❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Edicións Malafera

Poesía quimérica para lectores afoutes.

malafera

Un proyecto de

Categoría

Creado en

0
segundos
118
Aportaciones
3.351€
De 2.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

O apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Edicións Malafera

Malafera é una editorial independente e autoxestionada con sede en Vigo. Despois de dous anos editando libros e fanzines, buscamos ampliar o noso catálogo e profesionalizar o noso labor.

  • Especializámonos en poesía, pero sentimos debilidade por calquera obra monstrosa, por hibridacións de xéneros e formatos.

  • Só publicamos obras en galego ou, chegado o caso, edicións bilingües.

  • Somos transfeministas, antirracistas e antifascistas. Non aceptamos baixo ningún concepto manuscritos ou achegas que difundan discursos de odio.

Coleccións de libros

Traballaremos tres liñas editoriais:

  • Malafera. Unha colección que mestura poesía con outros xéneros e formatos.

  • Basilisco. Unha colección de poesía con capas ilustradas polo pintor Ramón Trigo.

  • Hidra. Unha colección policéfala onde terán cabida volumes moi variados: novela gráfica, álbum ilustrado, ensaio...

Artefactos Malafera
Artefactos Malafera

Seguen as novidades que presentamos nesta campaña:

A Trasnoite

Esta obra de Adrián Maceda con ilustracións de Jessica Mariño rende homenaxe á literatura gótica e ao cine teenager estadounidense. O autor tráenos un libro de vampiros coming of age, pero tamén un poemario depurado (que non trasnoitado) que xoga coa lingua ata o delirio.

A Trasnoite, de Adrián Maceda
A Trasnoite, de Adrián Maceda

Apatria

Un poemario de Antón Recamán atravesado pola soidade de pertencer a un fogar perdido.

Apatria, de Antón Recamán.
Apatria, de Antón Recamán.

Eventos e obradoiros

Organizaremos recitais, palestras, obradoiros e outros eventos relacionados coa poesía, comezando polo Club de escrita poética, na Morada Cooperativa.

Fanzines

Seguiremos, coma sempre, coa ZinesFera, o fanzine colaborativo que xunta distintas voces e mans ao redor dunha temática concreta.

Editores de Malafera no FLAZ de Allariz
Editores de Malafera no FLAZ de Allariz

Recompensas

As recompensas consisten en diferentes packs cos nosos libros e fanzines. Haberá ademais algúns produtos creados para esta campaña: postais con ilustracións de Nerea Vázquez, Helena Quintela e Ramón Trigo, e unha camiseta deseñada por Futuro Final!

Presuposto

O noso mínimo son 2500€, que nos servirán para cubrir:

  • A impresión dos próximos libros (A Trasnoite, de Adrián Maceda; e Apatria, de Antón Recamán) e do próximo fanzine colaborativo.

  • Distribución. Un dos principais motivos para este crowdfunding é facilitar que os nosos libros e fanzines cheguen a máis xente. Para isto, destinaremos parte do recadado á creación dunha tenda online, e ao transporte e envío dos exemplares.

O óptimo da campaña son 4000€, para poder destinalos tamén a:

  • A adquisición dalgúns aparellos que levamos tempo precisando: un equipo informático, un micrófono e un altofalante.

Quen somos?

Branca Trigo Cabaleiro
Branca Trigo Cabaleiro

Branca Trigo Cabaleiro é unha escritora viguesa. Codirixe Malafera, onde publicou o seu libro Coñecemento do Medo en 2021 e os fanzines Sagrado corazón de Бáба Ягá (2022) e Ω (2023). O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Participou nas obras colectivas A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023) e Alguén nos lembrará (Xerais, 2023); e gañou certames de poesía coma o do Concello de Ames e o da Universidade de Vigo. Organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de Gaivotas.

Alfredo Vázquez 花火
Alfredo Vázquez 花火

Alfredo Vázquez, ou 花火, nado na Ribeiriña, estudou filoloxía galega na USC e especializouse en edición filolóxica. Actualmente escribe e codirixe Malafera, onde publicou os fanzines Os catro selos (2021) e Gardar como… (2023). Participou en diversas publiacións colectivas e festivais poéticos. Organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de Gaivotas.

Calendario previsto

Todas as recompensas se enviarán durante o mes de outubro.

Máis información

Pódesnos seguir nas redes
Instagram
Twitter

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

11 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Noelia Paz

    Noelia Paz

    8 meses

    Sempre con vós <3

  • malafera

    malafera
    Autor/a

    8 meses

    Moitísimas grazas!!! 🖤

  • Áster

    Áster

    8 meses

    Moitos ânimos!!! 🖤

  • Ánimo e parabéns!! Sempre adiante

  • Galaluss

    Galaluss

    8 meses

    🖤🖤🖤

  • Silvia Villar Rivera

    Silvia Villar Rivera

    8 meses

    Avante Malafera!

  • Adrián

    Adrián

    8 meses

    Xa vai a metade! Apenas mediafera máis... 🖤

  • malafera

    malafera
    Autor/a

    9 meses

    Moitísimas grazas polo apoio! De mitos vai a cousa ✨

  • Eu

    Eu

    9 meses

    Ánimo feras! A por todas! A raíña Boadicea está convosco!

  • malafera

    malafera
    Autor/a

    9 meses

    As autoras de Malafera son mellores todavía 🖤

#03 / Obxectivo acadado!

Pois rematou a campaña! Ao final conseguimos un 134% do mínimo que precisabamos, nada mal! ✨

Facemos esta publicación para dar as grazas a todes es que participastes e compartistes, non seriamos sen vós 🫀

Os próximos días, es mecenas recibiredes no mail un formulario preguntando detalles como a forma de entrega das recompensas e a talla de camiseta, así que estade atentes, e recordade que todo se entregará o mes de outubro 🎃

Unha aperta monstrosa e grazas mil por confiar en nós! 👹🖤

#02 / Desvelamos a camiseta Malafera!

Aquí tedes a marabilla de deseño que Joel González (Futuro Final) creou inspirándose no noso logo. A tipografía con calaveriñas tampouco ten perda!

Pola parte de atrás, coma se fósemos nós un grupo de xira, tedes algúns versos dos poemarios publicados por Edicións Malafera ata o momento, e doutros que están por chegar!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies