❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Axuda á curta Arden as Papoulas saír adiante!

Somos Gloria e Eira, e este é o noso TFG. Temos moitas ganas de levalo a cabo, pero para conseguilo precisamos da vosa axuda. Apóiasnos?

ardenaspapoulas

A project of

Category

0
seconds
82
Pledges
1.575€
From 400€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Ola :) !


A curtametraxe Arden as Papoulas é o noso traballo de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual.

Nela contaremos a historia de Xela e a viaxe que realiza para volver a atoparse a si mesma.

Unha curta escrita, dirixida e producida por mulleres dende unha visión feminista.

A rodaxe será en Ourense, aínda que as localizacións son na súa maioría interiores de casas.

O estilo da curtametraxe será intimista e o xénero o drama. A súa duración estará arredor dos 10 minutos.

As nosas protagonistas son Isolda, estudante de 4º da ESAD e Sira, que a pesar dos seus 8 anos, xa está inmersa no mundo do teatro.

Sobre as recompensas


Estas son as recompensas que ofrecemos pola vosa axuda ao proxecto. Dependendo do rango/flor que escollades levaredes unhas recompensas ou outras.

  • Aparición nos títulos de crédito no apartado de agradecementos ou como produtor asociado (dependendo do tipo de flor co que decidas aportar)

  • Convite á estrea privada da curtametraxe que será en setembro do 2023 en Santiago de Compostela

  • Link de visionado privado da curta en Vimeo

  • Pack de pegatinas con deseño orixinal da curta

  • Tote bag con deseño orixinal da curta

  • Camiseta con deseño orixinal da curta

  • Entrada no sorteo dun abono anual do cinema Numax (Santiago de Compostela)

  • Libro de man da editorial Xerais ou das Libraría Lila de Lilith ou Komik de Santiago de Compostela

  • Debuxo personalizado feito por Eira

Ollo!

Se escolliches Lavanda, Xasmín, Lila ou Orquídea, entra neste formulario para cubrir algúns datos sobre a túa recompensa

Quen está detrás deste proxecto?


Eira Losada: a directora.

O audiovisual lévame gustando dende pequena, sempre me encantou andar cunha cámara. Vexo o mundo a través de imaxes plásticas, así que espero poder plasmar ben a historia que escribimos xuntas.

Gloria T. Cerdeira: a produtora.

Dinme conta ao entrar na carreira que a produción é un mundo no que me gusta traballar, todas estas cousas de organizar e facer o imposible por levar algo adiante. Tamén me gusta moito a música e por iso, xunto con Eira, vou compoñer a banda sonora e pode que algunha canción da que pronto iredes sabendo novas.

Pero non podemos facer todo este traballo nolas dúas soas, así que esta é a nosa equipa:

Sandra, estudante de cine na ECAM, conta co título de técnica superior de fotografía pola Escola de Arte Pablo Picasso, e vai ser a nosa directora de fotografía. Contará coa axuda de Alma e Ximena, estudantes de CAV na USC, que serán as eléctricos na rodaxe.

Arantxa, graduada en CAV, prepárase actualmente como técnica superior en realización de cine e video, e é recoñecida pola dirección da curtametraxe As pétalas murmuran, coa que recibiu diferentes galardóns. Traballará como directora de arte da man de Zaira, estudante de CAV en Santiago, e que terá os roles de axudante de arte e script.

Miguel, graduado de CAV na USC e traballando actualmente como colorista e DIT, é o noso axudante de produción e tamén se encargará da etalonaxe final da curta.

Alberto será o noso técnico de son, estudou son na EAV de Vigo, e actualmente traballa como sonidista de son directo.

Rocío será a encargada da foto fixa e o making off da rodaxe. É fotógrafa de análoxico e dixital e actualmente está estudando realización audiovisual.

Por último, pero non menos importante, Antela será a nosa auxiliar de produción e a encargada dos transportes da equipa pola cidade de Ourense, a cal coñece como a palma da súa man.

A que destinaremos as vosas achegas

Aínda que sexa un traballo académico, precisamos das vosa colaboración para poder cubrir os gastos do aluguer do equipo técnico, os desprazamentos e dietas da equipa e outros posibles gastos derivados da rodaxe.

Calendario previsto

A rodaxe será os días 22 e 23 de abril do 2023. A posprodución realizarémola no mes de maio, xa que ao ser un TFG temos que presentalo en xuño.

A distribución farémola a partir do mes de xullo.

Polo tanto as recompensas chegaranvos a partir de xullo do 2023 (agás o convite a estrea, que seguramente será en setembro 2023)

+ Queres manternos a pista?

Estas son as nosas redes sociais:

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

8 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Julioferva

    Julioferva

    5 months

    Suerte con el corto

  • Rula Gz

    Rula Gz

    5 months

    Moita sorte no proxecto de parte de Mari e Tere, Mari e Paloma de Vilagarcía de Arousa.

  • MarcosVelazquez

    MarcosVelazquez

    5 months

    Muchísima suerte con todo y espero verlo que tiene muy muy buena pinta!🧡

  • Sani

    Sani

    5 months

    Moita sorte

  • Dolo

    Dolo

    5 months

    Moita sorte!

  • Dolo

    Dolo

    5 months

    Moito ánimo (Javi)

  • Jorganes

    Jorganes

    5 months

    Case o tedes! 💪🏽

  • AndreaEstevez24

    AndreaEstevez24

    5 months

    Ánimo, rapazas!

#01 / NOVO OBXECTIVO EN 800€!!

Estamos agradecidísimas da acollida que lle estades dando á campaña, por este motivo decidimos aumentar o noso obxectivo a 800€. Se chegamos melloraremos as recompensas, engadindo, por exemplo, o acceso ao making off para TODOS os mecenas.

Moitísimas grazas

Eira e Gloria

We use our own cookies to provide website functionality and third party cookies to analyze traffic and serve targeted advertisements based on your surfing habits. You can accept all cookies by clicking “Accept” or obtain more information and set your preferences here.