❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

S.O.S. SCD PONTE CALDELAS

O temporal levouse por diante as nosas intalacións e precisamos da vosa axuda. Son moitas as familias, nenos e nenas perxudicadas. Gracias.

Josiño Carballo

A project of

Category

Created in

Ponte Caldelas
0
seconds
42
Pledges
2.000€
From 2.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

FAITEVERDE

Ola, somos a Sociedade Cultural Deportiva Ponte Caldelas.

O pasado 4 de novembro o temporal arrasou coas nosas intalacións do Chan da Barcia deixándoas inservibles para toda a tempada.

Debido a esta catástrofe, a situación económica do clube complícase moito xa que temos que afrontar tódolos gastos como son adestramentos, desprazamentos, árbitros, adestradores, etc e precisamos da vosa axuda para poder seguir adiante.

Moitísimas gracias pola vosa colaboración e apoio.

vista actual do Chan da Barcia
vista actual do Chan da Barcia

o "non" terreo de xogo
o "non" terreo de xogo

ex-portería
ex-portería

ex-portería 2
ex-portería 2

escola de fútbol Ponte Caldelas
escola de fútbol Ponte Caldelas

Os gastos aproximados por temporada aos que nos enfrentamos coma clube e para o cal queremos destinar as vosas achegas son:

  • Adestradores 45.000€

  • Fichas xogadores 7.000€

  • Gastos árbitros 10.000€

  • Lavandería/utillaxe 2.500€

  • Desprazamentos 5.000€

Deste gastos e gracias as aportacións dos socios, patrcionadores, colaboradores e publicidades xa temos unha parte recaudada.

HISTORIA

O Club de Fútbol Sociedade Cultural Deportiva de Ponte Caldelas foi fundado en 1972 ainda que non comezou a xogar ata 1974. En 1976 creouse o equipo de Xuvenís.

Nace mentres Don Eliseo era alcalde de Ponte Caldelas e como Don Manuel González Andión era contratista, encargoulle que llevara a cabo a obra do campo de fútbol nunhas fincas que foron donadas ao Concello. Así foi como Don Manuel convertiuse nun dos socios fundadores do noso clube, xunto con Manolo Otero (Secretario) y Cesar Rodríguez (Tesorero), entre otrous. Gran parte dos xogadores viñan doutro equipo, o Imperio, que xogaba no campo de Catroventos.

O primeiro campo foi feito a man, sen máquinas, e coa axuda de todos, tanto material como económicamente. E ao mesmo tempo púdose facer tamén a caseta que hoxe son os vestiarios antigos.

As nosas cores, o blanco e o verde, débense a que o noso fundador, Don Manolo, era seguidor do Racing de Ferrol. O escudo el foi elaborado por Don Rafael López.

Foron moitos os xogadores, directivos, colaboradores, etc, que pasaron polo noso clube e con construíuse a nosa historia. Unha historia na que predomina ese sentimento que nos une para loitar polas nosas cores con lealtade, dignidade, moito esforzo e paisón.

Calendario previsto

A campaña estará activa ata o 31 de decembro de 2023.

As recompesas enviaranse durante xaneiro 2024.

+ Séguenos en:

Instragam
Facebook
Youtube

Moitas gracias por ser parte da #SCDPONTECALDELAS

#FAITEVERDE

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy