¿De qué trata Galicia MusiCalidade?
Este proxecto é un libro ilustrado sobre a música contemporánea galega. O seu título é Galicia MusiCalidade. Unha terra feita de acordes.
O libro aspira a ser unha obra accesible e visualmente cativadora para os amantes da música, pero tamén para persoas que se están iniciando na escena do noroeste peninsular.
Céntrase sobre todo nos artistas que dominan os escenarios da terra na actualidade, pero tamén ten en conta aos solistas e bandas que foron referentes e achanaron o camiño.
Con todo, esta publicación procura abarcar xéneros de electrónica, rock, pop, rap, entre moitos outros, con especial atención aos artistas que marcaron un punto de inflexión nos seus xéneros ou que experimentaron unha gran acollida por parte do público.
A obra ten aproximadamente 100 páxinas nas que os textos van maquetados sobre as ilustracións, intentando que se pareza o menos posible a unha enciclopedia e que teña unha apertura á primeira vista fresca e cautivadora.
Edicións
Era imprescindible que o libro tivese unha edición en galego, con todo, pensamos que moitas veces as publicacións sobre a nosa terra quedan atrapadas polo "Telon de Grelos", é por elo que decidimos lanzar outra edición en castelán buscando captar a persoas curiosas pola cultura galega ou, directamente, achegarnos aos apaixonados por Galicia que son conscientes que a música non entende de fronteiras.
Contido
O enfoque sitúase firmemente na música contemporánea de Galicia, nas voces e melodías que definen o século XXI.
A medida que exploramos as páxinas deste libro, mergullámonos na creación musical e artística que está a dar forma á identidade sonora desta rexión no presente.
Con todo, non podemos esquecer que a música non xurde do nada; está arraigada na historia e nos visionarios que fixeron de guías ás novas xeracións. Ao longo das súas follas, tamén rendemos homenaxe aos precursores que, coas súas contribucións, sentaron as bases para a vigorosa escena musical actual.
É un recordatorio de que esta terra artisticamente é un río en constante evolución, enriquecido pola tradición e proxectado hacia a innovación.
Esta obra contén no seu interior un universo sonoro diverso e apaixonante.
Desde os lendarios Golpes Bajos ou Siniestro Total ata a enerxía punk de Terbutalina, o folclore tradicional de Carlos Núñez e a fusión única de Baiuca. Figuras como Iván Ferreiro e Xoel López comparten espazo coa frescura de Novedades Carminha e a transgresión de artistas como Cora Novoa.
Tamén se pode disfrutar entre as súas liñas de artistas relativamente recentemente chegados como Fillas de Cassandra, Grande Amore, Boyanka Kostova ou The Rapants.
Este libro convida a explorar dende as raíces tradicionais ata os sons máis vangardistas, destacando a riqueza musical que define a identidade galega.
Aquí embaixo deixámosvos unha pequena mostra do traballo que estamos a finalizar.
Sobre os autores
O libro foi escrito por Noel Turbulencias e ilustrado por Victoria Sánchez, dous apaixonados da música que uniron os seus talentos para realizar diversas labores de divulgación musical.
Por un lado, Noel leva máis dunha década realizando programas musicais en Cuac FM, a radio comunitaria de A Coruña e facéndose un nome na comunicación. Colaborou en seccións de Distrito 15, en Radio InterCoruña con María Nieto; O Galo Canta, de Radio Estrada xunto a Iago Gordillo; ou Música Envenenada, en Radio Polígono compartindo micrófono con Samu Sobrino. En medios escritos participou no blog Pániko Nuclear e actualmente colabora na edición Noroeste de Mondo Sonoro, ademais de ser entrevistado en diversas ocasións para analizar noticias de temática musical en medios como Onda Cero, Huffington Post, InfoLibre ou ABC.
Por outro lado está Victoria, ilustradora, escritora, e maestra de profesión, que en 2021 edita Murcia Loves Indie, un libro de características semellantes ao de Galicia, facendo o propio coa escena murciana, liderada por grupos como Arde Bogotá, Viva Suecia, Varry Brava ou Hoonine. A súa obra foi lanzada dende a máis pura e auténtica autoxestión, logrando vender máis de 1.000 copias en menos dun ano.
Recompensas do crowdfunding
Se participas neste crowdfunding conseguirás recompensas exclusivas como mecenas ou descontos respecto ao precio final en algúns packs.
Todas as recompensas, exceptuando a de librarías, a de asociacións e a de patrocinio, recibirán un marcapáxinas exclusivo e un dossier dixital con contidos adicionais para profundizar na escena musical galega a través de podcasts, playlists ou creadores de contido especializados.
Ademais disto ofértanse recompensas como láminas dos debuxos de Victoria Sánchez que realizáronse para o libro e nas que engadimos algunhas das nosas verbas favoritas do artista que protagoniza a mesma.
Tamén tote bags coa portada do libro na que podemos ver a todas as bandas e artistas que se atopan nel.
Unha baralla de cartas con todos os grupos e músicos que aparecen ilustrados no libro, cunha parte traseira na que se enumeran algunhas das mellores cancións e discos da banda ou solista, que pode ter un interese didáctico.
Ademais de packs con ofertas e diversas opcións de ter o libro nas vosas mans, xa sexa envío ou recollida en diversos puntos de Galicia.
Recadación
Todo o diñeiro recadado irá dirixido a amortiguar os gastos asociados á maquetación e á impresión dos exemplares.
Ao ser un libro 100% ilustrado en cor e no cal buscamos calidade nas súas follas e na súa portada de tapa dura, os custos son elevados e aínda que probablemente o aportado polos mecenas non cubrirá o total do diñeiro invertido, si que dará un empurrón a que o proxecto saia adiante cun grao de risco menor ao salto ao baleiro que supón autoeditar.
Calendario
Mentres les estas liñas o libro xa está maquetado, e probablemente entrando a imprenta, polo tanto, en canto acabe a campaña de mecenazgo estará moi preto a data na que os autores teñamos o libro nas nosas mans, e en canto podamos comezaremos os envíos a todas as persoas que decidistedes aportar. Moi probablemente podemos falar de marzo de 2024 como data estimada de entregas.
+ INFO
Segue o proxecto nas redes sociais:
Instagram - Noel Turbulencias
Twitter/X - Noel Turbulencias
11 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Galicia MusiCalidade
Author
PUEDES ENCONTRAR EL LIBRO A LA VENTA TRAS EL CROWDFUNDING EN:
WWW.GALICIAMUSICALIDADE.COM
RLinos
A dedicatoria, moi ben 👌🏼. Pero logo quéroo firmado.... 😘
Tomi Desastre
Aportación desde la República Musical Mardi Gras!! A por el objetivo!
Esther Parra
Hola, ek libro en castellano. Gracias por vuestro trabajo
German Hernandez
Suerte con el proyecto😍
Bertus_
Con gañas de empaparme de coñecementos sobre a cultura musical galega actual
Tomi Desastre
Viva a Música Galega!
AnaPepunto
Marabillosa iniciativa, desexando tela nas mans 💜
chandasbocas
Moito ánimo!
Martitailt
Mucha suerte primo!!!