticas, conseguen achegar e alertar á sociedade da inxusta e dolorosa realidade que viven moitas mulleres e nenas en diversas culturas, descoñecida para a maioría da poboación doutras partes del mundo.
Desde 2007, no momento no que comeza esta andadura para todas estas mulleres, a quen se lles negou o dereito a falar e defender os seus dereitos desde nenas, conseguiron levar a cabo numerosos proxectos tanto en Quenia como en España que contribuíron a que unha gran cantidade de mulleres e nenas evitasen ser sometidas á mutilación xenital feminina.

DESCRICIÓN DO CONTO
ROMPEDORAS é unha historia que amosa o valor dunha muller que creu que as cousas podían ser diferentes e de como se atreveu a impedir que a súa filla fose mutilada. Amósanos a busca do seu propio camiño, a súa xenerosidade á hora de compartir a súa aprendizaxe vital e contribuír así a transformar tantas vidas. Empúxanos a poñernos en pé e berrar: Nin unha máis! Non podemos deixar de escoitar ese silencio esgazado: debemos defender a integridade física e emocional de todas as nenas e mulleres do mundo e erradicar a MXF.
Este conto é a historia de numerosas mulleres que xuntas conseguiron visibilizar esta violación de dereitos humanos e promover cambios para evitar que se sigan producindo. Porén, queda moito camiño por percorrer e por iso este conto é tamén un recurso pedagóxico para invitarnos desde a empatía e a sororidade a camiñar a carón de Asha e centos de mulleres en todo o mundo cara a erradicación da mutilación xenital feminina (MXF).
Ao igual que os demais relatos da COLECCIÓN VALIENTAS, este vai moito máis alá. A través da beleza das súas palabras e as súas ilustracións, convértese nunha ferramenta que pretende transformar mentes e sensibilizar corazóns, para aliarnos e xuntas poder construír o mundo co que soñamos, no que as mulleres sexamos libres.
Consideramos que ROMPEDORAS podería lerse a partir dos 13 anos. Cremos que a literatura permite achegarse doutro xeito á MXF desde a emoción e a empatía.
O conto ROMPEDORAS contará con 40 páxinas como mínimo, coas palabras coidadosamente escollidas por Anna Maria Porté e máis de 15 ilustracións marabillosas creadas por Sara Fratini.

AGASALLA
Se queres que alguén reciba un VALE polo conto ROMPEDORAS polo ser aniversario, ou porque si, solicítanos o teu VALE no noso correo [email protected] indicándonos se prefires que o enviemos por email ou por correo postal e facilitándonos o enderezo da persoa destinataria.
Lembra indicarnos en que idioma queres o(s) teu(s) libro(s), a escoller entre éuscara, castelán, galego e catalán.

A QUE DESTINAREMOS AS NOSAS ACHEGAS
O noso obxectivo é apoiar economicamente a SAVE A GIRL SAVE A GENERATION para que prosigan o seu camiño pedagóxico e preventivo na súa misión de erradicar a mutilación xenital feminina. Porque queremos que esta organización continúe protexendo a máis xeracións.
Por este motivo, a contía mínima que marcamos irá destinada aos custos de publicar o conto. Porén, o noso desexo é superar esta cantidade para poder apoiar esta organización que sensibiliza sociedades e acompaña nenas e mulleres na loita polos seus dereitos.
Grazas a esta iniciativa impulsada por MÁS MUJERES poderemos facelo. Axúdanos a apoiar proxectos rompedores como este!

A QUE MULLERES QUEREMOS ACOMPAÑAR E APOIAR
A mutilación xenital feminina é unha das violacións dos dereitos das mulleres e as nenas máis extremas que persisten no mundo, unha forma de control sobre elas disfrazada de “tradición cultural” que pretende mantelas no lugar que o patriarcado lles asigna. Queremos acompañar as superviventes desta cruel práctica e as que corren o risco de seren sometidas a ela.
Segundo a Organización Mundial da Saúde, a mutilación xenital feminina defínese como todas aquelas prácticas que implican a extirpación total ou parcial dos xenitais externos femininos ou outras lesións aos órganos xenitais, por motivos non terapéuticos. Estas prácticas producen profundas consecuencias prexudiciais, tanto físicas como emocionais, en todas as etapas da vida das mulleres e as nenas que as sofren: hemorraxias, infeccións, relacións sexuais dolorosas e/ou dificultade para o pracer sexual, incluso risco de morte nos complicados partos asociados.
Actualmente, no mundo hai uns 200 millóns de nenas e mulleres que sufriron a mutilación xenitaa mil feminina arredor de 30 países, dos que 22 se sitúan no continente africano, Oriente Medio e algunhas zonas de Asia. Como di Hayat: “Non son só unha cifra, son persoas, vidas e historias reais”. Son 200 millóns de realidades que amosan o sufrimento que provoca esta práctica, que cada vez máis mulleres e gobernos se esforzan en abolir.
É un fenómeno global que está prohibido en 44 países. Con todo, segue a practicarse na clandestinidade e algunhas comunidades evitan as repercusións legais ao participar na MXF transfronteiriza, un tipo de práctica onde se traslada a nenas que viven nun país onde a tradición está prohibida a outro país onde non é ilegal.
O feito de que coas migracións se expandise a outros destinos como EE. UU. Canadá, Europa, Australia, Nova Zelandia… demostra o escaso coñecemento desta problemática nesta sociedade globalizada.
Por iso, queremos contribuír a soster a todas estas mulleres e nenas que necesitan redes de mulleres para que, ao igual que Asha e Hayat, berren unidas e rachen coa súa forza colectiva os tabús e as prácticas de mutilación xenital feminina. Porque son ROMPEDORAS, porque van cambiar a vida a moitas nenas e a moitas xeracións.

AS MULLERES ENREDADAS SOMOS:
Cris (Cristina Alba) - Soñadora e feminista, de gran sorriso e mecha curta, empeñada en non perder a miña nena interior. Gocei ao máximo das miñas varias vidas polo mundo, aprendendo das miradas e soños de tantas mulleres e pobos.
Erika Angulo - Intensidade e entusiasmo. Teño moitas paixóns e esfórzome en cada unha delas, pero a maior de todas é conseguir a verdade e a xustiza, sempre buscando desenmascarar o mal que axexa a nosa sociedade. Son luz e arrodéome de luz, por iso estou enredada.
Haize (Haizea Arbide Aza) – Profesora vocacional, feminista e activista antirracista que loita polos dereitos das persoas migrantes. Reivindicativa e puntillosa. A linguaxe crea realidade. Ocupada e ocupándome continuamente. Nai de dúas criaturas.
Yoli (Yolanda Barco) - Feminista entusiasta. O meu camiño sempre estivo enfocado a un cambio no sistema heteropatriarcal e capitalista que nos oprime ás mulleres e a tantos outros colectivos. As miñas vivencias xunto a mulleres de culturas diversas e as súas loitas forxaron o meu propio empoderamento.
Sara Fratini – Artista multidisciplinar e xestor cultural de orixe venezolana. Apaixonado polo debuxo dende moi pequeno, o meu traballo é un equilibrio entre a creación artística e a xestión cultural. Fixen murais por todo o mundo, publiquei libros ilustrados, organicei festivais e proxectos socioculturais con colectivos que admiro como Save a Girl Save a Generation e Karmela Cultura.

Ana González – Activista feminista, defensora e soñadora. Sigo crendo que outros mundos son posibles e no poder da educación e o colectivo para a transformación social. Filla de moitas terras. Filla de moitas memorias.
Amaia Iguaran – A miña vida non ten sentido sen o feminismo nin o activismo, especialmente pola defensa dos DD. HH. Todos e para todas as persoas. Os meus pasos en pintura e escritura convértenme en ‘artista’, polo menos cando me deixan.
Anna Maria Porté – Nacín nunha vila pequena e creo, como Galeano, que moita xente pequena, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. Herdei unhas raíces profundas que se nutren de cultura e beleza. Gozo aprendendo o oficio de escribir.
Clara Ruiz – Buscadora, inconformista, soñadora. Feminista e antirracista, móvenme as ganas por facer do mundo un lugar mellor, en revisión constante para achegar cada día. Encántanme as boas conversas, pasear polas praias infinitas e os atardeceres...
Lore (Lorea Undagoitia) – Feminista euskaldun e trotamundeira. No tempo libre, pallasa. Soño e actúo para que outro mundo sexa posible. Son das que penso que a través da educación chega a revolución. Apaixóname a montaña e os seus agochos. Loito polas inxustizas sen perder o sorriso.
CALENDARIO PREVISTO
Actualmente ROMPEDORAS está en proceso de adaptación e ilustración. Entregarémosvos os produtos escollidos en xuño do 2024.
En caso de que pertenzas a unha organización de loita contra as violencias machistas, escríbenos a [email protected] e farémosche chegar un exemplar sen ningún custo a calquera lugar de España.
+INFO
• Segue o día a día do proxecto nas nosas páxinas de facebook: Colección Valientas - Más Mujeres
• Estás colaborando co terceiro proxecto da Asociación MÁS MUJERES. Para coñecer mellor os seus fins e filosofía visita a web: www.masmujeresongd.org
18 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
SoWhat
¡ adelante con este proyecto tan importante !
monica
Gracias INFINITAS por vuestra labor, ni una MGF más!!!
monica
Nunca olvidaré cuando nos lo contaste, tu SENTIR y tu VALENTÍA son admirables y ojal
monica
Nunca olvidaré cuando nos lo contaste, tu SENTIR y tu VALENTÍA son admirables y ojalá
CELIA ARANCÓN BENITO
Me alegra enormemente poder contribuir con un pequeño granito de arena a vuestra causa tan necesaria.
Pablo
Qué suerte que haya personas como vosotras luchando por acabar con estas injusticias. ❤️
Pablo
Qué suerte que haya personas como vosotras luchando por acabar con estas injusticias. ❤️
Victoria
Maravillosa vuestra labor!
Victoria
Maravillosa vuestra labor!
Olatz Eizagirre Olaskoaga
Gora zuek, eta eskerrik asko egindako lanagatik. Nire aleen zain nago irrikitan!